29 April 2006

Pinnochio

Despois de seis meses e vinteún días, volvino ver. Cando ía de camiño, o meu corazón latía a cen por hora. Botamos unha media hora de "bo rollo", cotilleando. Ti mesmo o dixeches: "por el interés, te quiero Andrés".
Despois de marchar, decateime de que non me fixara en que roupa levabas, nin en se che crecera ou cortaras o pelo. Cinco horas despois nin sequera recordo se tiñas barba de catro ou de vinte días. Creo que levabas unhas gafas de sol novas, pero non estou segura.
Seis meses e vinteún días atrás teríame fixado ata no teu xeito tan perfecto de pronuncialo "erre". Pero hoxe dáme igual.

26 April 2006

Teucro

Mañá volvo anticipadamente a Teucro. Non só porque teña que arranxar papeis, senón porque o venres operan ao xefe. Non llo contei a ninguén. Bueno, só a unha persoa e moi de pasada, cambiando rapidamente de tema. Non é nada complicado, pero é un tema que xa cansa.
Cánsame tanto como a incertidume de saber que farei da miña no 2007, onde e con quen vivirei o próximo curso... en fin, de que pasará coa miña vida agora que isto acaba...
P.D.: Acaba de chamar miña nai e parece que a operación se apraza. Díxome que o chamara e non teño forzas...

25 April 2006

Benvida!


Temos unha nova bloggeira. Acaba de nacer, tratádea coa cariño...

15 April 2006

City Lights

Dende hoxe, o meu filme favorito.

14 April 2006

Sobre o Teatro da Ópera da Cidade da Cultura

"Mi opinión es que me parece un absoluto disparate, así de simple. Porque cuesta mucho dinero y no pinta nada en Santiago. No tengo nada contra Santiago. Porque es como si… En Coruña no tiene ningún sentido hacer un aeropuerto más grande que el de Nueva York, porque sería estúpido, no hay gente para ello…Tampoco tiene sentido hacer un teatro de ópera de 2000 localidades en Santiago, que es una ciudad de 80000 habitantes. Es de locos. Al tío que se le ocurrió es un loco que juega con dinero público como si fuese suyo. Que haga lo que quiera con su dinero, pero no con el de los ciudadanos.
En un principio iba a ser un Teatro de Ópera, que no tiene sentido ninguno, es un disparate. Estamos hablando de un teatro tan grande como puede ser el Teatro Real de Madrid. Yo con el anterior gobierno del PP, hablé con gente de Cultura, y no tenían ni idea de lo que costaba mantenerlo ni nada. Les dije “vais a necesitar al anos 6000 ó 7000 millones de pesetas” y me decían “¿no me digas?”. “Vosotros que os habeis creido que os va a costar mantener esto?”. ¡No sabían nada! Y les dije “El personal técnico, ¿de donde lo vais a sacar?”. Porque el personal técnico no existe en Galicia, non porque los gallegos sean mejores o peores, sino porque si no se ha hecho antes… En Galicia no hay astronautas porque aquí no se mandan cohetes, tampoco los hay en Madrid ni en Bielorrusia. Esto es algo parecido.
Aquí no hay técnicos para teatros tan grandes. “Pues nos los traemos de Madrid”. Eso, venga, a tirar otros cientos de millones más y punto. Todo así. Es un disparate absoluto. Y a mi me consta que hubo mucha gente en torno a Fraga que estaba en contra. Más de uno en este despacho me lo ha dicho, gente muy cercana a Fraga que estaba completamente en contra. Pero le dio a Fraga y a no sé quien más por ahí, y hubo que hacerlo. Un disparate. Y si a Fraga se le ocurren estas cosas, que las haga con su dinero no con el de los ciudadanos."

Entrevista con Patrick Alfaya McShane,
xerente da Orquesta Sinfónica de Galicia

Non é necesario dicir máis...

