30 November 2006

ódioa
como alguén pode ser tan irritante?
Revisando os arquivos de cando isto comezou, hai xa ano e medio, vexo que nos inicios soltaba aquí as miñas raiadas mentais case que a diario. pero ultimamente non me apetece. e ademais, facer un post rodeada de xente que coñeces (ou peor, xente que si coñeces) na aula de informática da facultade non motiva nada... e menos cando pensas en analizar a cope ou en inventar un programa de televisión surrealista, e cando tes a cabeza como un bombo e tes que doparte, para aturar unhas charlas inútiles, que me fan sentir que o día ten 40 horas pero que todas elas foron perdidas.
como pode haber alguén que aínda mate por quedar aquí? non sei, quizas algunhas non toleen cando pensan en que facer no futuro...

14 November 2006

Mentras ando enganchada ao fedello...

Hoxe vivín a miña rolda de prensa máis surrealista pero mereceu a pena porque coñecín a ese home, o home que creou o Xabarín. Só con ese dato basta, non si?
E por certo, cando terei valor para presentarme en persoa? (Porfi, da ti o paso...)