Kara.o.ke

Aínda que el non o crea, si que ten fans e eu son unha delas... E xa levantei envexas por falar con el... Foi unha das entrevistas que máis ilusión me fixo na miña vida, así que xa sabedes todos: a escoitalo! Por certo, que non lle dixen que somos case veciños (a miña nai xa me preguntou como se chamaba para averiguar quen era...) pero un día asaltareino pola rúa e direillo (a tamén lle preguntarei que opina de que nos concertos lle berren "paquentoncio!!", en referencia, non á súa calidade musical, senón a certa parte do seu corpo...).
(A foto collinlla a Ghanito, que me molou...)
4 Comentarios:
Ainda non escoitei nada, pero prometo facelo. Bicos desde a Costa da Morte
Claro que ten fans, ou senón, que faciamos berrando como tolos o sábado na Alameda? Mou-ren-te, Mou-ren-te!!!!
quen serán @s tol@s que berrarán esas cousas, pordiós!!!
;)
Son fans, pero me parece muy bien que aún continuan con estas labores. Thanks for this article. It's amazing.
Post a Comment
<< Home