26 July 2005

festigal

acabo de ler o que puxen o último día e, efectivamente, non se publicou a reportaxe de celso míguez. pero bueno, o importante foi ese finde guay en santiago. valoración do finde: foi un finde agridulce. o "dulce" xa vos podedes imaxinar e non digo máis porque aquí as noticias voan. e o "agri", foi que estivemos dispersos todos estos días e non mola. sei que eu non colaborei moito a iso de estar todos xuntos pero... bueno, a parte diso moito cansancio, quemada polo sol, agujetas nas pernas, perdín un pendente, mollei os pes e rompín os calcetíns... unha "cosa loca", vamos.

23 July 2005

descansooooo!!!

comezan as miñas minivacacións de tres días!!!! a arrasar en santiago!!! teño que recuperar forzas desta semana chunga, que polo menos rematou ben (como mañá lea o diario e la voz e vexa algo... pero non pode ser coño, que hoxe chamei ata á avoa do adestrador do celso míguez!!!). ai! teño ganas de ir a santiago e ver a todo o mundo... seguramente sexa a última vez que esteamos todos (ou casi todos) xuntos antes de marcharnos de erasmus. non o quero pensar que me poño triste. bueno, vou durmir que estou moi cansada. hoxe saín ás once por culpa da reportaxe de celso míguez. como non ma publiquen o domingo...

22 July 2005

record

batín o meu propio record. hoxe saín da redacción ás 23:15 horas. espero que non se repita con moita frecuencia. e todo por culpa dese ciclista que gañou a etapa do tour. non me acordo como se chama. pero por culpa del, reordenáronse tódalas páxinas de deportes e eran as seis da tarde e non tiña páxina, maqueta nin hostias. e mentras dediqueime a facer unha reportaxe que resulta que hoxe non vai. merda!!! e logo vai o outro e bota sobre min tódalas culpas do do leis e do celso míguez. tócate los huevos. que reparto equitativo. el fai a páxina do pontevedra. e eu: teucro, leis, arxil, celso miguez, natación, atletismo, roldas de prensa chungas no concello, na deputación e onde toque... e por riba teño que pagar eu o seu enfado... bueno, deixo o tema. vou ver ot un rato para olvidar...

21 July 2005

london

estou flipando co que acabo de ver na tv. eu que para o ano quería estar por aí todo o santo día, xa me dá un pouco de medo... eu quero ir a king's cross e visitar o mitiquísimo andén 9 3/4. unha foto para enmarcar!
pero bueno, imos a cousas mellores. o día de onte non estivo mal. empezou coa entrevista celso míguez. ben excepto por ese gran defecto que ten o rapaz. e non vou dicir cal porque a xente pensa que é unha gilipollez pero a min dame moito noxo. sería unha cousa que non soporto nun tío. pero non o conto porque ós que llo dixen escacharon coa risa (véase. marta, mario...) por certo que onte fun comer con eles e aquela pizza case me mata. estaba rica pero era inmensa. e logo ver ó gominas xa me revolveu o estómago... e con aquel polo lacoste lila... e por certo, mañá terei que volver velo... uff!
e cambiando de tema: xa sei todos os líos amoros do novo libro de harry potter!!!! queeeee fueeeerrrrrttttttteeeeee!!!!!! non digo nada, porque o de harry é moi forte. bueno, déixovos porque teño que buscar por casa un saco de dormir ao que lle perdín a pista en xullo de 2004. a ver se hai sorte...

19 July 2005

día horribilis

días como os de hoxe era mellor que non existiran nunca. é desos días nos que pensas "quero irme para cama e que pase xa todo". espertar e dicir "todo foi un soño". pero non é así. jooooder, maldita a hora na que dixen que eu ía para deportes!! pero por outro lado penso todo o contrario. eu non sei se crer niso de que o destino está escrito, pero creo que está pedra no camiño é por algo. joder, estou desbardallando e non sei se o pillades... pero supoño que o imaxinades. aínda que só o poidamos entender eu máis "dale una vuelta" (aínda que el só o entenda a un 20%).
joder, é que preferiría ter por "xefe" a un ogro vello que me caese mal. pero se te bota a "bronca" un tío da túa idade, xondo e que te cae xenial, é peor. a min séntame fatal. e por riba é que non me bota unha bronca, senón que di as cousas máis calmado que nunca. e iso fódeme aínda moito máis. é el pensa que a miña cara é de cansancio e non é así. é porque estou cabreadísima conmigo por ser tan parva como para ter eses erros e despistes. e non me gusta nada a escusa de que levo só quince días. joder, gustaríame dicirlle isto. pero por outro lado non porque non quero que sepa o mal que o paso. pero por outro lado penso que quero que sepa que o paso mal, porque isto impórtame moito. porque aínda penso que esta é a mellor profesión do mundo. e non cambiarei nunca de idea. joder, non sei porque ás veces aínda me cuestiono isto. siiiiii, coño, esta é a mellor profesión do mundo!!!!!!!
bueno, espero que mañá sexa un día mellor. porque creo que peor non pode ser. aínda que da outra vez tamén pensei que non podía ser peor e mira o de hoxe... bueno, polo menos mañá vou entrevistar a celso. grazas por aturarme.

