29 January 2006

persistencia...

relendo os arquivos (que atinados, aqueles fragmentos...) acordeime dunha cousa, de cando alguén me murmurou ao oído para rifarme, e máis tarde para cantarme uns versos que remataban, paradoxicamente, cun "te quiero"...

28 January 2006

Para aultre narai


Oko, Caufield e máis eu recibimos o pasado mércores a visita dunha prezada bloggeira ateniense. Cando me preguntou por anécdotas da miña experiencia laboral veraniega, a verdade, non souben que dicir. Logo, reflexionando, dinme de conta de que foron moitos os momentos graciosos, bochornosos, divertidos, alucinantes, etc, vividos alí.
Aquí van uns cantos.
I. Para empezar, o primeiro día, pensei que o de deportes era só para ese día en concreto, non todo o verán. Aínda que ao principio me fastidiou, non me arrepinto. Pese a quen lle pese, gústame o xornalismo deportivo.
II. Ese mesmo día, fun á miña primeira rolda de prensa. Presentábase a formación feminina do Pontevedra C.F. Recordo como ese “gran” xefe de prensa me preguntou se eu era unha das rapazas do equipo. O tempo daríame a razón cando pensei que ese tipo non era moi listo... Tamén recordo como ese día o x.ch. me pareceu un chulito impresionante. Como cambiarían logo as cousas!!
III. Collo a nota de prensa para ver o teléfono da "miña fonte". Chamo e pregunto polos resultados dunha proba. Contestación: “Mira, los del FARO iros a tomar por culo!”. Eu, completamente parva, aínda vou e pregunto que porqué. E entón cando, dende outra mesa, salta Nico e di: “Porque me estás llamando a mi, coño!”. Resulta que en vez de ver o teléfono de quen enviará o fax, vira o de “enviado a”.
IV. Recordo a miña primeira reportaxe: nenos ximnastas. Unha entrevista con nenos é como discutir co mozo: ti soltas un monólogo e el só di “si”, “non”, “vale”, “xa” ou “tes razón”. Con este reportaxe descubrín como lle gusta a xente saír no xornal...
V. Ai, ai, ai!! As miñas visitas a esa gran vila coñecida como SANXENXO (“sanghengho”, para os ignorantes). 1)Rolda de prensa onde coñecín á miña musa (guapa!). Ese día fíxenme “amiga” dun da competencia. Bueno, máis ben acercóuseme el a falar. Sigo convencida de que o fixo para non ter que volver en bus... e 2) Travesía a nado na praia de Silgar coa participación de David Meca. Que majos son algúns coa prensa cando van cobrando... E que forte descubrir que cando che van dar os resultados da proba está alí o teu profesor de informática de 3º da ESO!
VI. Un dos grandes retos: o meu primeiro partido. Un triangular contra o Poio e outro equipo máis que non recordo (nivelazo!!!). Non sei como hostias fixen, pero escribín unha páxina sobre o encontro sen ter nin puta idea de fútbol. A verdade é que lle teño que dar as grazas aos da competencia. Recordo como Xabi me dicía “copia: el balón choca contra el palo y bla, bla, bla...”.
VII. Outro gran rato: a primeira previa. Tiña que ser precisamente o Atenas-Teucro. Quizais fose unha premonición... Creo que superei ben a proba, sobre todo grazas á axuda prestada dende o parque de San Lázaro.
VIII. Bueno, e como non, a cantidade de tíos chondísimos que unha observa neses adestramentos. Ademais, dun que me alegraba a vista tódalas tardes, ir a Pasarón era todo un puntazo(o francés, o meniño...). E as veces o Pavillón Municipal tamén cundía... Había un xogador do CM...
IX. Pero non todo ía ser bo. Tamén tiven que aturar a este “ser” moitas veces. Incluso chegou a presentárseme e darme dous bicos! NOXO!!!
X. Outro personaxe singular, sen dúbida algunha, é o presidente deste clube. Non coñezo a ninguén máis tolo!!! Só el se podería inventar os fichaxes! Grande!
XI. Bueno, e que decir dos da folla parroquial: un casposo con camisetas roídas polos ratóns, outro aínda máis casposo saído de "cuéntame", un de chándals de cores imposibles e un neno pijo que che fala para que o leves en coche. Ai! Gran Xornal!
XII. Que por que me gusta o xornalismo deportivo?Pois non o sei. Quizais as miñas experiencias non deportivas non axudaron moito...
XIII. Pero sen dúbida houbo algo que me marcou (e moito), do que non podo (e non debo) falar...

