Roy Lichtenstein
I. Voulle facer caso ao consello de marinha e hoxe, cando vaia facer a compra ao súper, mercarei o remedio contra o mal de amores.
II. Preciso a vosa axuda. Alguén sabe interpretar soños? E que xa é a segunda vez que teño un soño parecido. Nel, o meu amor platónico e imposible, pasa de ser o mozo guapo, atractivo, interesante e intelixente que é a convertirse nun tipo repugnante, cun look imposible (no primeiro era look "lolailo" e neste de onte, macarra chungo) e maleducado asqueroso. será este un sinal da miña mente para que dunha vez por todas o olvide e poida continuar coa miña vida?
III. As veces ves cousas que non te deixan nin pestañexar... E logo pasan cousas que, como sempre, son mellores cando saen improvisadamente...
II. Preciso a vosa axuda. Alguén sabe interpretar soños? E que xa é a segunda vez que teño un soño parecido. Nel, o meu amor platónico e imposible, pasa de ser o mozo guapo, atractivo, interesante e intelixente que é a convertirse nun tipo repugnante, cun look imposible (no primeiro era look "lolailo" e neste de onte, macarra chungo) e maleducado asqueroso. será este un sinal da miña mente para que dunha vez por todas o olvide e poida continuar coa miña vida?
III. As veces ves cousas que non te deixan nin pestañexar... E logo pasan cousas que, como sempre, son mellores cando saen improvisadamente...
8 Comentarios:
o que che está dicindo o teu subconsciente é que quizais tes demasiado idealizado a ese amor platónico. por iso despois se transforma nun macarra e nun lolailo. resumindo, eu creo que tes medo de telo demasiado idealizado e que despois descubras que non é tan marabilloso coma ti pensabas... tes medo e por iso dubidas. se o paras a pensar ten bastante lóxica.
é verdade!!! que os de Sarabela actúan este xoves e venres en Atenas!! ;) teño que coller as entradas!!
o que me tortura non é descubrir que non é tan marabilloso (non dixen xa que é un amor imposible?). o que me tortura é que sexa imposible,que sempre me fixo no home equivocado e no momento e lugar equivocado. tortúrame non velo nunca, pero que se alegrase tanto a última vez que falei con el fixo que tremese coma un vimbio...
cantoo as envexo polo da obraaaaaaaaaaaaaaaaaaaa!!!!
xornalistiña, estou cen por cen dacordo coa teoría de aultre narai respeito do seu soño...
pois intenta que non che afecte tanto a súa prencia... xa sei, é moi fácil dicilo. pero dicho a alguén con tendencia a idealizar a todo bicho do que se namora (e non me preguntes porque, que non o sei). eu máis ben penso que igual non é que te namores do home equivocado... igual o problema é que non saben que a persoa que lles convén es ti. faillo ver!!! fai que se namore xDD
a primeira obra que vin de Sarabela foi a do Lapis do Carpinteiro. impresionante. e xa me avisaron que esta está moi ben :D aparecerá o Heroe por alí??
xa vos contarei que tal!!
Eis! Já sei que nestes temas o melhor é que os homes esteamos calados coma pitos. Pero.... caráfio Xornalistiña!
Do pouco, pero bom, que falamos outra cousa nom se pode tirar, pero que es lista davondo para nom deijar que isto poda contigo, isso seguro! ;)
Doutra cousa nom, pero de amores imposíveis e platónicos ainda sei um cacho. Muito bonito, sobre todo quando há umha boa amizade e afeiçom , e um quer crer cas noites interminaveis (ogalha duraram sempre!) de conversa e confidência que nom levam a ningures significam cousas que nom som, ou os sentimentos podem mudar co tempo...
Mais quando um se decata de que a amizade é o unico, e maravilhoso, que pode ter compre pôr os sentimentos a um lado e tentar afazarse a elo....
(Que bonito é singelo na teoria....
reitérome: non o teño idealizado, non teño medo e sei moi ben o que sinto. sei que non é perfecto, que ten moitos defectos, pero gústame igualmente. o que me raia e que nesta época non o vexo, pero nuns meses volverei velo, e sinto como que ata entón a miña vida está como en puntos suspensivos...
"igual o problema é que non saben que a persoa que lles convén es ti. faillo ver!!! fai que se namore xDD". aultre, estas palabras dinme moito pero non son capaz de contestar.
fer, moitas grazas polas túas palabras, non sabes o identificada que me sinto... a ver cando nos vemos pola biblio e mantemos outra conversa desas... e gracias polo cumprido e sorte para o exame!
p.d.: non é un amor imposible no tocante a non ser correspondida (non sei moi ben o que el sinte: ás veces penso que el tamén me corresponde (pequenos detalles, palabras...) e outras penso que pasa de min..., senón a que non pode ser por outros motivos. uff, isto soa en plan romeo e xulieta, jeje
ai!!!!!!!!!! ufffffffff como te entendo... :)
xa me contestarás
un dia destes teras a miña contestación, non te preocupes, aultre. ;)
Post a Comment
<< Home