mmmmmmmúsicas
Despois de moito pensar, aquí estas as miñas cinco cancións para esta cadea de mmmmmmmúsicas (por encarga de fer e encompostela), que consiste en que os blogueiros digan as súas cinco cancións favoritas para follar (facer o amor, en versión fina). A verdade é que eu paso de poñer aquí directamente os videos, poño os links para non facer un post tan looooongo. Por outro lado, teño que dicir que me costou de carallo facer isto, porque nunca me parara moito a pensar nisto, e non son de eu moito de poñer músicas neses "momentos íntimos". E teño que dicir tamén que non penso pasarlle o encargo a ninguén, que creo que xa está practicamente todo o blogomillo convidado. Bueno. pois aí vai!
-Alicia Keys: Fallin'. Si, xa sei que tamén a puxo oko, pero é que esta é a canción ideal para follar e a se algún día fixeran un disco de temas para facer o amor este tería que ser o primeiro da lista. É que Alicia Keys é a xefa!!! (Si, confeso, fíxeno con esta canción de fondo...)
-Roberta Flack: Killing me softly. Sen dúbida, as voces das negras son o mellor para esta clase de cousas...
-Aretha Frankling: I say a little prayer. E outra vez unha muller negra. Pero nesta ocasión, póñovos un fragmento de "A voda do meu mellor amigo", o filme que a volveu poñer de moda hai uns anos
-Dido: Thank you. E outra muller. Non sei, desta canción só podo dicir que me parece preciosa....
-Alejandro Sanz. Cuando nadie me ve. Sei que poñendo esta canción podedes pensar que son moi chunga e que me arrisco a que Fer me quera deixar, pero teño que recoñecer que esta canción me parece ideal para "hacer el amor"...
E acabo de decatarme que todas as cancións son lentas, que son moi de "facer o amor lentamente". Bueno, non sei, quizais no me covenza moito isto das cancións para follar, xa que dende o meu humilde punto de vista tres minutos de música non dan para moito... Propoño un mmmmmúsicas de discos!

7 Comentarios:
Ains... ains.... o que tenho que aturar :P
Sinto-cho bem, pero eu nom podo folhar com mr. SGAE de fondo...
Ninguén di que haxa que rematar co primeiro. ¿E logo non se pode programar o CD/reproductor mp3 ou o que sexa para que poñan mais de un tema?
E lamentable o de Alejandro Sanz, concordo co teu namorado niso.
Penso que a esa lista faltalle algunha de Dover,ou incluso Shakira con ese movemento de cadeiras.Pero chego á conclusión de que a maioría son en inglés porque así non te despistas coa letra da canción.
mal, mal. Sinto dicirlle que disinto de todas, por dios, aretha franklin si, pero non o tema de LABODADEMIMEJORAMIGO. Ademais, ese tema podería ser reclamado icono do travestismo (que me encanta practicalo, por certo). E despois Alejandro Sanz e Dido, offffffffffff acabas de perder uns puntiñossssss. Vamos a ver, déixame pensar, informaermos ou remitireiche ós meus dominios.
(salvaríase fallin' de non ser tan cuarentaprincipales).
debería facelo con música algún día destes, o digo para darche unha opinión testada, CLARO!
;)
por certo eternidade, estooooo
DOVER?'¿?¿'¿'¿'¡'¡?¿?¿?
Si miña querida Madeleine, música con forza que rompe a tranquilidade,xa me entendes...Con música moi lenta corres o perigo de quedar durmido ou de soñar que estas nunha peli ñoña estadounidense.
Xa de poñer Alejandro Sanz, podías elexir algunha da súa estética teenager... Moitísimo mellor que a actual tipo-super-guay que tanto namora a rapaciñas como a septuaxenarias.
Boa selección, en serio (salvo A.S) Aretha forever!!!
Post a Comment
<< Home