…and I don’t know what to do, cause I’ll never be with you
esta mañá espertei entre suores. gustaríame ser como unha avestruz, meter a cabeciña nun buraco, sacala e que tódolos problemas estivesen solucionados. gustaríame que todo fose moito máis sinxelo. gustaríame que as cousas tivesen acontecido doutro modo. gustaríame que as cousas pasasen cando teñen que pasar. gustaríame deixar de ser “-istiña” e ser “-ista” xa oficialmente (aínda que eu xa me sinta “-ista” dende hai moito tempo...). gustaríame quedar toda a vida debaixo da ducha, co chorro de auga queimando o meu pescozo. gustaríame ter un teletransportador como os das pelis e, como na canción, “hago ‘chas’ y aparezco a tu lado”. mellor dito, gustaríame estar en tres sitios á vez. ou en catro. gustaríame que esta clase de cousas me pasasen linealmente no tempo. gustaríame que algún día poida deixar de escribir esta clase de posts, escoitando cancións tristes de Ismael Serrano, co pelo mollado e dopada a Saldeva forte. gustaríame non ter que dicir “gustaríame” nunca máis. gustaríame ser feliz...
2 Comentarios:
Identifícome demasiado co que acabo de ler...Gustaríame saber que dicirche que non sexa un tópico, gustaríame axudarche, por tantas cousas...
Ese salmón de carrefur!!!
ismael serrano?????????
outro dos meus ídolos1!!!
Post a Comment
<< Home