29 March 2007

aaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaah!

(nada, só iso, que me apetecía gritar, e como estou mal da gorxa e non podo...)

14 March 2007

I love cuore

Si, reconézoo! Gústame ler a cuore! Porque me mola ver "as peor vestidas da semana" e porque me encanta ver a cal das dúas famosas que levan o mesmo modeliño lles queda mellor e sobre todo polos "arrghs!", onde podes ver a axila arrugada de Beyoncé, a Eva Longoria desmaquillada e con grans ou a Paris Hilton facendo das súas.
E gustame a cuore porque a min tamén me parece que Pe é moi elegante, e porque me encanta 'rajar' das irmáns Olsen ou de Britney, admirar os modeliños da Beckham ou ver os vestidos das famosas nas festas!
Si, gustame cuore. Cantos hai que non se atreven a recoñecelo...

12 March 2007

Hai casi un ano, naquela reunión do Enblogs, lembro que María Yañez contará como realmente non podes escribir no teu blog o que che dea a gana, porque non o vas facer sabendo que te len os teus amigos, a familia, o mozo, os compañeiros...
Pois si, agora que incluso eles saben quen son (ou iso creo), ademais do mozo, amigos e bla, bla, bla, que máis da? ale, momento egocéntrico!

09 March 2007

Homenaxe a Carlos Casares

O MAGO Á MARXE por CARLOS CASARES
La Voz de Galicia, venres, 24 de xuño de 1983

"Teño un amigo mago, que anda polas festas divertindo á xente coa arte endemoniada das súas mans prodixiosas. E o primeiro que coñezo personalmente e co que teño falado das cousas que fai e das que ainda quere facer no futuro. No fondo é un poeta. E como tódolos poetas ten a dobre condición do soñador e do finxidor. Soña que mete un dólar polo bico pequeno dunha botella, que lle dá de beber a máis de trescentas persoas co contido dunha xarra, que salva a cabeza dun home despois de lla pasar por baixo da coitela terrible dunha guillotina... Pero sabe moi ben que todo é finxido. Como a door do poeta. Supoño que lle quedará o consolo de saber tamén que esa é a condición de toda arte, e que el é artista.O meu amigo mago fai verdadeiras maravillas: pesa á xenta cunha báscula debuxada, fai parir coelliños a unha coella pintada nunha carta, cámbialle a coor ás cachas das navallas, ordena o famoso cubo máxico somentes con tiralo ao aire, fai aparecer e desaparecer o zucre do café que está tomando a xente, acerta a orde sucesiva das cartas nunha baraxa precintada, dá para sí tólolos triunfos nunha partida de tute, mete cen coitelas de afeitar dentro da boca e sácaas despois todas enfiadas... E según me dixo un día. si tivese cartos dabondo sería capaz de facer desaparecer un avión diante dos narices de máis de mil persoas.¿Cómo verá a vida o meu amigo mago? Porque el anda todo o día maquinando na cabeza novos prodixios: cómo voar sin alas, cómo se meter no río dentro dunha caixa de madeira, coas mans e as pernas ben atadas; cómo facer fotografías cunha cámara dibuxada nun papel, cómo convertir a auga en viño, cómo facer dun home feo unha muller guapa... Ao mellor, pois resulta que a ve ao revés, reducida co de dentro para fóra. ¿E cómo será a vida vista por ese lado? ¿Poderase chegar a unha vida máis alegre, máis fermosa e máis verdadeira a través do finmento? Os poetas pensan que sí e o meu amigo, como dixen, no fondo é un poeta. Prometinme a min mesmo non lle preguntar nunca pola alquimia con que nos engaña a todos. Teño certa debilidade polos tramposos que se encargan de nos volver a todos á infancia".

04 March 2007

Levo semanas pensando que escribiría hoxe aquí, no decatroacatro, nesta data. E semanas despois siguo sen atopar as palabras. E levo un bo rato diante da pantalla e sigo igual. Ho, xa o sabes todo, xa cho dixen milleiros de veces, non? Prefiro falar in person...

(e que me da moita vergoña dicir aquí que te quero e que este ano foi marabilloso... a ver si con esta letra tan peqeniña non se decata o resto da xente)

Labels:

03 March 2007

Si, si, 'don't feed the troll', pero...


Xa sei que as normas básicas disto din que non se debe alimentar ao troll, pero explotaría se non o digo:

NEMIGO CÁEME MAL E NON O ATURO!

NEMIGO FÓRA DE CHUZA! XA!

Labels: