Os lapóns teñen sotaque do Morrazo
Co gallo do día do libro, agasalláronme cun libro de Arto Paasilinna, editado en galego pola recentemente creada Rinoceronte. A verdade é que O bosque dos raposos aforcados encantoume. É raro para min ler unha novela ambientada nunhas terras que me recordaron moito a outro bloggeiro. Pero o mellor de todo foi ver como o entreñable personaxe dunha vella muller lapona falaba con gheada e seseo. Porque nos libros traducidos ao galego sempre se recorre ao seseo e á gheada para representar outro sotaque diferente na lingua orixinal?
Por certo, comparto por completo a opinión de que a tradución é un elemento fundamental no camiño cara a normalización.
Por certo, comparto por completo a opinión de que a tradución é un elemento fundamental no camiño cara a normalización.
10 Comentarios:
Pois e curioso, si.
Eu tinha visto anuncios na BBC dun home remando nun lago e falaba ingles con acento escoces e era cravadinho ao acento de Bueu cando preguntan algo.
tes razón, acedre. isto dos sotaques é moi curioso. unha amiga tamén me contou que os venecianos falan italiano con acento mexicano. jeje!
pois dacordo tamén co tema da normalización. xa teño ganas eu de meterlle o dente a algún exemplar de rinoceronte!!!
(había algún protagonista marinense frustrado sen sabelo?)
vaia, vaia cos de Rinoceronte. que vergoña!!! que se supón que xa case son tradutora de galego!!!! :(
eu que non entero de nada... como se nota o "amor" que lle teño eu á miña carreira... está ben saber desta editorial, moi ben.
ai, aultre! mira que non saber de rinoceronte...jeje! ademais, falouse bastante do tema nos blogs, sobre todo en brétemas,claro.
ademais, gústame moito tamén o deseño dos libros.
oko, a verdade é que os lapóns teñen moito parecido cos marinenses...
Ola a todos!!! Teño unha amiga finesa (por certo, compañeira de catalán na univ, en serio) que hai tempo recomendárame un libro de Paasilinna. Non recordo como se chamaba, pero estaba traducido ao sueco. Obviamente pasei, pero agora é moi emocionante ver que poderei lelo en galego!! E cando llo diga á compi finesa vai flipar polas orellas!!! Por certo, entre as miles de cousas que estudio (dáseme por aí) está un curso universitario de Sociedade Sápmi (a palabra "lapón" sónalles a insulto). Cousa bonita o pobo sami, e moi puteao, con perdón. Pero moito, moito. Tedes fotos no bloggo da Laponia sueca. Foi das viaxes máis marabillosas que fixen na vida. Se alguén lle interesa mergullarse no tema, que contacte comigo.
BICOOOOOOOOOOOOOOOOOOOS!!!!!
que gran honor! un comentario de kiko novoa no meu blog! (cando me enterei caíame a baba..). a verdade é que si que é un tema moi interesante. investigarei cando remate os exames!
Gran honor? Tas de coñas ou que!!!! Hahahahahha. Léote sempre e a diario. Bicaso enooooooooorme. Ah, e cóntame a túa opinión da libro, que estou interesado!
Saúde!!!
This comment has been removed by a blog administrator.
aaaaaaaaaaaaaaaah! kiko, escatoloxicamente dito, estou que non cagho, de verdade!
pois non sei que dicirche do libro. que empecei a lelo e non parei ata chegar a última folla. que ao principio pensei que era unha destas frikadas que lle gustan a fer, pero logo descubrín o interesante que era. como xa dixen no post, encantoume ler sobre esas terras polas que ti andas, como están construídos os dous personaxes protagonistas máis o da vella lapona-morracense que aparace máis tarde (a verdade é que me parecían tan galegos!), a idea de vivir nunha caseta perdida nun monte, a relación de "amizade" entre dous homes tan diferentes e o amor que sinten pola velliña...
uff, só che digo que tes que lelo! moitísimos bikos!!!!
Post a Comment
<< Home