29 June 2005

aaaaaaaaaaah

que gran día! por fin remataron os exames!!!!!! vou rañar a barriga como fan outros... agora só falta que saian as notas... uff! vou "rezar" por que se non xa sei o que me queda... pero o que me compensa é que por fin o dinosaurio marcha!!!!!! bueno, vou rañar a barriga!

23 June 2005

visitas

contáronme que certas persoas socialmente relevadas visitan este humilde e cutre blog. oh! quen me ía dicir a min que ese gran mártir da patria se dignaría a pasearse por estos lares.... ooooooh!

para lara

Non queres que te putee, pero é tan fácil, tan, tan fácil. Por certo, que cando dicía que alguén non soltaba a manolo non me refería a ti, guapita, senón á nai e muller deses prodixios da natureza! deses "de tal palo, tal astilla" tan chondos.

21 June 2005

cabreo

non escribin nada ata agora porque quedei moi depre polo do domingo á noite. temos tan mala sorte que seguron que conseguen o escaño de Pontevedra. nisto non son nada optimista. estou tan depre que non sei que contar. nin a manipulación das imaxes nas que aparecemos lara e máis eu na tvg me fan graza ( agora si que río co meu galego supernormativo). ala, a estudiar soengas, que es superentretenido.

19 June 2005

dóenme os pés

Xa rematou a miña experiencia como falsa madriña, que basicamente consistiu en sacar unha foto. A experiencia tamén me serviu para coñecer á dobre de Julia Otero e para comprobar que na memoria dos curas, Wojtyla aínda está vivo. E é que o cura dixo en medio da misa: " y el papa Juan Pa... eh... Benedicto XVI...". Tamén me serviu para descubrir que á xente cada día váiselle máis a olla e levan ás nenas como se fosen noivas, con ramo de flores e todo. A xente está moi jillada.
O outro dato importante do día é que votei! Por primeira vez na miña vida votei para tentar botar a Fraga e cía. A ver que pasa. Esta noite saberémolo. Oxalá!

charlie...

XA QUEDA POUCO... AI, JOHNNY...

tim burton

este é outro deses iconos margaritianos. é todo un personajillo. é único. nada incomparable. e dende que manolo (técnico) está mutando e cada día se parece máis a el estou que non regulo. canto vou botar de menos a manolo (técnico) alá en glamorgan. quen me axudará agora a usar o avid? con quen falarei para facer entrevistas por teléfono? a quen lle pedirei que me abra a cabina? quen me dira cantas dioptrías teño? quen me vai dicir agora que non podemos grabar porque o estudio está ocupado? quen?

para maki

Esta web vaiche encantar. O lugar ideal para o banquete de vodas.

cachi cachi

ai! manolo xa está pillado hai moito e parece que non o vai soltar, así que teremos que ir buscando outro. pero ti, maki, non te alteres tanto que xa hai un paxariño revoloteando por aí, que despois de moito escalar chegou á punta do Everest

18 June 2005

exames

As miñas ganas de estudiar son cero. Aínda faltan uns poucos días para o exame de soengas. Pero co conto de que dá tempo, deixo pasar os días e non fago nada e logo chega o día antes do exame e estou toda agobiada. En fin, o de sempre. Creo que é un mal conxénito do estudante.

ivanciño

este é un blog moi recomendado... é que iván é un deus da música. só el pode cantar así... (tu risa fue espectáculo, eres espectáculo, espectáculo!!!!!)

tic-tac

pero non me olvido de suso...

outra vez manolo

manolo...

non se pode escribir tan ben e estar tan chondo... pero é que manolo....

jon

outro dos meus ídolos xornalísticos. eu de maior non quero ser como Beckham. eu quero ser como jon

angels

ai! unha das miñas ídolas xornalísticas marcha. volve a tv3. envexo ós cataláns, porque só eles poderan disfrutar desa gran comunicadora.

viva buenafuente..........y su princesa

e dun catalán a outro. lara, xa sei que pensas que son unha pesada con buenafuente, pero é que ese tío é marabilloso. pero o que non me mola nada é que agora a todo o mundo lle guste. eu xa o coñecía cando só era coñecido en Catalunya. Eu xa vira o seu potencial nos zapping... Como envexo a Carolina Ferre...

quim monzo

un dos mellores cuentistas. eu diría que o mellor dos que están vivos, aí no cumio da montaña rivalizando con manolo

falsa madriña

isto de ir de falsa madriña é unha carallada: que si o vestido, que si os zapatos, que si alisar o pelo. se o sei non vou.

dia D

Hoxe pode ser o último día da era fraguiana. Iso espero. Por favor, hai que botalos. VOTA

cuestion de tocar as bowlings

o de escribir en galego é porque me dixeron que hai un tío que vai deixando comentarios a aqueles que escriben en galego e que non sabe moi ben se isto é catalán ou euskera. Guapito, isto é GALEGO

manuel antonio

manuel antonio é un dos meus iconos (influencia maragaritiana) xunto con outros moitos. sei dalgunha que ten unha montaña chea de amores (aínda que actualmente un alcanzou ó cumio). Pois eu teño unha chea deses referentes literarios. Alí tamén se atopan Castelao ( no cumio), Manolo, Suso, Quim Monzó, Dieste, Kafka, García Márquez...

inicio da singladura

despois dun rato de malabarismos informaticos aquí esta De catro a catro, o nome que eu quería para esta ida de olla dun proxecto de xornalista