25 February 2008

De caravana


Na medianoite do xoves os partidos celebraron a pegada de carteis e dende ese momento foi un "non-parar". En tres días, estiven en Vigo, Monforte, Foz, Carballo, Bueu e A Estrada e xa non lembrou en que momento estiven en cada sitio, nin os nomes dos teatros ou salas onde foron os mitins. Levo tres días seguindo a Quintana e aínda quedan moitos máis, sen parar, fáltannos os mitins das sete cidades e os de Vilagarcía , Ponteareas... E se hoxe podo perder un momento en escribir isto é porque esta mañá témola libre, "grazas" a que o médico recomendoulle a Quintana descansar un pouco tras o accidente de tráfico do sábado pola mañá. Non lle pasou nada grave, pero coxea un pouco o home.

Dixéranme que isto era cansado pero moi divertido. E é certo. E, por riba, está sendo entretido porque, agás onte pola noite, Quintana esta dando un titular novo en cada mitin, o que fai que escribir as crónicas non se faga un rollo dicindo todo o rato que se queren ser máis decisivos e ter forza en Madrid. Ademais, sorprendeume positivamente Paz Abraira, mentras que Jorquera e Olaia son máis sosos. A ver que tal Iago Tabarés cando nos toque mitin na provincia de Ourense.

(A foto saqueina no mitin de onte na Estrada. Menos mal que gardo tras cada mitin as imaxes nunha carpeta co nome da vila, senón xa non sabería nin cando nin onde a saquei...)

1 Comentarios:

Blogger oko said...

eres a miña caravaneira favorita!!! (que-lo-se-pas)

9:29 pm  

Post a Comment

<< Home