29 January 2008

Canon EOS 400D (II)

A miña Canon EOS 400D xa chegou. Onte, aproveitando que era o cumple da miña nai, collín o coche e fun ata Pontevedra para levarlle o agasallo e coller a miña cámara, xa que os de Pixmañía dicían que chegaba onte. O tipo de Seur escarallouse da risa cando me viu aparecer dicindo "O meu paquete!!!". Cando o abrín dábame tanto medo estropeala que esperei a que viñese o meu irmán para poñerlle o obxectivo pero logo xa me animei e funlle sacando unhas fotos a miña nai e á miña avoa e xa pola noite, en Santiago, saqueille fotos á Fer, Sheamais, á estantería, á tele, á fiestra, á lámpara, ao chan, á mesa...

Ao principio usei o "modo automático", pero a ver se agora que xa teño as instruccións en castelán (comprar por internet fai que só veñan en italiano, francés e... alemán!) a ver se me cosco de que van todos os botóns e comezo a facer os meus pinitos...

Por certo, onte cumprise o 78º aniversario do pasamento de Manuel Antonio e que dor sentín nos oídos cando escoitei na RG unhas adaptacións musicais dos seus poemas feitas por uns "artistas"...

P.D.: Lin nunha web que o meu blog ten moito "Buzz". Alguén pode explicarme que é iso?

1 Comentarios:

Blogger oko said...

pois eu estou de 63, e tamén me pica a curiosidade saber que é!
por certo, cando nos miremos, deixarasme ser a túa musa diante da cámara?

1:09 pm  

Post a Comment

<< Home