26 September 2005

estes britanicos...

os "locals" son a xente mais rara do mundo. cando se presentan danche a man e se lle tentas dar dous bicos asustanse, pero logo nas discos entranlle a saco as tias e elas deixanse. non me estrana que non cordinen ben, se se alimentan de sandwichs de patatas fritas e de augas de sabores raros. e por riba, co frio que fai, van con chanclas e tirantes!! como diria o meu querido obelix, "estas locos estos britanicos"

21 September 2005

aventuras glamorganas

ai, a minha ocupada vida intercultural non me impide vir todolos dias un ratinho a esta maravillosa aula de informatica para contarvos as minhas andanzas (saiume unha frase moi ao estilo cachi!!!!) ben, pois hoxe estivemos nunhas minas que se chaman big pit. puxemos un casco con linterna e todo e un cinturon que traia un aparello raro para casos de emerxencias. e enton, baixamos un monton de metros en ascensor. e pasamos por uns pasillos moi resbaladizos nos q pegabamos co casco na cabeza. e o noso guia era un vello mineiro igualinho a bilbo bolson!!!!!
a nosa segunda aventura do dia foi a comida: noodles and vegetables ( e dicir, como os fideos chicos de toda a vida, pero con pementos vermellos e amarelos mais maiz e champinhons) e iso acompanhado dunhas patatas fritas gordas e sen sal. e todo isto regado coa maravillosa auga Green Valley (vamos, o que aqui seria Mondariz ou Cabreiroa). a ver se ao sair de aqui pillamos un cafe, senon vou caer co sono. isto de quedar de palique ata as tantas na common room esta ben pero cansa moito. esta noite temos unha festa galesa na students' union. xa contarei...

20 September 2005

chegada a gales

esta e a minha primeira entrada no blog dende que estou en gales... onte estaba tan emocionada cos correos que olvidei a existencia desta maravillosa bitacora... ai!! a comida aqui e malisima e o cafe vomitivo, pero estouno a pasar tan ben... non tenho unha camara de fotos coma a dos taiwaneses, que parecen tarxetas de credito do pequenas e finas que son, pero pasoo mellor. a ver se podo informarvos diariamente do que pasa aqui... se atopo o adaptador para o enchufe poderei ter o ordenata na habitacion e a partires do 3 de outubro terei wifi na residencia.

16 September 2005

recalada na singradura

hoxe é o meu último día aquí. quédanma poucas horas para coller o avión. despedirme de certas persoas fíxoseme moi duro. houbo abrazos que desexaría que non rematasen nunca... pero en tres meses estarei de volta para daros a lata... bikos, meus amores! o barco desta singradura vira dirección gales!!!

14 September 2005

que peniña!

sigo no xornal (polo menos saín de aquí para ir comer. hoxe imos facer cea de despedida. mola pero é triste. significa que marcho. quédanme menos de tres días en terras galegas. neste momento estou positiva. penso na ilusión que me fai ir todos xuntos no avión, chegar a Londres, ir a Cardiff... Ademáis, teño unha webcam! E ten micro e vou poder falar gratis!! Mola!

que fillo de puta!

nestes intres teño ganas de esmagarlle a cabeza a ese fillo de puta que temos por xefe. nin nos últi mos días me vai deixar descansar. como o poden aturar na súa casa?

12 September 2005

bágoas e máis bágoas

hoxe, de súpeto, visualiceime a min mesma despedíndome de certas persoas. non me quero despedir. estos días son horrrorosos. e por riba estou eu soíña no xornal escribindo sobre algo do que non hai nada que contar. non me quero ir. non me quero perder o que pase aquí. isto é horrible. non sei explicalo con palabras.caénme as bágoas e vexo que é algo que non ten solución. non quero pasar tres meses sen ver a certas persoas. váiseme facer moi duro estar lonxe de todos vos

11 September 2005

non quero que chegue o venres

son unha pesada. ultimamente só escribo sobre o mesmo pero é certo. non me quero ir. mellor dito, non me quero despedir da xente. hoxe fun ata a cidade de pedra para despedirme das miñas neniñas. ai, como vos vou botar de menos!!!!!!

09 September 2005

sniff, sniff

son as dez e media da noite e estou no xornal esperando a que remate o partido. isto é unha merda. eu soa aquí co ogro no seu despacho. mañá non me manda facer 5 páxinas porque non se pode. e non teño diante ao home máis guapo do mundo segundo a muller do pelo de henna (si, eu tamén o penso. RECOÑEZO QUE ESTA BOÍSIMO!!) para poder contarlle a miñas penas. como o vou botar de menos en glamorgan... el convertiuse nunha persoa moi importante na miña vida(estou falando só profesionalmente, malpensados!!). estame dando vergoña escribir isto pero é certo. Hoxe falei con Flowers. Mañá parte cara terras galas. Isto é moi triste. NON ME QUERO DESPEDIR DA XENTE!!!!

07 September 2005

que asco

isto é unha puta merda, non me quero ir de erasmus, pero por outro lado morro de ganas por coller o avión, pero non me quero despedir da xente. onte comencei a pensar niso e botei a chorar. non me quero despedir de certas persoas. négome. non quero estar tres meses sen vera esa xente.

05 September 2005

cansina

hoxe vin a un dos tipos máis repugnantes da miña vida, aquí tiña que traballar... aparte diso, xa sei que son un pouco cansina e reiterativa, pero e que dame moita pena marcharme, aínda que por outro lado teño unhas ganas tolas de desembarcar en heathrow(escríbese así?). non sei, vou botar de menos pasar as tardes sentada diante do home máis guapo do mundo, vou botar de menos os botellóns en platerías, vou botar de menos ir comer con marta, mario e mar, vou botar de menos as noites nas que irremediablemente vamos ao avante e rematamos indo a apolo, vou botar de menos os culebróns-fichaxes de esperón, vou botar de menos ir ao remate dos adestramentos (ejem, rapazas, adicádevos ao xornalismo deportivo, isto é unha marabilla!) vou botar de menos os cafés de suso... hai tantas cousas que vou votar de menos... estoume volvendo como suárez canal, unha cansina!