27 January 2006

días raros...

son días raros nos que non apetece nada, todo o día metida na biblioteca (mítica -3!!). aburrida ante os exames, sentindo que algo remata, e que anceias soños imposibles de arredar da túa mente...
non teño palabras...

24 January 2006

aínda que pasen os séculos, persistes...

necesito un respiro, descansar, pensar, pór orde na miña vida, saber o que quero, tomar unha decisión...

18 January 2006

como pode ser que ás veces chegue a odiarte?

cando pensas que as cousas non poden ir peor...

17 January 2006

aaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaah!!


odio isto!!!!!!

…and I don’t know what to do, cause I’ll never be with you

esta mañá espertei entre suores. gustaríame ser como unha avestruz, meter a cabeciña nun buraco, sacala e que tódolos problemas estivesen solucionados. gustaríame que todo fose moito máis sinxelo. gustaríame que as cousas tivesen acontecido doutro modo. gustaríame que as cousas pasasen cando teñen que pasar. gustaríame deixar de ser “-istiña” e ser “-ista” xa oficialmente (aínda que eu xa me sinta “-ista” dende hai moito tempo...). gustaríame quedar toda a vida debaixo da ducha, co chorro de auga queimando o meu pescozo. gustaríame ter un teletransportador como os das pelis e, como na canción, “hago ‘chas’ y aparezco a tu lado”. mellor dito, gustaríame estar en tres sitios á vez. ou en catro. gustaríame que esta clase de cousas me pasasen linealmente no tempo. gustaríame que algún día poida deixar de escribir esta clase de posts, escoitando cancións tristes de Ismael Serrano, co pelo mollado e dopada a Saldeva forte. gustaríame non ter que dicir “gustaríame” nunca máis. gustaríame ser feliz...

O antiheroe


era a última práctica para unha asignatura do primeiro curso do soño. só había que facer un cuestionario, pero na rede atopo un mail para contactar co meu entrevistado virtual que, nuns días pasa a ser entrevistado real.
foi así como cheguei á miña primeira entrevista. quedamos nun bar, unha tarde, durante unha hora. vou cunha batería de preguntas, solto unha tras outra se ser case capaz de facer unha improvisada no momento: tantos nervios...
días antes lera un libro del. ogallá non o fixera. eu tamén penso que é unha biblia. ler ese libro fíxome idealizalo. pero a realidade logo desmintiríame. os próximos encontros fixeron que me desencantase un pouco... pero nano segue a ser o meu ídolo...

atenas

hoxe cúmprese un mes da viaxe...

13 January 2006

O heroe

para aultre narai

tiña eu 17 anos. o peor ano da miña vida (facía 2º de bac e a loita polo meu soño foi un pouco dura). o primeiro que lin del foi, irónicamente, en castelán, e grazas á profesora de literatura española de 3º de ESO. logo viría o libro completo, xa en galego, ao que seguirían outros moitos.
a oportunidade deuse cando o heroe veu a smellingtown, para dar un recital poético.
fun coa miña irmá. senteime na sala, toda nerviosa con todos os seus libros nunha bolsa. escoiteino falar, recitou poemas, un anaco do lapis, máis poemas. eu flipaba sentada no meu asento.
ao rematar, acercamonos a unha mesa onde, improvisadamente, el firmaba libros. eu morría de vergoña, ía sacandoos pouco a pouco da bolsa. risa nervioso. unha señora dicía "es que no se puede venir con tantos libros..." e a min dábame igual.
ao saír, grazas ao mellor profesor de filosofía do mundo, puidemos sacar unha foto con el. recordo como xulio lle dixo "manolo, manolo, unha foto!". nese intre fixeime nos seus ollos. parecía que dous ríos percorrían os seus iris. fíxenlle unha pregunta. vergoña. moita vergoña.
logo habería outras ocasións. pero nunca como a primeira. aínda que sigo a sentir o mesmo formigueo no estómago cada vez que o vexo.

aultre, se quere tamén lle conto como coñecín ao antiheroe, ou mesmo ao fillo do heroe

09 January 2006

"...trátase do reflexo da angustia persoal.."

