26 January 2007

A Tulla

Por un día, isto convértese nun blog culinario. E é que vos quero falar dun restaurante que se podería dicir que xa se convertiu nun dos meus favoritos. Trátase de A Tulla, situado na zona vella de Compostela.
Sen dúbida, o mellor que teñen son as setas, tanto rebozadas como cunha salsiña e arroz. Ademais, fan un magnífico puding de verduras, empanada de zamburiñas, mexilóns empanados, chourizos ao viño e moitas cousas máis, como un surtido de postres do mellor.
É que o bo deste restaurante é que só abren os días que hai mercado, polo que tódolos días van colle ors produtos fresquiños! E, por riba, os tíos son do máis encantadores! E por iso, e porque hoxe nos invitaron aos cafés, adícolles este post.

22 January 2007

Tes un blog?

"Non o teño porque non me da a gana. Cando é un espello narcisista non me interesa. A xente fai blogs pola necesidade de comunicarse, e hai tamén un efecto en cadea. É paradoxal, substitúese o contacto real por outro tipo de relación. Non sei se é mellor ou peor".

Entrevista con Daniel Salgado na contra de Galicia Hoxe, por Lupe Gómez

21 January 2007

"Promoción del 2007"

O outro día, lembreime da visita a "La Voz de Galicia", cando aínda eramos uns ananos de primeiro de Xornalismo. E recordo que nunha pantalla inmensa nos puxeran "Bienvenidos, promoción del 2007!". E todos dixemos, "Buff", "o que queda!", "aínda falta" e frases similares... Cousas como esas ou non saber que foto escoller para a orla fanme sentir vella... Canta razón ten encompostela!

(E sigo a descubrir a existencia de máis bloggeiros por aquí, incluso fotografos aficcionados...)

(E estoume a plantexar seriamente isto de poñerme un flequillo...)

(E non sei porque, pero estes días veñenme á mente esas cancións da preadolescencia...)

13 January 2007

I was made for lovin' you, baby, you were made for lovin' me

Por que? Por xusto a canción menos indicada estase a meter na miña cabeza sen querer saír?

Outra vez na -3

E volvemos unha vez máis á mítica -3, por agora bastante valeira, pero para a semana xa empeza o horario intensivo e cada vez máis xente comezará o ciclo de pasar aquí as horas. E só teño ganas de acabar cos traballos e os exames, cando aínda non empecei! O bo da semana foi que unha tropa de futuros xornalistas e comunicadoras audiovisuais fomos patinar sobre xeo a Salgueiriños o pasado xoves e que este domingo volvemos! Por que non probaría estas cousas antes!
E a cea de antiguos alumnos do Xunqueira II parece ir ben: Adriana, Roberto, Guille e uns cantos máis xa dixeron que si, que lles parecía unha moi boa idea e que estaban moi ilusionados. Agora falta concretar a data, aínda que Semana Santa perfílase como o máis probable. A ver que pasa... e espero que non quede todo nun proxecto. Ao igual que a miña idea para unha nova reportaxe, que ten pinta de que vai ser moi interesante...
E esta semana tamén descubrin a existencia de bloggeiros na redacción, ademáis de usuarios de Chuza!. Saberán da existencia deste blog?

05 January 2007

Estou contenta...


...porque teño móbil novo e polas miñas uñas pintadas de vermello (non tan esaxeradas como as da foto, claro), tras máis dun mes sen mordelas (lembras, caufield?). E, ademais, onte viume a regla e estou a mar de ben, sen dores, mareos... Pero pensar que quedan 24 días para o primeiro exame agóbiame! O mellor é que cando todo iso remate, ireime a London con elas! (por fin, Londres...)

04 January 2007

MMM

E hoxe volvín comer con M., M. e M., un reencontro esperado tras a última cea do verán, aquela vez tamén en "Il Piccolo". E con dous deles, Mario e Marta, decidín concretar esa idea de reunir a eses trinta tolos cos que fixemos dende 1º de E.X.G. ata 2º da E.S.O. Como non, á hora de facer a lista, os primeiros en vir á mente de Marta foron Zalo e Toño, os guapos da clase. E Guille, Andrea, Adriana, Marcos, Roberto, Lorena e Miriam (eran irmáns), Carlos, os tres Iváns... (Que hostias será de Iván González???). Ah! E entereime de que o fillo de Iván García xa naceu. Uff, que alguén da miña clase do cole teña descendencia impresiona, aínda que agora que o lembro, unha do instituto xa ten unha nena duns tres ou catro anos...
Pero bueno, menos mal que que Mario conserva esa axenda de Bart Simpson do ano da pera cos teléfonos (de casa) de todos eles. Dios, non me imaxino que pensará toda esta xentiña cando empezemos a chamalos! E a gran pregunta que nos fixemos Marta, Mario e máis eu: que será de José Manuel, o rapaz que dicía que a súa nai era virxe?