19 April 2007

O de onte foi un día surrealista: Primeiro, porque resulta que finalmente vou pasar seis meses facendo prácticas aló. E, segundo, porque tras varios días pensando que non ía dar atopado complementos que foran a xogo para o vestido que merquei para o acto de licenciatura, finalmente merquei outro vestido que xa vira e que me encanta e co que non teño problemas para combinar (é o que ten que este sexa branco e negro, e non de cor beige, coral, marrón raro, etc.)Agora só falta que ninguén máis merque un vestido da marca 'Yobordo' de cor branco e negro por debaixo da rodilla. E o mellor de todo sería que cando vaia probrar a chaqueta de Mango que vin hoxe, quede ben co vestido!
Dios, nunca imaxinei que rompería tanto a cabeza con este tema! Se ata tiven un pesadelo o outro día!

(podedes ver o vestido indo a yobordo.com, pinchando en coleccións, seleccionando primavera-verano 07, e alí está, o do centro)

05 April 2007

mmmmmmmúsicas

Despois de moito pensar, aquí estas as miñas cinco cancións para esta cadea de mmmmmmmúsicas (por encarga de fer e encompostela), que consiste en que os blogueiros digan as súas cinco cancións favoritas para follar (facer o amor, en versión fina). A verdade é que eu paso de poñer aquí directamente os videos, poño os links para non facer un post tan looooongo. Por outro lado, teño que dicir que me costou de carallo facer isto, porque nunca me parara moito a pensar nisto, e non son de eu moito de poñer músicas neses "momentos íntimos". E teño que dicir tamén que non penso pasarlle o encargo a ninguén, que creo que xa está practicamente todo o blogomillo convidado. Bueno. pois aí vai!

-Alicia Keys: Fallin'. Si, xa sei que tamén a puxo oko, pero é que esta é a canción ideal para follar e a se algún día fixeran un disco de temas para facer o amor este tería que ser o primeiro da lista. É que Alicia Keys é a xefa!!! (Si, confeso, fíxeno con esta canción de fondo...)

-Roberta Flack: Killing me softly. Sen dúbida, as voces das negras son o mellor para esta clase de cousas...

-Aretha Frankling: I say a little prayer. E outra vez unha muller negra. Pero nesta ocasión, póñovos un fragmento de "A voda do meu mellor amigo", o filme que a volveu poñer de moda hai uns anos

-Dido: Thank you. E outra muller. Non sei, desta canción só podo dicir que me parece preciosa....

-Alejandro Sanz. Cuando nadie me ve. Sei que poñendo esta canción podedes pensar que son moi chunga e que me arrisco a que Fer me quera deixar, pero teño que recoñecer que esta canción me parece ideal para "hacer el amor"...

E acabo de decatarme que todas as cancións son lentas, que son moi de "facer o amor lentamente". Bueno, non sei, quizais no me covenza moito isto das cancións para follar, xa que dende o meu humilde punto de vista tres minutos de música non dan para moito... Propoño un mmmmmúsicas de discos!