Teucro
Mañá volvo anticipadamente a Teucro. Non só porque teña que arranxar papeis, senón porque o venres operan ao xefe. Non llo contei a ninguén. Bueno, só a unha persoa e moi de pasada, cambiando rapidamente de tema. Non é nada complicado, pero é un tema que xa cansa.
Cánsame tanto como a incertidume de saber que farei da miña no 2007, onde e con quen vivirei o próximo curso... en fin, de que pasará coa miña vida agora que isto acaba...
P.D.: Acaba de chamar miña nai e parece que a operación se apraza. Díxome que o chamara e non teño forzas...
Cánsame tanto como a incertidume de saber que farei da miña no 2007, onde e con quen vivirei o próximo curso... en fin, de que pasará coa miña vida agora que isto acaba...
P.D.: Acaba de chamar miña nai e parece que a operación se apraza. Díxome que o chamara e non teño forzas...
8 Comentarios:
Ânimo meninha, algumhas cousas tenhem que rematar para deixar passo às novas. Cumpre mira-lo como umha oportunidade e um andar mais na vida.
Mil beijos senhorita :)
vaia, pois sinto moito o do xefe. sei de sobra ao que te refires co de que cansa..., tamén sei que é duro para ti. cando te atopes un pouco mellor chámao, halle facer moito ben, en serio. fai o esforzo por el, porque o necesita. e que coincidencia, eu mañá vou á Santa Catabirra que me invitou a miña sister! jejejejej tomerei unha birra á túa saúde.
ánimo chula!!!!! :)
Síntollo moito, e tamén sinto que non quixera compartilo... de tódolos xeitos, moito ánimo, para o que precisen!
non é que non queira compartilo, é que me custa contalo...
entendo que lle coste contalo (moitas veces costa contar o que máis nos importa/preocupa)
xa sabe que aquí ando (para o que precises)
Moitos bkñs e ánimo!
juapa!
(e aínda queda un ano, que coma di o mestre Calamaro ESO ES MUXO TIEMPO!!!)
vas ver como si :P, queda moito que andar e reír pola pedra adiante :D
grazas, cari! quérovos(momento supercursi!!!!!!)
Mirando a ligazón que tes cara unha orla...pensa que non é todo tan malo, polo menos non te apelidas Borrego de Dios coma unha que aparece por alí.
Ale, moito ánimo.
a verdade é que non se me dera por ampliar a foto! e non viches a tejadillos perona?
Post a Comment
<< Home