29 December 2005

tic-tac, tic-tac..

28 December 2005

QUE MIRADA!

APOIO A PROPOSTA!!!
O Nobel para Manolo!

rocío jurado grande!!

Como yo te amo
como yo te amo
convéncete
convéncete
nadie te amará
como yo te amo
olvídate
olvídate
nadie te amará
nadie te amará
Nadie

porque
yo
te amo con la fuerza de los mares
yo
te amo con el ímpetu del viento
yo
te amo en la distancia y el tiempo...

dígoo o en serio! non é unha coña como a de outros... por certo, boísima a broma!!!

27 December 2005

medio cabodano

fai un rato decateime de que este decatroacatro cumpriu 9 días atrás os seus primeiros seis meses de vida. neste medio ano pasaron tantas cousas! que mo ía dicir a min! tantas persoas entraron e sairón da miña vida, estiven en certos sitios, coñecín a certas persoas especiais que non olvidarei na vida, houbo cambio de goberno, tiven a miña primeira experiencia laboral, marchei e volvín, chorei (moito) e rin (aínda máis), mentín (pero tamén dixen a verdade case sempre), dubidei (moitísimo! e de todo!)... e todo isto quedou reflectido aquí. reitérome: esta é unha gran terapia!
p.d.: se o feito de escribir a miña vida eiquí é o que fai que me acontezan cousas tan fortes (non sempre positivas), non quero deixar nunca este bló!!!!!!!

momento patriótico II

como pode ser que non falara do gran deus castelao, que escribiu a biblia galega, dende que comencei esta singradura? posiblemente foi porque, insconscientemente, sei que non chegan as palabras...

navegando pola rede tiven un momento patriótico


¿Que din os rumorosos
na costa verdecente,
ao raio transparente
do prácido luar?
¿Que din as altas copas
de escuro arume arpado
co seu ben compasado
monótono fungar?

Do teu verdor cinguido
e de benignos astros,
confín dos verdes castros
e valeroso chan,
non des a esquecemento
da inxuria o rudo encono;
desperta do teu sono
fogar de Breogán.

Os bos e xenerosos
a nosa voz entenden
e con arroubo atenden
o noso ronco son,
máis sóo os iñorantes
e féridos e duros,
imbéciles e escuros
non os entenden, non.

Os tempos son chegados
dos bardos das edades
que as vosas vaguedades
cumprido fin terán;
pois, onde quer, xigante
a nosa voz pregoa
a redenzón da boa
nazón de Breogán.

25 December 2005

"No estábamos enamorados, hacíamos el amor con un virtuosismo desapegado y crítico, pero después caíamos en silencios terribles y la espuma de los vasos de cerveza se iba poniendo como estopa, se entibiaba y contraía mientras nos mirábamos y sentíamos que eso era el tiempo"

24 December 2005

rei. king. roi. rey. könig

noiteboa

non me gusta isto do nadal. xa sei que é un tópico, pero é así. a verdade é que casi nin me decatei de que chegaba e, cando me din conta, xa estaba aquí a cea de noiteboa. e enviei as postais a todo correr. e chegaron os primeiros agasallos...
pode ser que nin me decatase do paso do tempo porque estes últimos días foron moi raros, pero especiais. por un lado, o cambio, que me fai sentir así. por outro, o esperado regreso de certas persoas. só velos foi todo unha alegría. só ver á miña neniña e escoitala rir fíxome feliz para toda a noite. ai, que pena que pronto regresen... pero iremos visitalos! a pesares de tódolos puteos irei visitalos!

20 December 2005

desde aquí,desde mi casa, veo la playa vacía...

ás veces tes moitas cousas que dicir e non dis nada. cousas importantes que se quedan dentro. pero tarde ou temprano rematan por saír, dunha maneira ou outra... e non sabedes o que libera!!

19 December 2005

non hai palabras para esta fin de semana...

14 December 2005

os tempos son chegados...

aaai, que xa vai regresando a miña xentiña... que emoción!!!!!!!!!

13 December 2005

somos los únicos miembros de una sociedad secreta...

Parece ser que ao raptor de anxos lle fai ilusión que fale del en decatroacatro, incluso se "enfada" porque dudo das súas palabras bonitas... xa lle dixen que só era un recurso literario...
pero a verdade é que non sei que dicir del. hai cousas que é mellor dicir cara a cara e non aquí para que as sepan tódolos blogueiros... pero como sei que lle fai ilusión...

"...y los cíclopes se miran, respirando confundidos, las bocas se encuentran y luchan tibiamente, mordiéndose con los labios (salados), apoyando apenas la lengua en los dientes..."

martes e trece

Hoxe é un “bo” día. O meu martes e trece comezou un pouco adiantado, o luns ás 9 da mañá, cando fun ao baño e descubrir que vira visitarme cuns días de antelación unha gran “amiga” miña. Xa a partires de entón todo foi mal: clases aburridas, traballos inacabables… E o de hoxe é un martes e trece en toda regla, e nunca mellor dito. Quero que chegue xa a fin de semana… e que non quede todo en palabras bonitas…

11 December 2005

días raros

por fin, tras case unha semana, puiden facer unha ruta blogeira. estes problemas tecnolóxicos vólvenme tola. días raros, estos últimos. estiven a poucos metros de mentor. pero non o vin. será bo? vin ao ollo tacaño. fíxome ilusión. e falei con gagofan. tamen me fixo ilu. pero seguen a ser dias raros...

10 December 2005

utopía

(Do gr. οὐ, no, y τόπος, lugar: lugar que non existe).
1. f. Plan, proxecto, doutrina ou sistema optimista que aparece como irrealizable no momento da súa formulación.

07 December 2005

parece ser que un diaño lle roubou un anxo a Deus...(e o anxo foi cómplice do delicto...)

