por fin!
Por primeira vez en todo o curso, teño unha asignatura que me motive!!!!
Por certo, que inculta son neste tema!!!
Vaia tempo,eh. Empeza ben o día. Non para, á que se pon a chover non ten parada. Antes todos chamabamos pola chuvia, que se había seca, que se secaba a verdura, que se no inverno había arder o monte, qué sei eu. E agora aí tedes chuvia. Toma chuvia. E a min gústame a chuvia, eh, coidadiño, que se me falta moito tempo aínda parece que me falta algo
3 Comentarios:
A min tamén me motiva moito. Pero non é a primeira vez. Xa me pasara antes...
Aí imos, amando, aprendendo, visionando, morrendo de placer con cada fotograma!
quen mo ía dicir, que me ía emocionar tanto nunha clase! esperemos que non nos defraude!
oko, eu refírome só a este curso. a verdade é que a carreira decepciona, pero iso non fai que esta deixe de ser a mellor profesion do mundo!
Post a Comment
<< Home