23 February 2007

Gafe ou mal de ollo?

Porque non é normal que nunha semana perda un avión, que me rouben o chaquetón, que se me borren as noticias xusto despois de rematalas e antes de subilas, que me doa o pé dende hai días, que suspenda unha puta merda de asignatura, que me collan os taxis que pedín por teléfono... e que por riba non me poida consolar cun bolso tipo carteira, porque os únicos que me gustan costan 59 e 223 euros.

19 February 2007

E esta noite...


...transformareime nunha pirata!!!!!!

06 February 2007

Só quería dicirche...

Proliferación de blogueiros "agaeneiros"

Decátome de que ultimamente actualizo moi pouco porque uns poucos posts atrás aínda estábamos nas vacacións de Nadal. Pero a verdade, o meu encerro na -3 dos últimos días case non me deixa tempo para fedellar por "interné" (como diría o gran Celeiro).
Pero hoxe decidín botar a tarde sen facer nada, descansando do exame basado nun libro de 200 páxinas pero para a que con 20 sobraría para desbardallar sobre as rutinas das rutinas (hai que ter collóns...). E mentras 'investiguei' por 'bloespó' (como diría Celeiro...) e demáis blogomillo para averiguar a identidade do novo blogeiro que descubrín en 'agaene'... Só sei que é amigo de zerovacas, será el?

E estou moi contenta pola miña primeira nota como medio-estudante de políticas... espero que as seguintes sexan todas así!