23 May 2008

Kara.o.ke


Aínda que el non o crea, si que ten fans e eu son unha delas... E xa levantei envexas por falar con el... Foi unha das entrevistas que máis ilusión me fixo na miña vida, así que xa sabedes todos: a escoitalo! Por certo, que non lle dixen que somos case veciños (a miña nai xa me preguntou como se chamaba para averiguar quen era...) pero un día asaltareino pola rúa e direillo (a tamén lle preguntarei que opina de que nos concertos lle berren "paquentoncio!!", en referencia, non á súa calidade musical, senón a certa parte do seu corpo...).

(A foto collinlla a Ghanito, que me molou...)

13 May 2008

Sex in the city

Non podo esperar dúas semanas e media... Xa sei que isto é super-frívolo e que moitos poden pensar que é unha peli peor que '27 vestidos' ou 'Planes de boda', pero é que Sex in the City encántame! Si, fala de rolletes, moda e cousas dese estilo, pero enganchoume de tal xeito que con ver só o trailer xa me emocionei pensando en cando a vexa dentro duns días nos cines. Que pena que V. e R. estean lonxe e non poida ir vela con elas ao cine pero, chicas, xa sabedes que o día 30 hai cita.NOTA: imprescindíbel, tacóns e bolso-carterita...

09 May 2008

Candal for president



Despois de pasar dous días e medio na cama coa peor gripe da miña vida, este homiño arrancoume a primeira gargallada, facéndome olvidar por uns minutos a febre, a dor de cabeza, os mocos... Grazas, Candal, por frases como estas: "Villamartín quiere la gelescola", "la conselleira de la Vivienda", "la Feján" ou "todo lo que signifique Quintana, debemos apoyarlo todos".