06 January 2006

¿amor ou odio?

Y los martillos cantaban
sobre los yunques sonámbulos,
el insomnio del jinete
y el insomnio del caballo.

acenan mil adeuses as estrelas...

04 January 2006

non era todo máis sinxelo cando a túa maior preocupación era chegar a tempo para velo xabarín?

o azar, o destino... non sei o que é. pero o certo que é unha cabronada. todo acontece cando non ten que suceder. as persoas entran e saen na hora equivocada. os mellores momentos chegan nas peores etapas. as mellores persoas aparecen nos momentos máis negros. a gran oportunidade dáse no momento menos idóneo. non tes nada e, de súpeto telo todo. queres que algo dure toda a vida, pero queres que remate xa. anceias ter algo e, cando o tes, ódialo. e cando volves quedar sen el, deséxalo de novo. ou non? queres acadar o cumio dunha montaña. chegas e subes á seguinte montaña. pero chega un momento en que non hai montañas. entón que fas? ou é peor se tes varias montañas e non sabes cal escoller...
escóndeste debaixo das mantas, pero saes e non se solucionou nada. pasaron tres séculos e a cousa segue igual. todo segue igual. esperemos a chegada do rei Sol. entón as cousas igual cambian. volverei tolear, e revivirei a mellor/peor escea da opera prima.

non é doado...

03 January 2006

momento frívolo


hoxe tiven un arrebato consumista, e merquei uns zapatos aos que lle botara o ollo hai uns días. son coma os da foto, pero en negro e cun pouquechiño menos de tacón. algúns dirán que son pijísimos, pero a min encántanme!
a verdade é que ultimamente me vai mal, merquei uns pendentes de boliñas e non puxen a palestina en todo o inverno. vou rematar matriculándome en dereito!! (a verdade, agora que recordo, é que estou pensando en coller algunha de libre configuración para o próximo curso: nooooooooooooon!!!!!!!)
a compra foi despois de comer coa triple M (Mario, Marta e Mar). ai, que ben pasar un ratiño con eles, e que Mario me torturase cantando (nunca mellor dito), para que confesase algo que non lle quería contar...
por certo, que sorpresa saber que me coñecen por aí en diante. e que gracia que pensase que eu son de atenas! non, miña querida! son da "marvellous" smellingtown!!!!

01 January 2006

2005-2006

Comeza un novo ano. A verdade, é que é a primeira vez que penso de verdade iso de replantexar a vida co inicio dun novo ano. Pero é que o 2005 foi moi importante para min. E o 2006 comeza completamente diferente de como o fixo o 2005. Xornalistiña é completamente diferente. É máis, dubido de que sexan a mesma persoa…
¿Os meus desexos para este novo ano? Que continúen aí os de sempre: oko, caufield, liariña, pau, M&M e demais familia e, sobre todo, o ateniense. Ogallá tamén que o meu paso pola factoría se faga máis agradable, que o xefe de RENFE teña a inspiración divina de pór máis trens entre a cidade de pedra e Atenas, que os meus pais se fagan menos pesados (poderá ser iso posible?), que se me pasen as miñas dúbidas existenciais e que o meu soño se faga regular para poder ir a clase a primeira hora!
seguro que se me quedan moitas cousas atrás, pero é que a miña cabeciña non da para máis tras acostarme case ás 9 da mañá e levantarme fai pouco.

P.D.: sinto que non haxa post da gran experiencia do pasado xoves en Sán Lázaro, pero entre o cansanzo e a falta de tempo foi imposible! Espero poder colgala crónica dese gran día no proxecto en breve.