26 May 2006

Amo a Laura (versión porno)



Sacado do blog de Ghanito

23 May 2006

R.I.P.?

Non vos estrañedes se un día destos morro. A investigación de xornalismo especializado, o documental de tele, as críticas de cine e demais traballos non me deixan tempo nin para ir ao súper a por leite. Espero sobrevivir por terceiro ano consecutivo a este agobio...

19 May 2006

Chamada dende Roma

Encantoume falar un ratiño con ela...

(Foto realizada por Madeleine)

17 May 2006

Día das letras galegas


Fume de pipa Saudade

Noite Silenzo Frío
E ficamos nós sós
sin o Mar e sin o barco
nós.

Manuel Antonio. De catro a catro

14 May 2006

galega ou catalana?

Hai uns días, a miña compañeira de piso foise depilar a unha perruquería de Humditown. O mellor de todo foi cando chegou a casa e nos contou que nese "centro de estética" tiñan uns nomes moi orixinais para as diferentes clases de depilación da ingle. Eu, de toda a vida, falei de depilación normal (a que me fago eu e a meriande parte das mulleres, ou iso creo), depilación brasileira (déixanche só un trianguliño) e a depilación total (a que non penso facer na vida porque podería morrer coa dor, coa pel tan branca e finiña que teño). Pois ben, nesa perruquería, á depilación total chamábanlle depilación catalana, e á depilación normal, depilación galega. E eu pregúntome, isto que significa? que as catalanas son todas tan valentes que se depilan todiño? que as galegas somos máis de deixar iso cun aspecto máis natural? (dios! como digo isto sen ser bruta?). O único que sei é que a próxima vez irei depilarme aí, só pola curiosidade de ver como me explican as diferentes clases de depilación (bueno, é porque ao parecer é máis barato e a miña compañeira de piso dixo que non lle doera nada...).
NOTA: alguén coñece algún outro nome para esta clase de cousas?

13 May 2006

Os lapóns teñen sotaque do Morrazo

Co gallo do día do libro, agasalláronme cun libro de Arto Paasilinna, editado en galego pola recentemente creada Rinoceronte. A verdade é que O bosque dos raposos aforcados encantoume. É raro para min ler unha novela ambientada nunhas terras que me recordaron moito a outro bloggeiro. Pero o mellor de todo foi ver como o entreñable personaxe dunha vella muller lapona falaba con gheada e seseo. Porque nos libros traducidos ao galego sempre se recorre ao seseo e á gheada para representar outro sotaque diferente na lingua orixinal?
Por certo, comparto por completo a opinión de que a tradución é un elemento fundamental no camiño cara a normalización.

Frikismo



Acabo de ver isto no blog de iarrovawo. escachei coa risa, pero se algún día me chega a pasar o que á prota podería morrer!

11 May 2006

Só polo feito de que el me trouxera un colacao, mereceu a pena pasar todo o día como vocal-secretaria na mesa electoral. bueno, e tamén polos 37,40 euros que pagaban...
Foi grandioso ver ao decano da facultade discutindo con Carme Hermida!
p.d.: non, non estou morta. simplemente é que ultimamente ando tan liada que non teño tempo nin de pasar por aquí.

04 May 2006

Uff!

Este blog anda un pouco parado ultimamente. A verdade é que non teño moito tempo para escribir, e cando podo non me apetece moito, principalmente por un motivo. hoxe volvo outra vez antes do habitual a teucro. e terei que estar de casa para aló. e se a isto sumamos os miles de traballos que teño que facer... Uff, e por riba, está aquí de novo a miña amiga.

p.d.: e xa van dous meses...