30 June 2006

Xa estou aquí.
(E nunca pensei que unha despedida fose tan difícil...)

29 June 2006

E vai sendo hora de ir para casa...


Si. Por fin rematei. Despois de un mes, xa están feitos tódolos exames. Non o creo. E aínda creo menos que non sacaran ningunha nota. Pero que vagos son nesta facultade!!
E chega a hora de marchar para ir para casa. E xa o sabado, a traballar outra vez (e a celebrar as 21 primaveras...)

P.D.: E xa teño piso en Compostela para o próximo curso. E mola un cacho!

25 June 2006

A muller pola que me faría lesbiana...

18 June 2006

Primeiro aniversario

Xa chegou este día tan especial. decatroacatro cumpre hoxe un ano. quen mo ía dicir a min, 365 atrás, con aquel primeiro post.
Dende entón, pasoume de todo. Fun de falsa madriña o día que votei para botar a Fraga, cumprín 20 anos e comecei a miña andaina laboral, luxaron o nome do "muso" deste blog diante das miñas narices, coñecín á miña musa, marchei, mentín e regresei. Volvín sentir a maxia da radio, sentínme máis republicana que nunca, volvín disfrutar del, enfadeime co meu heroe, entrevistei a un dos meu bloggeiros favoritos, collín o tren, recordei para ela a miña experiencia veraniega, coñecino e cambioume a vida. Viaxei ata Roma con oko, caufield e madeleine para visitala, fixen unha das entrevistas máis interesantes da miña vida, vin o filme da miña vida, operaron ao xefe, volvino ver, recibín unha chamada e tiven o meu primeiro trol. Incluso volvín recibir a visita do trol. Que podo dicir? Que moitas grazas a todos, e espero celebrar o segundo aniversario con todos vós!!

05 June 2006

"Mítica -3"

Si, rematamos o documental, o de especializado, as críticas de cine... e xa fixen o primeiro exame. pero aínda quedan 23 días aquí metida... despois desos 23 días espero que decatrocatro recupere o seu ritmo habitual (volverei alí e dedicarei un ratiño das mañás a isto...)