28 February 2006

eu de maior quero ser como...

27 February 2006

aviso para navegantes

non sei que lle pasa a este maldito ordenador que teño en tuecro, que non me permite abrir as páxinas de blogspot. podo entrar en calquera páxina do mundo menos nas que máis me interesan neste momento! así que o único que podo facer é acudir ao blogalego e ver alí as páxinas que están na lista, polo que moitas quedan descartadas... pero o peor de todo é que non podo ler os comentarios! ;( os únicos que puiden ver son os que me deixan aquí xa que me chegan ao meu correo. así que aproveito para dicirlle a mr. tichborne que si, que o perfir esta tirado de tic-tac, unha novela que me encantou (o personaxe de nano é simplemente fascinante).
pero maña chegarei a humidtown, irei correndo ao ciber e saciarei a miña sede bloggeiril que está chegando a extremos enfermizos!!

25 February 2006

al suelo todo el mundo!

encántanme estes xoves no porrón, todos xuntos cantando as de sempre (aínda que esta vez con dous invitados de honor). ogallá tódolos xoves fosen así, con teletubbies, sheriffs, janis joplin, disfraces que non sei que son, gatos, juan reyes e toda a tropa.
e esta noite, outra vez festa, cunha carapuchiña vermella moi, moi, moi sexy...

agora, que o xefe xa está na casa, todo volver ser un pouco menos raro...

22 February 2006

por fin!


Por primeira vez en todo o curso, teño unha asignatura que me motive!!!!


Por certo, que inculta son neste tema!!!

21 February 2006

ROMA!


Xa temos os billetes!!
Dentro dun mes as cinco tolas estaremos de novo xuntas!!!!

20 February 2006

morriña!!!!!!!!!!!!!

SEGUNDA B
Yuri e Igor sentencian al Lanzarote
El Pontevedra resuelve el choque ante los canarios en la segunda mitad, donde se vieron los cinco goles.
PONTEVEDRA 4 - 1 LANZAROTE
Roi Palmás / Pontevedra
El Pontevedra resolvió en los segundos cuarenta y cinco minutos lo que no pudo imaginar en la primera mitad. Dos goles de Yuri y otros dos de su hermano Igor hicieron excesiva justicia ante un Lanzarote que no superó los varapalos granates en forma de ocasiones claras de gol y de tantos materializados. Hasta en cinco ocasiones tuvo Iván Gómez que recoger el balón de las mallas, aunque una fue anulada por fuera de juego, y ahora el Pontevedra, aprovechando el empate del Universidad de Las Palmas, se coloca a sólo tres puntos del liderato haciendo gala de una contundencia envidiable de cara a la meta rival.La primera parte fue, en términos generales, mala. Tras el descanso las cosas cambiaron radicalmente. El mensaje de Argibay debió ser captado a la perfección en el vestuario porque sólo dos minutos después de la reanudación Yuri se volvía a encontrar con la senda del gol. El partido se rompía y lo hacía a favor de los de casa, como pasaba hace poco más de un mes. Todo el mundo respiraba tranquilo aunque los fantasmas del partido ante el Móstoles volvieron a aparecer en el minuto 56. En ese momento un despiste defensivo y el error de Azparren posibilitaron que Fali se hiciese con el balón, se internase en el área y batiese a Bonis por bajo de tiro cruzado.A partir del minuto 65, tras un último intento infructuoso por parte del Lanzarote de soñar con la remontada dio comienzo el monólogo brasileño del Pontevedra. Primero Yuri y después Igor en dos ocasiones sentenciaron el choque.

You've got a mail

ás veces recibes un email de certa persoa dende lonxe e faiche moita ilusión... a quen non lle gusta que se acorden de el/ela?

que morriña!!!!!!

leo o xornal e sinto morriña, vou ás primeiras clases do cuatrimestre intentando facerme a promesa de ir a clase tódolos días para ter uns bos apuntes e xa agora o vexo difícil. ver como se desaproveita a factoría ponme mala, moi mala, pero saber que isto se acaba en ano e medio, asusta moito. pero polo de agora imos concentrarnos, no futuro inmediato, moi inmediato.

p.d.: xa sei que ultimamente todoo mundo o pide, pero eu tamén necesito moito disto...

18 February 2006

tortellinni con salsa bolognesa

ai, remataron os exames, acabamos o mítico traballo de medio rural, volvín para smellingtown, facendo compañía no montecelo palace ao xefe, miro as notas na secretaría virtual e parece que hai quen está xeneroso (ou quere facernos calar, como pensan algunhas?).
hai quen fixo promesas para este cuatrimestre, com as que se fan cando empeza o novo ano. a ver se eu tamén cumpro as miñas... vou ir quitando o pixama, que xa son horas...
p.d.: as noticias voan...

11 February 2006

edipo



ás veces síntome como el.

escapo da verdade, pero morro por saber...

