13 May 2008

Sex in the city

Non podo esperar dúas semanas e media... Xa sei que isto é super-frívolo e que moitos poden pensar que é unha peli peor que '27 vestidos' ou 'Planes de boda', pero é que Sex in the City encántame! Si, fala de rolletes, moda e cousas dese estilo, pero enganchoume de tal xeito que con ver só o trailer xa me emocionei pensando en cando a vexa dentro duns días nos cines. Que pena que V. e R. estean lonxe e non poida ir vela con elas ao cine pero, chicas, xa sabedes que o día 30 hai cita.NOTA: imprescindíbel, tacóns e bolso-carterita...

09 May 2008

Candal for president



Despois de pasar dous días e medio na cama coa peor gripe da miña vida, este homiño arrancoume a primeira gargallada, facéndome olvidar por uns minutos a febre, a dor de cabeza, os mocos... Grazas, Candal, por frases como estas: "Villamartín quiere la gelescola", "la conselleira de la Vivienda", "la Feján" ou "todo lo que signifique Quintana, debemos apoyarlo todos".

14 April 2008

Rumbo a Río! (II)

Cando xa estaba toda relaxada porque dende a compañía me confirmaron que todo o referente ao meu voo estaba ben, chámannos dende Brasil (a nosa amiga, non a empresa) para informarnos de que esa "maravillosa" compañía de voos decidiu suspender as súas liñas con México, Madrid e París a partir de maio. E despois dunhas horas de nervos pensando que se ían quedar os brasileiros esos con case 500 euros do meu peto, consigo contactar e, moi amablemente, indicanme os pasos para anular o billete. Finalmente, voaremos con Air Europa, só por 60 euros máis. Espero que non haxa máis problemas e que en xuño poidamos ir... Rumbo a Río!

(O sábado houbo cea de Chuceiros na Coruña. Teño que dicir que para min son iguais as especias da comida que probei en Túñez, no restaurante tailandés que hai en Santiago e no sefardí da Coruña. A esperiencia blogogastronómica non estivo mal. Para min foi o típico restaurante ao que vas por probar unha comida nova pero ao que non volvería. Polo menos, até dentro dun ano, cando olvide o cheiro desas especies que me fixeron estar media semana sen comer en Túnez (agás patatillas de bolsa, que sabían "normal")

08 April 2008

Ken Lee



Normalmente, cando sae Miki Nadal en 'Se lo que hicisteis...' cambio de canle porque xa se me fan aburridos os seus videos, pero o outro día puxen en LaSexta un ratiño e cuadrou que vin este video e dende entón son superfan de Valentina e non podo parar de cantar o "Ken Lee" a todas horas: no coche, no choio, na casa... Disfrutade deste "chorro de voz"! I ken leeeeeeeeee, dulibo dibu dauchooooo, I ken leeeeeeeeeeee...


06 April 2008

Rumbo a Río!


Xa están os billetes comprados, alá imos, rumbo a Río!

04 April 2008

... e a broma colou


Nunca pensei que alguén puidese crer que era realmente de verdade. Primeiro, chaman do concello de Lalín e agora descubro isto no LV... Que guays que somos que sabemos en exclusiva a noticia!

24 March 2008

O meme dos agasallos

Fer invitoume a facer un meme cos peores agasallos que recibín na miña vida, así que aí vai:

1. Nas primeiras comunións temos un gran filón: Sempre odiarei eses horribles marcos de prata para as fotos, así como esas horripilantes pulseiriñas de ouro con pedriñas ou cunha plaquiña coa data.

2. E o segundo gran filón son os agasallos que nos facía a miña avoa cando vai por aí de excursión, e digo "facía" porque ante o pouco éxito dos seus regalos decidiu que a partir de agora só nos da diñeiro ou nos trae algo da comida típica do lugar. Entre eses agasallos horribles dos viaxes da miña avoa atópase unha camiseta horrorosa con lentejuelas en color malva e que por riba dixo que lles costará 50 euros nunha 'boutique'.

