galega ou catalana?
Hai uns días, a miña compañeira de piso foise depilar a unha perruquería de Humditown. O mellor de todo foi cando chegou a casa e nos contou que nese "centro de estética" tiñan uns nomes moi orixinais para as diferentes clases de depilación da ingle. Eu, de toda a vida, falei de depilación normal (a que me fago eu e a meriande parte das mulleres, ou iso creo), depilación brasileira (déixanche só un trianguliño) e a depilación total (a que non penso facer na vida porque podería morrer coa dor, coa pel tan branca e finiña que teño). Pois ben, nesa perruquería, á depilación total chamábanlle depilación catalana, e á depilación normal, depilación galega. E eu pregúntome, isto que significa? que as catalanas son todas tan valentes que se depilan todiño? que as galegas somos máis de deixar iso cun aspecto máis natural? (dios! como digo isto sen ser bruta?). O único que sei é que a próxima vez irei depilarme aí, só pola curiosidade de ver como me explican as diferentes clases de depilación (bueno, é porque ao parecer é máis barato e a miña compañeira de piso dixo que non lle doera nada...).
NOTA: alguén coñece algún outro nome para esta clase de cousas?
NOTA: alguén coñece algún outro nome para esta clase de cousas?
7 Comentarios:
Buah. que noxo! Grazas por poñer este post, "me lo débías" (12x12)
A palabra que queres... ¿non sera tortura?
ás veces pregúntome se son centros de "estética" ou máis ben de ESTUPIDEZ...
Jajaja Sólo falta eso de "gallego el último" como sinónimo de cobarde. Pero vamos a imaginarnos que no lo hacen de mala leche, que tan buen método es depilarse todo como lo imprescindible, no tiene por qué ser negativo. Por cierto, ¿el centro de estética ese es gallego???
que tal chamarlle á depilación -así en xeral- masacre ou acto de vandalismo?
moitas grazas polas vosas aportacións! a verdade é que eu tamén comparto o de tortura, acto de vandalismo, masacre...
E eu! E eu!
Sodes umhas santas! Umhas martires!
Nom sei como podedes faze-lo mais dumha vez na vida!
Post a Comment
<< Home