23 September 2007

Avoa republicana

Hoxe ó mediodía, cando rematabamos de comer, estaban a botar en Antena 3 unha nova sobre os rapaces que queimaron unhas fotos do rei en Girona. Entón, a miña avoa comezou a botar este discurso: "Debían quemar as fotos e tamén ó rei, que son uns papadores! Nós a mantelos! Nós a traballar como escravos e eles de paseo! Si que había que queimalos a todos!"

Tanto a miña irmá coma min quedamos apampadas... Xamais pensei escoitar iso da miña avoa, a típica señora que vai todos os domingos a misa e que cando ve a Felipe González na tele comeza a berrar "Felipe, ladrón!".

Sorpresas te de la vida...

21 September 2007

Dende hoxe, xa non son xornalistinha, agora son xornalista!
Xa son licenciada!

19 September 2007

Punto de cruz

Por petición de Ghanito, aquí vai o post pra explicar a historia do punto de cruz.

Resulta que fun coller un café destes chungos na máquina do arradio e dous de aquí comezáronme a falar de que ás veces en momentos en que non hai choio dache pra ler un libro, rañar a barriga.. ou facer punto de cruz.

E minutos despois, o señor coñecido como señor rancio ( o nome púxollo frioleiro) viu coller un café e díxome que o mellor era empezar polos babeiros que é o máis sinxelo.

E esa é a historia do punto de cruz. O que pasa que ao non dicir quen é o señor rancio non ten gracia, pero non quero dicir quen é porque basta que o diga para que acabe lendo isto alguén que non debería...

17 September 2007

Hai máis de dous meses que non actualizaba e dáseme por aí xusto un día no que estou cansa e tirada no sofá. Cansa pero ilusionada porque nos meus últimos 40 días (quero unha prórroga!) na arradio volvo á turno de mañá, que me gusta moito máis. (A partir do luns..)
E aínda que poida parecer moi chungo e que hai un ano non pensaba isto nin de coña, síntome moi relaxada cando penso en que dentro de mes e medio me atopo coa incertidumbre do futuro. Incluso me fai gracia ter que ir a apuntarme... Non sei se pensarei o mesmo dentro duns meses se alí sigo á espera...

P.D.: Díxome unha espía que teño un lector poeta... Nunca se sabe quen pode ler o teu blog...