Noutra ocasión tamén nos trouxo a miña irmá máis a min uns pendentes que consistían nunhas especies de boliñas de cristal pero con 100 caras diferentes o que provocaba grandes destellos de cores que se vían a quilómetros. A miña irmá puxoos un día por facer a pelota, pero eu negueime.

Pero sen dúbida, o "mellor" agasallo pruduciuse cando a miña avoa foi de excursión a Cantabria, e fixeron unha visita a San Vicente de la Barquera, vila natal de David Bustamante. E como non podía ser doutro xeito, a miña avoa comprounos a miñá irmá e a min candasúa camiseta e pañoleta coa cara de Bustamente e co lema "Mi música es tu voz". A miña irmá aínda tivo valor para poñer a camisola para durmir, pero eu non puiden. O mellor de todo é que ante a nosa cara de incredulidade a nosa avoa díxonos: "Eu compreinas porque todo o mundo as levava para as netas".

E bueno, non lle vou pasar o meme a ninguén porque creo que xa está todo dios invitado.

28 February 2008

O debate


Actualizo dende o Hotel San Francisco. Hoxe foi unha noite de non parar, de correr para sacar fotos no plató, de actualizar cada poucos minutos a web conforme ía avanzando o debate, de correr polas escaleiras e corredores para recoller declaracións... En definitiva, foi unha noite estresante (tiven que aguantar a gravadora diante de Ansede, case de rodillas cunha cámara de video apoiada na miña cabeza) pero moi interesante. E é que como dixo, Alfonso Hermida, foi histórico!

25 February 2008

De caravana


Na medianoite do xoves os partidos celebraron a pegada de carteis e dende ese momento foi un "non-parar". En tres días, estiven en Vigo, Monforte, Foz, Carballo, Bueu e A Estrada e xa non lembrou en que momento estiven en cada sitio, nin os nomes dos teatros ou salas onde foron os mitins. Levo tres días seguindo a Quintana e aínda quedan moitos máis, sen parar, fáltannos os mitins das sete cidades e os de Vilagarcía , Ponteareas... E se hoxe podo perder un momento en escribir isto é porque esta mañá témola libre, "grazas" a que o médico recomendoulle a Quintana descansar un pouco tras o accidente de tráfico do sábado pola mañá. Non lle pasou nada grave, pero coxea un pouco o home.

Dixéranme que isto era cansado pero moi divertido. E é certo. E, por riba, está sendo entretido porque, agás onte pola noite, Quintana esta dando un titular novo en cada mitin, o que fai que escribir as crónicas non se faga un rollo dicindo todo o rato que se queren ser máis decisivos e ter forza en Madrid. Ademais, sorprendeume positivamente Paz Abraira, mentras que Jorquera e Olaia son máis sosos. A ver que tal Iago Tabarés cando nos toque mitin na provincia de Ourense.

(A foto saqueina no mitin de onte na Estrada. Menos mal que gardo tras cada mitin as imaxes nunha carpeta co nome da vila, senón xa non sabería nin cando nin onde a saquei...)

09 February 2008

Ermitas Valencia

"Ermitas Valencia, Solamente quiero decir que me ha gustado mucho tu nombre, aunque me ha chocado un poco, no lo había oído nunca.
Saludos desde Valencia. Amparo."

Que deixen un comentario como este no xornal, fai que mereza a pena estar un sábado traballando toda aburrida, ante a ausencia de noticias. O mellor de todo é que a noticia é de xullo! Seguro que a tal Amparo se puxo a buscar en Google información sobre ermitas de Valencia e chegou a isto...

P.D.: Rectifico. O mellor de todo é que a tía ten unha web na que fala de trens escrita en Comic Sans!

