Tristán e Isolda
Cando a bela estaba deitada de noite, ocupada non seus tristes pensamentos arredor do seu amado, entón penetraron sixilosamente na cámara o seu namorado e o seu médico. Tristán e o amor. O médico amor levaba da man ao seu pacente Tristán, e atopou tamén alí á súa pacente Isolda. Colleu aos enfermos e suministroulles o un ao outro como menciña. ¿Que podería curar a estos dous da súa común doenza por separado mellor que a fusión dos dous? O amor, que todo o enreda, atou os corazóns dos dous utilizando as amarras da dozura con tanta perfección, cun poder tan prodixioso, que quedaron inseparablemente unidos para o resto das súas vidas.
Gottfried von Estrasburgo
2 Comentarios:
Soan ventos de romanticismo por estas terras, e soan moi, moi ben. Estou un pouco hormonal e me encanta... voltaremosss
madeleine, non imaxine cousas que non son. simplemente me gustou o texto e punto. como dirían os horteras, sigo a ser un "corazón solitario". ;)
Post a Comment
<< Home