18 July 2005

manuel antonio

hoxe é un día negro para este blog. hoxe alguén ousou lixar o nome do icono, do símbolo, de todo o que representa este blog. hoxe alguén tivo o valor de dicir diante da miña cara que manuel antonio lle daba asco.
pero a palabras necias, oídos xordos.
vamos con algo máis alegre. xa teño o novo libro de harry potter!!! ai que maravilla!!!! j.k.rowling estarase forrando a nosa conta pero dame igual.
parece que neste morre outro personaxe máis. dios, non gano para disgustos. se no anterior morría un dos meus personaxes favoritos, non sei que pasará neste.
outra boa nova: o doce de agosto estrease "charlie y la fábrica de chocolate". non podo esperar a vela. tim burton é un xenio. quero vela xaaaaaa!!!!
por certo, cada vez fago menos links. rapazas, xa sei que vos gustan moito os meus links pero é que estou cansadiña e leva o seu tempo. e teño que leer harry potter e non podo perder máis tempo, así que, ala, a movelo pandeiro!!

17 July 2005

soño, moito soño

teño moitísimo soño. si acosteime tarde, pero isto non é normal. levanteime tarde, comín e logo quedei outra vez a durmir. e iso q a noite de onte foi unha carallada. montse, voute matar!! o de "el güei" foi un timo total!!! me las vas a pagar (jeje).
bueno, onte compramos os billetes para londres. marcho o día 16 de setembro. dios, cada día está máis cerca e non mo imaxino. cada vez son máis consciente de que me vou e dame medo. pero por outro lado alucino porque van ser 9 meses de ida de olla total. hai q aproveitalos ao máximo. vinde tod@s visitarme a glamorgan. saco de durmir ao lombo e ale!
por certo, este próximo finde vai ser outra ida de olla total en santiago. só de imaxinalo... e está carlos blanco no festigal.... ummm! bueno, creo que vou ir durmir outro pouco... o meu é grave...

15 July 2005

aaah... luke, soy tu padre...aaah...

bueno, xa estou un pouco de mellor humor. hoxe entrevistei a pablo cimadevila!!! (para os que non saibades quen é: trátase dun nadador parepléxico pontevedrés) foi moi agradable! cara ao final máis que unha entrevista aquilo parecía unha charla de colegueo (marta, acórdase da túa nai e dixo que xeografía e a única asignatura que se lle daba ben no insti. tamén me dixo que estudiou deseño de xoias no mestre mateo de santiago). estivo xenial e pasóuseme o rato nun plis. case non chego a rolda de prensa no concello! por certo, falei con lores... umm! pablo, se les isto, só che digo que se ese tío é da UPG, apaga y vámonos. bueno, vou durmir que mañá esperame un día duro: vou coñecer en persoa a Ricardo Tilve,alias "Don Celidonio" (ai, a cantos retratou Risco sen sabelo. O porco de pé é un libro universal!!!)
Por certo, teño os "Seis poemas galegos" de Lorca. Lorca é o mellor. recordo cando en 2º de bac o bermúdez nos explicaba o romancero pero o tío era tan mojigato que calquera referencia sexual era un "símbolo fálico", espabila, tío.
aaah...(suspiro). como vou botar de menos isto todo en glamorgan. pero merece a pena (morrede de envexa tod@s, que vou ir por londres tódolos findes!!jejeje)

13 July 2005

sigo triste

superpiñeiro, la milá e compañía non me consolan por iso recurrín a esta gran amiga que é a internet e atopei esta xoia, para distraerme e botar unhas boas risas. pero sigo depre porque a miña querida amiga chamada "Menstruación" e esta calor abafante non me deixan dormir. a ver se agora podo... grazas, gomaespuma!!!