05 December 2005

un día moi productivo

o día de hoxe esperábase normaliño, pero non foi así. imos por partes:

1. houbo quen escoitou a miña chamada de auxilio e fixo de heroe por un día para min. é de agradecer. parece que a viaxe ó fin se vai levar a cabo.

2. visita sorpresa aos loitadores contra o gran ogro, visita que incluía tamén ao gran ogro. moitos cambios. os que quedan, como sempre. pero a "mamá" marcha. o próximo verán non será igual. (aprobeitei a visita para rematar a lotería de nadal...)

3. non vin a "mentor". sabía que non o ía ver. non sei se será boa idea velo, agora que o teño bastante arredado da miña mente. sei que velo me vai desabaratar por completo, pero preciso velo. e é que non quero ter este mal rollo con "mentor". pero realmente non sei se hai ou non un enfado. as cousas vense falando cara a cara. pero a distancia e a incompatibilidade de horarios impídeme ver a mentor. por teléfono non se poden saber certas cousas. por que ten que ser todo tan complicado?

4. e por culpa de aparellos vellos, as miñas alegrías (para un bo momento que teño...) pasaron a ser bágoas. a ver en que queda a cousa...

farta

estou farta de xente como "aparato loxístico", farta de que a fila de atrás xa non sexa a que era (e que creo que nunca máis será igual...), farta de que "mentor" volva aínda de vez en cando á miña mente é que me desbarate os esquemas, farta de que o "rimador contracultural" siga a porme a xogo, farta de que boringtown aínda me ronde pola cabeza e me torture, farta de que smellingtown me agobie deste maneira, farta de ter que anestesiarme con este decatroacatro e coa caixa tonta (algo que só consigo por breves instantes, coma se fose soma), farta de toda esa panda de imbéciles que temos por "mentores" (como se bota de menos ao auténtico "mentor", que me desbaratou, aínda me desbarata e me desbatará a miña existencia), farta de que, por moi breves momentos, humidtown me agobie como smellingtown e xa non sepa en que buraco meterme, farta de ver como todo xira arredor do mesmo, por moito que digan que non, farta de que todos sexan iguais, por moito que digan que non, farta de ver que tódolos muros caeron. farta de todo. farta.

como se pode explicar que haxa cousas que queres que non sucedan pero que ao mesmo tempo morres porque acontezan?

rayuela

...
...
...
preciso dun heroe que me rescate...
...
...
...

04 December 2005

manuel antonio

como pode ser que até o de agora, cinco meses e medio despois do inicio da singradura, non se me ocorrese pór eiquí unha foto do mentor e xenio inspirador desta miña bitácora?

franz kafka


parece mentira que en todo este tempo non falara da miña admiración por kafka. Todo empezou cando por primeiro vez escoitei o termo "kafkiano":

kafkiano, na.
1. adx. Pertencente ou relativo a Franz Kafka ou á súa obra. As novelas kafkianas.
2. adx. Con rasgos característicos deste escritor checo ou de súa obra. Visión kafkiana do mundo.
3. adx. Dito dunha situación: Absurda, angustiosa.

e quixen saber que era iso realmente. e empecei ao grande, coa metamorfose. non hai palabras para describir a historia de Gregor Samsa.
logo viría "América" e "O Proceso"...

03 December 2005

para aqueles que aínda non me cren...

...CESARE é majísimo!!!!!!!!!!!!!

02 December 2005

ANDY WARHOL GRANDE!!!!!!!!!!!!!

as súas balas

data histórica de entrevista cun dos blogueiros máis destacados da rede. a entrevista foi por outros derroteiros e falou moi guay (sobre todo polo comentario final, de a ver que parella de homosexuais se atreven a ir morrear ó guayaba). simplemente xenial. reitérome na eterna expresión da "maxia da radio". nervios, nervios, moitos nervios pero tamén satisfacción. e, por riba, o noso blogueiro favorito díxome que lera o meu proxecto e que estaba ben! que majo! MAJO!!! pero xa lle dixen que esta o tema un pouco abandonado, que este decatroacatro é como un bebiño ao que lle collín cariño e non o vou deixar (que cursi me saiu!). e é que non me imaxino ter un blo que non se chame decatroacatro!
p.d.: reitérome: moitas grazas, cesare!!!!!!!!

01 December 2005

UTOPÍA

AS UTOPÍAS SON IRREALIZABLES !!!!!!!!!!!

cinco meses

falando o outro día con certa persoa decateime de que xa van máis de cinco meses dende o inicio deste decatroacatro. esa persoa dicía que pechara o seu antigo blog porque lle recorda a unha etapa "chunga". decateime entón de que este meu decatroacatro nacera cunha nova etapa na miña vida (non sei se boa ou mala. eu agora vexo todo moi chungo, pero o tempo dirá). e tamén me decatei que lle collera un cariño inmenso a esta bitácora. que se convertiu nunha especie de terapia psicoanalítica coa que desafogarme. quen mo ía dicr a min o 18 de xuño!!!

Miña terra galega

A una isla del Caribe
he tenido que emigrar
y trabajar de camarero
lejos de mi hogar.

Me invade la morriña
el dolor de Breogán;
cuando suena la muiñeira
el llanto empieza a brotar.

Miña terra galega
donde el cielo es siempre gris
Miña terra galega
es duro estar lejos de ti.

Donde se quejan los pinos
y se escuchan alalás
donde la lluvia es arte
y Dios se echó a descansar.

Las zanfoñas de Ortigueira
los kafkianos de Jaján
la liga armada galega
y el pazo de Meirás.

Miña terra galega
donde el cielo es siempre gris
Miña terra galega
es duro estar lejos de ti.