31 August 2005

a primeira vez

onte fun ao primero partido de balonmán da miña vida. e hoxe (dentro dun ratiño) vou ir a presentación do campionato estatal de motonáutica por radiocontrol. isto do xornalismo deportivo é un non parar de actividades superdivertidas. Bueno, teño que confesar que onte, por segundos, facíaseme interesante o partido. non, non pode ser. vaime acabar gustado isto... necesito un médico xa!
lariña, taño que adicarche unhas palabriñas porque parece mentira que me digas que nestes dous anos só destaco iso de ti. como me vou olvidar dos teus ramalazos navalleiros, da nosa compartida paixón por manolo rivas e o seu vástago, da nosa tamén compartida paixón por manolo-tim burton, do teu amor (e o meu odio) por bunbury (retírase!), da túa vea paparazzi, do teu non parar de namorarte, da túa paixón polo incompetente coordinador erasmus que nos fai autoenganarnos coa posibilidade de ser "novoxornalistas", de todo iso e de moito máis no me podo olvidar, miña queridiña makinavalla. Venme visitar a glamorgan!

morriña xornalística

hoxe estiven falando com miña luriña e a miña ojaio... ai! como vou botar de menos á xente cando me vaia. como vou botar de menos os modeliños de pauliña. o likor cafe de xeliña. o humor de diego. os ollos cheos de amor hacia cachi de maki. os chistes malos de pablo. os pitillos compartidos con halle berry. os bocatas de tortilla de belenciña. os comentarios guarros de bolsi. as sestas de oscar en clase. os retorcementos do pelo da barba de asterisco. a perfección de castelló. a insistencia nas redes escarlatas de maria. o "descanse un poco, presidente" de lombao. os momentos frikis e mod con ja. as camisetas ochenteras da tía de reichel. os momentos místicos de mistify. as idas de olla de adela e a tía pura. os bailes de espiño nas catacumbas. non sei,seguro que me olvido de moitos... cómo vou botar de menos cantar con todos vós os rumorosos ata reventar a garganta, ata quedar afónica (nazón de Breogán! ). ai, que só quedan 15 días!

29 August 2005

isto non hai quen o ature

acabo de deixar un comentario no blog doutro blogeiro dicindo que hoxe arrisquei. escribin algo que pensei que o magnánime ogro non me ía deixar publicar. cando me dixo que enviase a páxina alucinei. sentinme ben. pensei que non ía poder pór unha cousa así. non era miña a crítica, senón as declaracións dun fulano. como dixo o home máis guapo do mundo, segundo a muller do pelo de henna, "son declaracións súas, así que aí ti non te pillas as mans". bueno, algo así dixo. por certo, maki, o raparigo é un astro balompédico ao que só lle botei un par de miradas, non te asustes. espero non repetir a experiencia pederástica...

28 August 2005

Esto no es periodismo, ¡esto es literatura!

Estaba eu sen facer nada, simplemente escoitando a radio, cando reparei nun fantástico libro que tiña na estantería da miña habitación: El periodismo es un cuento, de Manuel Rivas. Viñeronme á cabeza todas esas discusións que tiñamos na clases de escrita sobre o tema eterno de debate: xornalismo vs. literatura. Recordei como eu era unha fervente defensora da unión entre os dous, que non se podía desligar xamais ao xornalismo da literatura. Pero tamén recordei como aos poucos días de comenzar a traballar pensei que era unha utopía (adoro esta palabra!) que me deixasen escribir algo como o que fai Manuel Rivas. Xamáis me deixarían pór un titular que non fose "informativo". Relendo o libro sentinme mal, por facer reportaxes informativas, por decidir eu misma que non ía facer algo porque sabían que non mo ían deixar publicar, por ser tan estúpida de non facelo e logo cambialo. Polo menos saber que o intentara. Síntome como se estivese traizoando o que pensaba.
Penso que se len isto os do xornal reiríanse de mi. Chamaríanme soñadora, utópica. Por certo, fora no marabilloso prólogo deste libro (titulado La educación sentimental de un periodista) onde lera iso de "Creo, como García Márquez, que éste es el oficio más hermoso del mundo". Gustaríame gritar isto pola rúa para que o soubese todo o mundo, pero tomaríanme por unha tola.
"Mi padre es albañil. Ha llegado empapado de la intemperie del trabajo. En el suelo, los zapatones parecen dos extraños seres exhaustos, escurriendo el lodo de una vida perra.
Mi madre me mira con un destello húmedo y, de repente, me dice: "Cuando seas mayor, busca un trabajo donde no te mojes".
Pensé que el de escritor podía ser uno de esos trabajos. Por supuesto, me equivoqué. El destino de mi linaje es mojarse.
Digo escritor y no periodista a sabiendas. Para mí siempre fueron el mismo oficio. El periodista es un escritor. Trabaja con palabras. Busca comunicar una historia y lo hace con una voluntad de estilo. La realidad y parte de mis colegas se empeñan en desmentirme. Pero sigo creyendo lo mismo".

