28 February 2008

O debate


Actualizo dende o Hotel San Francisco. Hoxe foi unha noite de non parar, de correr para sacar fotos no plató, de actualizar cada poucos minutos a web conforme ía avanzando o debate, de correr polas escaleiras e corredores para recoller declaracións... En definitiva, foi unha noite estresante (tiven que aguantar a gravadora diante de Ansede, case de rodillas cunha cámara de video apoiada na miña cabeza) pero moi interesante. E é que como dixo, Alfonso Hermida, foi histórico!

25 February 2008

De caravana


Na medianoite do xoves os partidos celebraron a pegada de carteis e dende ese momento foi un "non-parar". En tres días, estiven en Vigo, Monforte, Foz, Carballo, Bueu e A Estrada e xa non lembrou en que momento estiven en cada sitio, nin os nomes dos teatros ou salas onde foron os mitins. Levo tres días seguindo a Quintana e aínda quedan moitos máis, sen parar, fáltannos os mitins das sete cidades e os de Vilagarcía , Ponteareas... E se hoxe podo perder un momento en escribir isto é porque esta mañá témola libre, "grazas" a que o médico recomendoulle a Quintana descansar un pouco tras o accidente de tráfico do sábado pola mañá. Non lle pasou nada grave, pero coxea un pouco o home.

Dixéranme que isto era cansado pero moi divertido. E é certo. E, por riba, está sendo entretido porque, agás onte pola noite, Quintana esta dando un titular novo en cada mitin, o que fai que escribir as crónicas non se faga un rollo dicindo todo o rato que se queren ser máis decisivos e ter forza en Madrid. Ademais, sorprendeume positivamente Paz Abraira, mentras que Jorquera e Olaia son máis sosos. A ver que tal Iago Tabarés cando nos toque mitin na provincia de Ourense.

(A foto saqueina no mitin de onte na Estrada. Menos mal que gardo tras cada mitin as imaxes nunha carpeta co nome da vila, senón xa non sabería nin cando nin onde a saquei...)

09 February 2008

Ermitas Valencia

"Ermitas Valencia, Solamente quiero decir que me ha gustado mucho tu nombre, aunque me ha chocado un poco, no lo había oído nunca.
Saludos desde Valencia. Amparo."

Que deixen un comentario como este no xornal, fai que mereza a pena estar un sábado traballando toda aburrida, ante a ausencia de noticias. O mellor de todo é que a noticia é de xullo! Seguro que a tal Amparo se puxo a buscar en Google información sobre ermitas de Valencia e chegou a isto...

P.D.: Rectifico. O mellor de todo é que a tía ten unha web na que fala de trens escrita en Comic Sans!