31 October 2005

IIIª Republica Xa!!!

Esta noite naceu a "tan esperada herdeira". ¡Ha sido niña! (música celestial) Paridas!!!!!!!! O que hai que facer e instaurar dunha puta vez a IIIª República, que sexa federal e que se recoñeza a Galiza como nación. Creo que estou soñando moito... Pero soñar é gratis e os meus soños non mos quita ninguén.
Aínda que, ás veces, eu tamén creo que soñar tanto non é bo. Logo pásame, como ás princesas de León de Aranoa, que teño nostalxia do futuro. Porque soño con que acontezan certas cousas que logo nunca pasan pero son tan reais na miña mente que logo teño nostalxia delas. E saber que son simplemente soños aínda o fai máis triste...
Por certo, hoxe preguntaronme por certa persoa, se sabía algo del, se mantiña o contacto con el. Volvinme raiar. Que raro en min! A persoa que me preguntou daba por feito que falaba con el asiduamente e non é así. Se todo vai ben, este venres haberá novas....

29 October 2005

quien es ese hombre...?

acabo de ver unha das miñas primeiras entradas, unha referencia ao mellor técnico de radio e de tv do mundo: manolo, alias "o técnico" (a verdade, poucos máis coñezo). pois ben, iso fíxome recordar como o outro día nos dixo que non había problema para grabar os cortes o xoves pola mañá (mentras ledes esto, imaxinade na vosa cabeza música romantica e flores polo aire....). ai, que encanto de home! é o mito erótico da facultade! aínda mellor que castelló! e que martiño! con eses andares coa cazadora sobre o hombro, estilo charlie...

ai, que días!!!!!!!!!!

recordo que hai uns días dixen aquí que ía desterrar un tema da miña cabeza. non puiden. que ía tratar de olvidar, de pasar páxina. e non fun capaz. sei que vos prometín certas cousas a moitos de vós e non puiden. e iso que o tentei. ai, miñas raparigas, quérovos prometer que o vou facer pero non podo!! son un desastre! e síntome mal porque vos quedades todas "chof" cando vos falo do tema e non sabedes que dicirme. jodeeeer, por que ten que ser todo tan difícil? por que me pasan a min estas cousas? por unha vez na miña vida, non se me podía presentar a situación máis doada? son unha gafe!!!! a ver se coa miña visita ao "pueblo encantador" do Morrazo onde "son flores sus mujeres" me despexo un pouco. Por fin vou coñecer a Carri!!!

25 October 2005

esta tecnoloxía...

non entendo estos ordenadores. levo dous días tendo problemas para escribir aquí e hoxe que fago esta super-mensaxe de proba, sae publicada ao instante e, por riba, aparecen publicadas as últimas dúas, que no seu moemento non daban cargado e ordenata dicía que había problemas. como diría a miña amiga correspondente en Praga, "ai, dior mío!!!!!".
polo demáis nada novo. eu sigo aquí, torturándome mentalmente, cos meus trastornos do sono e cunha tele que só colle Tele5, Antena 3 e TVE, pero que se ven como se estivese a nevar. A ver que pasa cando saia Cuatro, que como non poda ver ao meu reporteiro favorito...

mensaxe de proba

se isto sae publicado é que a puta paxiniña xa non da problemas. me cago en el melendi y la canción de Fernando Alonso...

24 October 2005

bufff!!!!!

Os meus trastornos do soño van indo a peor. Xa me vexo dentro de pouco comprando pola teletenda ás catro da mañá. O meu delirio mental é tal que teño á miña Oko trastornada co pelmaza que son. Nin escribir nesta bitácora me libra das miñas idas de olla total. Dentro de pouco vou ter que ligarme a un psicoanalista arxentino, para que me saian de balde as consultas...

23 October 2005

ai, ai, que chego tarde á miña cita con Xela!!!

escribo un pouquiño e a todo correr porque alguén me botou a bronca porque levo varios dias sen escribir. e fagoo rapidiño porque estanme a esperar, ainda que creo que esa é unha auto-escusa porque non quero poñerme a "falar" aquí, porque se non sería un "no parar" de ida de olla. ai, hoxe escribinlle unha longa carta á miña gaivotiña romana... vai flipar cando vexa todos eses folios. ai, como boto de menos aos meus erasmusiños!!!!!

21 October 2005

a "maxia" da radio

isto de levar tres días durmindo mal vai acabar afectandome á mente. as cousas que soñei estos días xa son un claro indicio do meu camiño cara a tolemia...
hoxo volvín locutar despois do parón veraniego!! como me gusta iso de sentar nesas maravillosas cadeiras, poñer os cascos e que xurda a "maxia da radio" (oh! que bonito! que bonito!). dame igual que sexa unha parida de boletín e que eu locute como o cú. a min gústame.
a ver que pasa este finde, que quedamos aquí en Compostela...

19 October 2005

mala da barriguiña

acabo de ler isto último que puxen sobre a miña proposta de desterrar certo tema da miña mente. non está sendo moi doado, pero vaise levando.
bueno, hoxe é un día non moi alá. está noite espertei no medio da noite mala da barriguiña o logo case durmo na clase do galocha (bueno, o de case sobra, porque houbo un momento no que estiven a piques e creo que o director dese "gran xornal" se coscou). pois iso, agora vou ir para casa, poñer o pixama e descansar. aaaaiii!