(non) Sexo en Compostela

Unha das sorpresas que me deparou este curso en Humidtown foron as miñas compañeiras de piso. Como somos catro, moitas veces penso que parecemos as protagonistas de Sexo en NY, aínda que NY quede un pouco lonxe e que sexo asiduo só o teña unha, a que ten mozo (bueno, isto douno eu por feito, porque nunca lle preguntei nin penso facelo). Ademais, nós tampouco compramos en Dolce & Gabbana e Channel pero, iso si, glamour non nos falta. Como diría un profesor que tiven, imos facer unha taxonomización:
V. é a maior. Quédalle só unha para rematar Dereito e esta a preparar as oposicións a subinspector de traballo (ou algo así era). Como tódalas mulleres de pelo rizo, odia a súa melena, que lle xoga malas pasadas, como o día que a su peluquera lle dixo “Ti non sabes potenciar o rizo que tes”. Imaxinade os resultados: ¿Outras peculiaridades de V.? Pois aparte de que inxire litros de leite e de que fala soa polas noites, pois que sólo ela podería sacar un 7 en romano!!
Ao lado da habitación de V., está a de J., a ateniense e futura farmacéutica da casa. Ela tamén sufre polos seus rizos e realmente curioso vela botando gomina no pelo. ¿Que decir de J? Pois que lle teño que dar as grazas por acollerme na súa casa de Atenas, incluso improvisadamente ( por que teñen que cambiar os horarios do tren cando vou eu a Atenas?).
E só me queda falar de T., que acaba de pasar a fronteira. T. estudia Filoloxía Hispánica e debece polo seu profesor favorito. T. É a máis tola de todas, á que me incita a malos vicios e costumes, aínda que grazas a ela o pasado venres tivemos unha noite de festa redonda.
E por último, eu, que como son a que escribe o blog, pídome o papel de Carrie Bradshaw. Xornalista que só se dedica a escribir unha columna de opinión, pero que gaña un montón de cartos, vai sempre súper glamourosa e se lía con tíos súper interesantes, guapos e forrados!

09 February 2006

"Cuando despertó, el dinosaurio todavía estaba allí"

08 February 2006

Tristán e Isolda

Cando a bela estaba deitada de noite, ocupada non seus tristes pensamentos arredor do seu amado, entón penetraron sixilosamente na cámara o seu namorado e o seu médico. Tristán e o amor. O médico amor levaba da man ao seu pacente Tristán, e atopou tamén alí á súa pacente Isolda. Colleu aos enfermos e suministroulles o un ao outro como menciña. ¿Que podería curar a estos dous da súa común doenza por separado mellor que a fusión dos dous? O amor, que todo o enreda, atou os corazóns dos dous utilizando as amarras da dozura con tanta perfección, cun poder tan prodixioso, que quedaron inseparablemente unidos para o resto das súas vidas.
Gottfried von Estrasburgo

07 February 2006

Psicoanálisis de los cuentos de hadas

"Se desexamos vivir, non momento a momento, senón sendo realmente concientes da nosa existencia, a nosa necesidade máis urxente e difícil é a de atopar un significado ás nosas vidas. Como xa se sabe, moita xente perdeu o desexo de vivir e deixou de esforzarse, porque este sentido fuxiu deles. A comprensión do sentido da vida non se adquire repentinamente a unha idade determinada nin cando un chegou á madurez cronolóxica. Este logro é o resultado final dun longo desenrolo: en cada etapa buscamos, e temos que ser capaces de atopar, un pouco de significado congruente co que xa se desenrolaron as nosas mentes"
Bettelheim, Bruno

Cando chegue a casa, tomarei unha boa taza de colacao, que é un bo remedio, non só para os males de amores, senón para todo tipo de males...

06 February 2006

Roy Lichtenstein

I. Voulle facer caso ao consello de marinha e hoxe, cando vaia facer a compra ao súper, mercarei o remedio contra o mal de amores.

II. Preciso a vosa axuda. Alguén sabe interpretar soños? E que xa é a segunda vez que teño un soño parecido. Nel, o meu amor platónico e imposible, pasa de ser o mozo guapo, atractivo, interesante e intelixente que é a convertirse nun tipo repugnante, cun look imposible (no primeiro era look "lolailo" e neste de onte, macarra chungo) e maleducado asqueroso. será este un sinal da miña mente para que dunha vez por todas o olvide e poida continuar coa miña vida?

III. As veces ves cousas que non te deixan nin pestañexar... E logo pasan cousas que, como sempre, son mellores cando saen improvisadamente...

01 February 2006

O demo me leve

ultimamente estame ocorrendo que paso de falar a través dos blogs, a coñecer aos bloggeiros en persoa. a última foi onte a noite, nun lugar de referencia nestes días de exames. seguramente que dende que comecei a ir estudar á mítica -3, el xa estaba alí. pero non foi ata onte cando comezamos a falar. foi unha conversa, a verdade, moi interesante: literatura (ciencia ficción; o gran gabo, deus do xornalismo...), informática, facultades desastrosas e moitas cousas máis. a verdade é que me sentía un pouco parva ao seu lado, falábame tanto de realismo máxico como de distopías ou dos seus ancestros... ai! que poucos rapaces así de cultos hai polo mundo adiante... esperemos que non se cumpra a súa teima...

Princesas

Lin hai tempo nunha entrevista a Candela Peña que estivera toda a vida esperando para traballar con Fernando León de Aranoa. Que tódolos traballos que fixera antes, facíaos pensando nel, para que un día a escollese para traballar nun dos seus filmes. Ás veces penso, que igual esa é a cuestión, a razón de todo... Ás veces hai que esperar para lograr o que un anceia...