27 August 2005

doeme a barriga

hoxe pasou algo inaudito: mario (o meu xefe, o chungo, non mario o meu amigo de toda a vida) díxome as seguientes palabras: "pásalo bien el domingo. buen trabajo". Incrible!! mario dicindo unhas palabras amables. se non o escoito non o creo. cando llo diga aos demais este luns van flipar!! hoxe xa non vou poder durmir do shock... a verdade e que me sinto orgullosa do que fixen hoxe. o xornal de mañá e para gardalo. por certo, hoxe descubrín un dato que fai que me asuste. cada día as miñas tendencias pederásticas empeoran.

25 August 2005

por fin!

"Are you alive? Is there anyone out there?"

puto ordenata

esta merda de ordenador cada día está peor. espero que me dea tempo a escribir antes de que vaia ao carallo. onte tratei de escribir algo eiquí pero a páxina non ía (será outra sinal?). a verdade é que hoxe xa non sei se quero poñer o que ía poñer. estou moi raiada. a miña "psicoanalista" sábeo ben, xa non sabe nin que dicirme. por certo, volvín ter novas do rimador cotracultural da cidade de As Burgas, e foi para insultar á profesión máis fermosa do mundo: a de xornalista. a palabras necias, oídos xordos, xa sabedes. bueno, voume cara a mina xornal-cova, a ver que pasa hoxe.

23 August 2005

gregor

"Cuando, una mañana, el escarabajo salió del estado ninfal se encontró convertido en un chico gordo. Yacía sobre la espalda sorprendentemente blanda y desprotegida y, si levantaba un poco la cabeza, se veía la barriga, pálida e inflada. El número de extremidades se había reducido de manera drástica y las pocas que sentía (cuatro, contaría más tarde) eran dolorosamente carnosas, y tan gruesas y pesadas que moverlas le resultaba imposible".
hoxe quedei para comer coa miña "psicoanalista" persoal, veume moi ben. iso de contar as cousas deixa a unha moi relaxada. ah, vou repetir eiquí unha cousa que parece que non quedou clara: OS DE OURENSE, POR MÍN, COMO SE NON EXISTISEN, QUE A MIN O QUE ME FODE E QUE ME PUTEEN. e volvendo ao de antes, fumos comer ao vexetariano: a comida moi rica, como da outra vez, pero tardan UNHA HORA en servirche o primeiro plato. Por favor, búscade outro cociñeiro!!! bueno, e non sei que máis contar se non é raiar sobre o mesmo de sempre. últimamente estou repetitiva. só vou poñer un veso máis dunha canción: "sé que el tiempo corre en contra mía..." (perdóaselle o erro...)

22 August 2005

canciones para el tiempo y la distancia

non sei porque, pero nestes últimos días dóuseme por escoitar o disco deste gran xenio (grande, grande!!!) e non sei porque recórdame a momentos tristes de pelis, destes nos que a prota vai nun coche (ou tren) pensado nese rapaz que lle gusta, ou nese rapaz co que acaba de cortar, ou... en fin... nun rapaz. nestes días ando un pouco triste. olvídade ao rimador contracultural da cidade de Blanco-Amor (por favor, non pensedes que é por "iso") algúns avispados igual xa sabedes porque é. pero non penso dicir nada eiquí. tomei o apagón tecnolóxico como unha sinal e vouno cumprir ata o final.
por certo, no inicio desta singradura fixen moitos links con meus íconos. o outro día falando con alguén, decateime de que non fixera un link cuns grandes xenios. perdoa, anthony!
por certo, outra "cosita" máis: non dixen nada do festival de hip-hop (sábado) nin do corcerto de lamatumbá+diplomáticos(domingo). só un pequeno apunte: grandes!!! carlos blanco, grande!!!!
o tren que me leva pola beira do Miño...