16 October 2005

definitivo

como é habitual en min, levo días e días a raiarme cun tema que me amarga a existencia. onte decidín que ía pór fin a esa tortura desterrando o tema da miña cabeza. sei que non é facil e que non o vou lograr, pero teño claro que é definitivo. que non vou estar toda a vida "que si, que non" ante algo así... o que teña que pasar, pasará. pero eu non vou facer nada porque pase. se ha de pasar, pasará. hai veces nas que creo que existe iso do destino, así que se está escrito no meu sino que vai suceder, pois non me queda máis que esperar. tamén hai quen din que non te poder sentar e esperar a que che sucedan as cousas. pero, machiño, eu non podo máis, vou tolear.

15 October 2005

desta vai 2!!!!!!!!

Mírame, yo soy la otra
la que tiene fuego
la que sabe bien que hacer.
Tu sonrisa es la caricia
que me mueve,
que me hace enloquecer.
Y por eso yo pregunto:
¿Quien es ese hombre,
que me mira y me desnuda?
Una fiera inquieta,
que me da mil vueltas
y me hace temblar
!pero me hace sentir mujer!
Nadie me lo quita.
Siempre seré yo su dueña,
por la que no duerme
por la que se mueve,
por la que respira...
!Yo soy su mujer!

14 October 2005

desta vai!!!!!!!!

Tengo una mala noticia
no fue de casualidad
yo quería que nos pasara... y tu, y tu
lo dejaste pasar
No quiero que me perdones
y no me pidas perdón
no me niegues que me buscaste
nada nada de esto
nada de esto fue un error
nada fue un error
nada de esto fue un error
Los errores no se eligen
para bien o para mal
no fallé cuando viniste... y tu, y tu
no quisiste fallar
Aprendí la diferencia
entre el juego y el azar
quien te mira y quien se entrega
nada nada de esto
nada de esto fue un error
nada fue un error
nada de esto fue un error

ida de olla!!

O ver a un dos ídolos da miña vida na tele deixoume tan trastornada que non sei se poderei durmir esta noite... pedazo presidente!!!!!! ai, como boto de menos esas chamadas telefónicas (jejeje).
levo varias semanas cun libro pegado a este ordenador que me esta trastornando. vouno ter que esconder na estantería... por certo, que certa persoa se atopou co autor por Roma, como quien no quiere la cosa!!!! estou moi celosa e sei doutra que tamén!! GUAPO! El acabose!!!!
outra cousiña: aínda que o rapaz non o fai mal e me gusta, pido xustiza!!!!!!
a verdade, creo que esta é unha das entradas máis surrealistas que tivo este blog!!!!!!!!!
que cousa máis bonitiña me acabo de atopar na rede mentras tentaba facer un link cun dos meus ídolos!! aínda que hai outro que me gusta máis!!
surrealismo puro!!!!!!
p.d.: sorte, miña meniña, na túa aventura, aínda que non vaia o comandante!

aborrecida

Sempre que collo o tren para volver, fagoo con ilusión. Penso que volvo a casa tras unha semaniña fóra. Pero sempre me pasa o mesmo. Ás dúas horas xa quero que sexa domingo para regresar á mellor cidade do mundo. Isto de ter que aturar ós teus pais, dar explicacións de onde vas, con quen quedaches, etc., non está feito para min. E creo que para ninguén. Aquí non podo decidir a última hora que vou cear cuns amigos e pirar pola porta para fóra, así, de súpeto. Debería existir unha lei que aos 18 anos obligase aos pais a deixar aos fillos en paz e que non lles puidesen dar a vara con iso de con quen quedaches, que ides facer, que comiches, que ceaches, que tal as clases e bla, bla,bla.

13 October 2005

Menudo pastel!!!!!!!!!

Facía tempo que non desenrolaba as miñas artes no mundo culinario, pero coa axuda dunha amiga fixemos un pastel que vai marcar historia. A ver que pasa neste botellón-magosto programado para hoxe... que se vai mesturar coa final dese programa do que non me avergonzo como espectadora.
Seguindo con esta vea televisiva, onte volvín ver a ese gran ídolo, a ese que seguía polos zappings cando aínda non dera o salto. Que grande!!!!!!! Que xenio!!!!!!!! Tiñan que votar o seu programa continuadamente, non como outras cousas... "Quien es ese hombreeee, que me mira y me desnuda, una fiera inquieta..." (adicado a Xelaaaaaaaaaa!!!!!)

12 October 2005

dia de non facer nada

que grande isto de ter festivos asi, no medio da semana. outra historia é o que se celebra neles... menos mal que cando me levantei pola mañá e encendín a tele, xa terminara o desfile. e menos mal que non vivo na República Independente de Paco Vázquez, xa que ver tal bandeira en persoa poderíame matar do susto... Bueno, o malo destes días e que te levantas supertarde, comes e xa non fas nada en todo o dia. Se non fose porque hoxe me tocaba limpiar a cociña...
A noite de onte, a verdade, non foi gran cousa. E certo que este é o mellor lugar para saír, pero hai cousas inevitables que fan que unha noite se estropee. pero bueno, tamén houbo momentos bos...
ai, que maravilla estar en santiago e retomar bos costumes... Como botaba isto de menos!!!!

11 October 2005

ausencia mental

a miña experiencia glamorgana rematou antes do que eu pensaba. moitos pensaran que me precipitei, que fun unha parva por non quedarme. pero eu sigo pensando que fixen o correcto. e non foi por morriña ou por saudade de certas persoas... foi unha cuestión de saúde mental.
agora que estou aqui, alegrome moito da miña decisión. só por un baile con certa persoa as seis da mañá xa cundiu. e moito. e por ver á miña xentiña toda... que ata que non te vas, non te decatas do que os vas botar de menos...
bueno, seguirei aqui, a raiarme co tema que ultimamente ronda a miña cabeza e que fai que en ocasions me abstraia e non me cosque do que me din... pero e que é o que ten. ai, rapaces!!!!!