29 January 2008

Canon EOS 400D (II)

A miña Canon EOS 400D xa chegou. Onte, aproveitando que era o cumple da miña nai, collín o coche e fun ata Pontevedra para levarlle o agasallo e coller a miña cámara, xa que os de Pixmañía dicían que chegaba onte. O tipo de Seur escarallouse da risa cando me viu aparecer dicindo "O meu paquete!!!". Cando o abrín dábame tanto medo estropeala que esperei a que viñese o meu irmán para poñerlle o obxectivo pero logo xa me animei e funlle sacando unhas fotos a miña nai e á miña avoa e xa pola noite, en Santiago, saqueille fotos á Fer, Sheamais, á estantería, á tele, á fiestra, á lámpara, ao chan, á mesa...

Ao principio usei o "modo automático", pero a ver se agora que xa teño as instruccións en castelán (comprar por internet fai que só veñan en italiano, francés e... alemán!) a ver se me cosco de que van todos os botóns e comezo a facer os meus pinitos...

Por certo, onte cumprise o 78º aniversario do pasamento de Manuel Antonio e que dor sentín nos oídos cando escoitei na RG unhas adaptacións musicais dos seus poemas feitas por uns "artistas"...

P.D.: Lin nunha web que o meu blog ten moito "Buzz". Alguén pode explicarme que é iso?

20 January 2008

Canon EOS 400D

Levo semanas pensando en comprar unha cámara de fotos, unha réflex dixital. Realmente xa quería facelo hai meses, pero agora que teño un soldo decente e diñeiro aforrado decidínme a facer esta gran inversión (só con dicir que o outro día cando entrei a informarme nunha tenda saín co estómago revolto ao ver os prezos...).

Xa puxen os meus ollos no modelo da foto, pero aínda teño que agardar a consultalo cos meus asesores e a que o meu irmán me presente os presupostos das ofertas qu está mirando en Rebelio e Pixmanía (por certo, alguén pode asegurarme que non vou ter ningún problema se a merco por Internet?). Bueno, agora so pido que se pasa por aquí algún experto no tema que me asesore, aínda que non creo que me sirva de moito que uns me digan que Olympus moi ben e outros que moi mal, ou que Nikon é unha caca ou que está moi ben...

19 January 2008

Quin


Normalmente faise incómodo ir co veciño no ascensor, pero nunca pensei en compartir a experiencia de baixar dúas plantas con el... Por certo, aínda que teña cara de osiño, encantoume descubrir a boa percha que ten o noso vicepresidente...

30 December 2007

Sogros e mozos invisibles con pan de manteca

Eu pensaba que a día de hoxe, no 2007 (a poucas horas do 2008) non podía existir xente dese tipo. Pero si, aínda quedan pais que tratan de “amañar un matrimonio”. Resulta que un señor que vén moito pola miña casa, polo bar, viu á miña irmá traballando alí e debeu pensar “que rapaza máis xeitosa, como axuda aos pais na taberna, como traballa!” e pensou que podería ser a moza ideal para o seu fillo, que se puxo a estudar intensivamente para as oposicións a Policía Local e a moza colleu e liouse con outro (esa e a conclusión que saco eu da historia que lle contou o señor este á miña nai) e deixáronse.

Dende aquela, o señor, que traballa nunha panadería, trata de “conquistar” á miña irmá para o seu fillo e tráelle de vez en cando algún boliño ou algún pan especial. O mellor de todo foi o día de Noiteboa, que trouxo un mundial de pan de manteca e estaba boísimo!

25 December 2007

Papa Noel trouxome isto...

...e a ver se me dou amañado, porque creo que eu non estou preparada para tanta tecnoloxía... Ademais, vaime dar palo sacar o mini-boli cando teña que escribir un sms en público, porque a xente vai pensar que vou en plan empresaria "proféxional"! E a outra miña gran preocupación é darlle a calquera botón e que se me contecte el só a internet e que estean a cobrar sen decatarme! Bueno, vou ver se aprendo a poñelo en modo silencio...

21 December 2007

Pasteliños!