12 July 2005

son tempos de urxencia que nos arrastran a todos

xa sei que podo resultar un pouco apocalíptica por tomar esta frase que o xenial suso utilizou cando o pais de nunca máis sufriu a penúltima desgraza. pero é que me sinto así. é o que me ven nestes intres á cabeza, aínda que máis ben serían "tempos de urxencia que me arrastran". a min e só a min.
cando vin que o meu soño se cumpría, dubidei (só por unha milésima de segundo) se ese era o soño que quería, se me ía gustar. logo de comprobar que me apaixoaba( moitísimo), agora dúbido de se ese soño está feito para min. sei que é algo que me encanta, que sempre quixen facer, que morrería se non o puidese facer, que é o que quixen toda a miña vida. ao igual que o fantastico Gabo creo que esta é a mellor profesión do mundo. pero tamén penso que igual estou equivocada,que o tiña idealizado, que nisto hai "manolos rivas, pero tamén "celeiros", que hai "hilarios pinos", pero tamén "urdacis", que hai "jon sistiagas" pero tamén "letizias". sei que hai "rois" pero tamén "guarros" como o da Ser.
sei que me queixo por vicio, que só levo 10 días, pero son así e non o podo evitar. sei que me vou arrepentir de escribir isto. sei que afogo nun vaso de auga, sei que my friend Jose Mari ten razón cando di que son moi perfeccionista. e tamén ten razón cando di que son así e non se me pode cambiar. dios, a miña empanada mental alcanzou o grado máximo. teño que espabilar.

07 July 2005

jodeeeeeeeeeeeeeeeeerr!!!!!!!!

estou de moi mala hostia! e non digo máis.

snif,snif

estou moy cansadiña pero dame todo igual porque aprobei soengas e neira!!! non se pode pedir máis na vida. e estou tan cansadiña que non me apetece escribir máis. só dicir (le ven atenta, ojaio) que se chamaba Timur, non Timus. Xa es internacional, cun turco!! Como os KEBAB!!!

04 July 2005

ai, esa reportaxe...

xa me sinto unha xornalista total: roldas de prena, entrevistas, chama que te chama por teléfono... ai lariña, que non queres q fale de ti no meu blog, pois deixa de pór mensaxes!!! pois o que te quería dicir é que xa estou a facer unha reportaxe, de ximnasia! (creo que se publicará o mércores) e por primeira vez na miña vida entrevistei a... nenos! que graciosos pero que pouco falan...
xa para rematar no apartado xornalístico, só queda dicir que menuda panda de pijos hai entre os directivos dos clubes: non gañan para gomina!!!!!!!
por certo, mario, a ver se te pasas por aquí e deixas unha mensaxe. e devolve as fanecas!!
por certo, hoxe é un día histórico...

02 July 2005

data histórica

hoxe é un día para recordar. hoxe, 2 de xullo publicouse a meu primeiro traballo na prensa escrita. Faneca Brava, non conta, non porque teña menos categoría, senón porque como diría Neira Cruz, é xornalismo underground e contracultural. por primeira vez na miña vida levanteime ás sete da maña de moi bo humor. bueno, vou informarme un pouco deste mundo underground chamado prensa deportiva...

01 July 2005

deportes

olaaaaa! hoxe foi o meu primeiro día de traballo! alucinante! ah! e por certo, con tanta emoción xa non me acordaba de que hoxe fago 20 anos! é q o do faro é tan forte... en deportes, metéronme en deportes... hoxe presenciei a miña primeira rolda de prensa "oficial" (freixanes non conta, que se pire...) e tamén a máis curta (menos de cinco minutos!!!! que facilidade de palabra teñen os futbolistas!!!!!!!) facer unha sección local de deportes é unha "cosa loca" de imaxinación: e é que é moi difícil encher todo iso. hoxe descubrín que hai que dicir "en el día de ayer" en lugar de "ayer" e "estadio municipal de Pasarón" en lugar de "pasarón" a secas. é que con catro palabras que din estes marabillosos deportistas quen enche iso! nin ampliando a foto ó máximo! bueno, pero grazas a ese marabilloso compañeiro de sección todo foi ben (lara, se estiveses no meu lugar, roi xa estaría no cumio da túa montaña). pensei que igual me tocaba traballar cun vello chungo, pero este é moi riquiño e non riñe, senón que fai que aprenda e a pesar dos meus fallos sempre ri. ay, lara, pásate por aquí q olvidas a cachi (por certo, que facias a noite do mércores ás 2 da mañá ó lado de ives rocher, pervertida sexual????????). xa sei que non queres que me meta contigo no meu blog, pero deixa primeiro ti de deixar mensaxes!