cabreo e cansanzo

estou diante do ordenador o non me apetece facer nada. fixen varias chamadas. e non me dixeron nada novo. que raro. como di o título, estou cansada e cabreada. o primeiro, porque me acostei ás 3 da mañá, e o segundo, porque onte puteáronme de mala maneira. nestes momentos gustaríame estar na cama, durmindo, sen preocupacións...é que creo que dun momento a outro se me van pechar os ollos.
cambiando de tema, onte foi unha data histórica, alguén dixo: "tódolos homes son uns gilipollas excepto dous: o meu pai e o meu noivo". Si, recoñeceuno!!! Ai!, pouco a pouco, vamos quedando poucas "solteras y sin compromiso". estádevos aburgesando todas. dentro de pouco imos ir Xela e máis eu soas por aí para afogar as nosas penas no alcol, porqe vós quedades cos mozos e abandónadenos. aínda que xela ultimamente tamén está quedando moito cun rapaz... y no digo más.
bueno, vou facer unhas chamadiñas.

21 August 2005

mi furia paranoica

estiven escoitando o disco de ivanciño e amaro... facía moito que non o escoitaba un rato. un disco que, como diría a miña amiga xela, é boyante!!!! vou deixar aquí pedaciños desas cancións.... é que nestes últimos días, como xa dixen, danme ganas de contar cousas aquí, para liberarme, para bótalo todo para fóra. pero teño que controlarme, porque non quero contar esas cousas aquí...

"Noté lleno de arena el corazón (...). Llegué después de algunos años y partí en el segundo en que llegué..."

"Que me tropiezo con algo inesperado, que me mareo sin saber qué hacer, tú lo dijiste un día:"te quiero pero no sé bien por qué...". Yo respirando..."

"Que aunque pienso en abrazarte, que aunque pienso en ir contigo (...) me lo dicen en los bares es algo que llevas dentro"

"Se que corre en contra mía, que el tiempo muere en cada instante (...) envidio el toque de su ropa"

"Para que la luna llena nunca choque contra el suelo (...) ¿por qué han de ser escondidos los secretos y los sueños? (...) Y aunque todo ha terminado, de hecho, todo está empezando (...) somos los únicos miembros de una sociedad secreta..."

"Sí..., eres espectáculo, espectáculo... y tú, ni siquiera lo llegas a notar... Si dices mi nombre es espectáculo. Y me tiemblan las entrañas y se aprietan las paredes deste mundo"

"Te inventaré. Te inventaré en cualquier mirada. Cualquier gesto. Cualquier cama... Te inventaré cada mañana".

20 August 2005

Fai un rato escribín algo moi íntimo. Xamais pensara en publicar neste blog algo tan meu. Xa no mesmo texto dicía que igual me arrepentía de facelo. Pero sentía que tiña que facelo para “liberarme”. Pois ben, o ordenador de súpeto apagouse e foi todo ao carallo. Tomeino como unha sinal. Ademais, se un texto se perde, perdeuse. Non me gusta escribir algo así recordando como o escribín. Así que vou poñer neste espazo algo que fai tempo que quería pór.

“Un sentimiento caliente, espinoso, de vergüenza, se extendía desde la cima de la cabeza de Harry hasta todo su cuerpo. Dumbledore no había levantado su voz, él hasta no parecía enfadado, pero Harry habría preferido que gritara; aquella decepción fría era peor que todo”.