Dende que estou aquí, sempre me toca apandar cando veñen os mensaxeiros, os repartidores, o técnico da alarma, o do interné... Pero hoxe tiven a miña recompensa! En menos dunha hora marcho cunha bandexiña de pasteis para a cea de Nadal!

16 December 2007

Ultimamente penso en que lle vou cambiar o deseño a isto, e que teño que actualizar porque non queda bonito levar case un mes coa foto de Berto no último post do blog, pero logo ao final nunca fago nada... (Será porque xa paso todo o día diante do ordenador?) Pero este blog tamén pode ter utilidades como pedir consello para un agasallo de amigo "invisíbel" (teño que practicar que logo no choio non me sae...). Como non podo dar datos da persoa, porque todos os que participan, máis ou menos, len este blog, pido ideas, así en xeral... E se a alguén se lle ocurre tamén que deseño lle podo poñer a esto, acepto ideas!

26 November 2007

Berto


"Me encanta. Y cuando digo que un chico me encanta, es que me encanta"

Xornalistinha cambia de choio

Venres, 2 de novembro 2007 - Xorna apúntase no paro, dous días despois de rematar as últimas prácticas da facultade na RG. Xorna comeza a enviar currículos a todo dios.
Martes, 13 de novembro 2007 - Xorna fala por teléfono co director de AGN e queda para unha entrevista para unha Feuga o xoves.
Mércores, 14 de novembro 2007 - Xorna acude ó I Foro de Emprego da USC e reparte curriculos a esgalla. No medio, chama o director de AGN e adianta a entrevista para esa tarde. Ás catro da tarde chaman a Xorna para unha entrevista co director do Seminario Galego de Educación para a Paz. Ás seis da tarde, na entrevista co director de AGN, collen a Xorna cunha Feuga.
Xoves, 15 de novembro 2007 - Xorna amaña todos os papeis e comeza cunha Feuga en AGN. Fala co director do Seminario Galego de Educación para a Paz por teléfono e deciden suspender a entrevista (a oferta non era mellor).
Venres, 16 de novembro 2007 - Xorna recibe unha chamada. Ten unha entrevista para o vindeiro luns para traballar en GZNación.
Luns, 19 de novembro 2007 - Xorna recibe outra chamada. A entrevista aplazase un día porque o entrevistador está moi ocupado. Xorna recibe unha chamada da sempre elegante Domenech, quen lle ofrece unha Feuga na RG. Dille que non.
Martes, 20 de novembro 2007 - Xorna vai á entrevista para GZNación. O entrevistador dalle a entender que a van contratar pero non o din claramente. Dille que espere a chamada do xerente (ou algo así).
Xoves, 22 de novembro 2007 -Xorna recibe a chamada do xerente. Quedan para o día seguinte.
Venres, 23 de novembro 2007 - Xorna fala co xerente. Xa é definitivo. Contratada para GZNación. Ó saír da entrevista, Xorna ten outra chamada. É dunha empresa de software ou algo así que estaba no Foro de Emprego da USC, Coritel. Din que se quere ir a uns procesos de selección de persoal en Madrid. Dilles que non.

Comprenderedes que con tanto axetreo leve sen escribir aquí tantos días... Nunca na vida pensei que ía vivir un proceso semellante e ter a oportunidade de ir por aí rexeitando choios. A verdade é que estiven uns días co ego subido. Non esta mal, por unha vez na vida....

14 November 2007

Xornalistinha xa non esta no paro

Foron só dúas semanas no paro, pero parecéronme dous meses. O bo deste "descanso" é que puiden ir coñecer Bilbao, visitar a Oko, namorar dos pintxos e corroborar a teoría de que en Euskadi nos levan 40 anos de adianto.
Pois si, volvo alí. Seis meses e medio despois volvo cunha destas míticas bolsas. E entre os meus cometidos está actualizar a mítica Galicia Gastronómica!! Xa vos irei contando...