O demo me leve
ultimamente estame ocorrendo que paso de falar a través dos blogs, a coñecer aos bloggeiros en persoa. a última foi onte a noite, nun lugar de referencia nestes días de exames. seguramente que dende que comecei a ir estudar á mítica -3, el xa estaba alí. pero non foi ata onte cando comezamos a falar. foi unha conversa, a verdade, moi interesante: literatura (ciencia ficción; o gran gabo, deus do xornalismo...), informática, facultades desastrosas e moitas cousas máis. a verdade é que me sentía un pouco parva ao seu lado, falábame tanto de realismo máxico como de distopías ou dos seus ancestros... ai! que poucos rapaces así de cultos hai polo mundo adiante... esperemos que non se cumpra a súa teima...
5 Comentarios:
O mesmo digo eu! Pero vai-me arder a cara!
Passei-no mui bem! Pena de nom teres mais tempo. Malditos exames!
This comment has been removed by a blog administrator.
Oes! Já nom passas pola biblio? ;)
(Ouuups! Envie-no duas vezes!)
claro que si! o que pasa que estes ultimos días foron un pouco raros (xa che contarei...). onte a noite estiven e vinte, pero cando volvín mirar xa non estabas... es un pouco fantasmagórico... esta noite volverei pasarme por alí...
Great blogg you have here
Post a Comment
<< Home