“…porque te miro a los ojos y no me sale la voz. Si pienso en ti, siento que esta vida no es justa. Si pienso en ti y en la luz de esa mirada tuya (…).Y nunca vas a saber cómo me siento, nadie va a adivinar cómo te recuerdo…”.

tim burton es diossssssssss!!!!

esta semana fun ven, por fin, o último filme de Tim Burton (este tío é Deus!!!): Charlie e a fábrica de chocolate, basada na obra de outro xenio (Roald Dalh) e con outro xenio interprentando ao xenial Willy Wonka.(Jonnhy Depp). non hay palabras para describir o que sentín, marabilloso!!! o final é un pouco desconcertante porque é diferente ao libro e engade algunhas novidades pero ben! cando acabou o filme pensei: quero máis!!! quero ir a esa fábrica, quero coñecer a charlie e a Willy Wonka, Jonnhy Depp é o mellor. xa sei que digo parvadas e en realidade non digo nada sobre a peli pero é que Tim Burton déixate sen palabras. Willy Wonka! Willy Wonka! Willy Wonka!

harry potter

acabo de decatarme que con estes días de "abstinencia blogeril" non puxen nada de harry potter. e é que xa rematei de ler "harry potter e o prínicpe mestizo"!!!!!!!!!!. non vou desvelar nada porque se mario le isto e se entera de todo antes de ler o libro, mátame. Así que non direi nada dos líos amorosos (só que este libro parace "Al salir de clase" por todolos líos que hay) e que me decepcionou un pouco... por certo, que vin o trailer de "harry potter y el cáliz de fuego" e case me dá un infarto, ten moi boa pinta e ademáis, vese que o actor que fai de harry(pésimo actuando) vai por moi bo camiño e que nuns anos non vai a estar mal (estas tendencias pederásticas xa sei que non son boas e que me valen moitos puteos pero...). por certo, o mellor de todo é a peli que fun ver o día que vin o trailer, pero iso merece unha entrada aparte.....

boyaaaaaaanteee!!!!!!

boyante1.
(Del ant. part. act. de boyar).
1. adj. Que tiene fortuna o felicidad creciente.
2. adj. Mar. Dicho de un buque: Que por llevar poca carga no cala todo lo que debe calar.
3. adj. desus. Que boya.

boyante2.
(De buey1).
1. adj. Dicho de un toro: Que acomete de modo franco.

boyante! ai, xela, canta razón tes, non sei como podo aguantar isto, é que é un sufrimento (jejeje, xa che gustaría a ti ter que "sufrir" deste modo). eu creo que no me subconsciente sabíao, pero que non quería admitilo, pero a túa reacción abriume os ollos. porque eu non quería atoparme con algo así nese contexto e claro, a miña mente dicía: "non, non,ti ao teu". pero claro, ante tal fenómeno da natureza. non pode ser. a natureza é inxusta... ai, xela, e iso que ti só o viches nun 10% do seu esplendor!

12 August 2005

Ánxela, guapa!!! De maior quero ser coma ti!!

xa sei que levo moito sen escribir. pero é que estiven liada... esta profesión xornalística, que non me deixa vivir...(jeje). Pero hoxe foi un día... vin a Ánxela Bugallo en persoa! guapa! guapa! e que ben fala! Os outros quedaron como patáns ao seu lado. valeu a pena unha hora en coche de atascos para ir ao porto dos pijos de sanxenxo!!! para ver a Ánxela! Eu de maior quero ser como Ánxela!!! E a Teresa Pedrosa quedou de petarda ao seu lado. Coa elegancia de Ánxela...
Bueno, cambiando de tema: estoume concienciando de que nun mes e poucos días, voume. Pero non o penso moito, porque me asusto. Teño que sacar o carnet de estudiante europeo, o da seguridad social europea e mil caralladas máis. pero iso non é o peor... só de pensar que ata tres meses máis tarde non volvo... que non vou a estar en santiago o curso que ven... que non vou desaiunar os cafés e os croissants de suso... que non vou comer as croquetas asasinas de suso... que non vou ter a manolo para pedirlle o estudio de radio, que non vou ter a manolo para que nos axude a editar, que non vou ter a manolo para que nos grave unha entrevista no estudio de radio, que non vou a ter manolo para que para que nos axude en coas cintas...
ai! que vos vou botar de menos!!! que só vou ter alí a my friend eugenia... pero bueno, a ver se temos sorte e atopamos mozos guapos como os do catálogo que nos enviaron... jeje! por certo, ojaio: manda ao outro a tomar polo cu.