13 April 2006

visita a "la curuña"

hoxe (bueno, onte, que xa pasan das doce...) realicei unha productiva visita de carácter profesional-turístico-persoal "al ayuntamiento de la curuña". a mañá empezou coas miñas tres entrevistas, a segunda delas moi interesante, na que me proporciona un nome que creo que me vai ser moi útil. a partires de entonces, quedoume o resto do día para a parte persoal e turística. Tras un paseo pola beira da praia, "contacto" lévame a comer a un italiano (que rico todo!) e alí topámonos con media plantilla do Dépor. logo volvemos pasear un pouquiño, case morro atropelada polo tranvía e visito o primeiro primeirísmo Zara. decidimos ir a prazas de María Pita (que forte o das terrazas encerradas en casetas acristaladas!) e, casualidades da vida, topamos con outro bloggeiro visitando a unha coruñesa. encantoume o día de hoxe. e quero volver a darlle mil grazas a contacto.
p.d.: que forte foi coñecer ao "cuñado" e á moza...

10 April 2006

benedetto!

súmome á súa proposta e advirtolles aos católicos que este non é un blog moi recomendable, xa que a súa autora e desas persoas perigosas das que fala Benedetto XVI, xa que me afastei da doutrina católica. tanto que creo que xa hai máis dun ano que non entro nunha igrexa (agás por motivos artístico-culturais). ademais diso, peco diariamente en moi diversas variantes. e para rematala, vou eu e xúntome cun apóstata...

p. d.: que guapo sae o rabudo na tele!
p. d.2: hai un par de meses (máis ou menos) discutía con dúas bloggeiras que é o amor. eu logo dixen que o amor era falar por teléfono de cousas sen importancia sen decatarte de que pasan 10, 11 ou 15 minutos. hoxe reafírmome.

Anceio

Quizais se deba a que siguen os efectos, pero nestes momentos teño ganas de que me digan que me queren...

09 April 2006

Tópicos que se cumpren

Eu, que sempre me indigno cando me din que ás mulleres nos afectaba moito a menstruación, volvéndonos insoportables ás veces, teño que dicir que este mes cumprín o tópico. Este mes doeume todo: os peitos, a espalda, a barriga... E o que é peor, afectoume ao humor. Así que, de súpeto, empezaba a chorar a lágrima viva sen ningún motivo, pensando que todo o mundo era unha merda, só con ganas de meterme na cama e espertar cando todo pasara. Ademais, a iso sumouseme unha pequena dolencia (nada grave, non vos asustedes) que por momentos me fixo ver as estrelas... E por riba puxéronme unha inxección. E cal foi a miña sorpresa cando o enfermeiro me di: "no, es en la nalga...". Pobriño, todo o que tiveches que aturar este venres ao meu lado. Grazas, e espero que isto non se volva repetir...

04 April 2006

nunca me olvidarei de...

unha mensaxe ao móbil, Truman Capote, galletas "petit ecolier" molladas en leite frío, un café na Quintana, Good night and good luck, pasear polo Obradoiro e observar a catedral dende un recunquiño, risas, croissants á plancha, topiños, Almodóvar, mensaxes inesperadas ás tres da mañá, un gorro de bruxa, nata montada, Manuel Antonio, confesións, colacao, sofás, bibliotecas, xornalismo especializado, Santi Millán, a -3, George Clooney e Charlize Theron, física non lineal, chamadas que son todo un reto (superado), Asimov, chocolate con tona, Luar, alta cociña, a cociña, purrrpo!, Paco Vázquez, "Carmiña", te de canela, chocolate ou melocotón, pupilas dilatadas, Manuel Rivas, as marabillas da rede, o porrón, De catro a catro, unha postal, García Márquez e Cien años de soledad, masaxes, os raios N, un bolso de Prada, a Piazza de San Pietro, unha chamada, historia do cinema, bágoas, Juan Reyes, amores platónicos, Edipo, rotuladores carioca, escritorio, software libre, botas feas, frikismo, mil beijos, gafas, física matemática, o Avante, Nosferatu, a estación do tren, bailarinas vermellas... ¿olvido algo? Seguro que si...