20 January 2008

Canon EOS 400D

Levo semanas pensando en comprar unha cámara de fotos, unha réflex dixital. Realmente xa quería facelo hai meses, pero agora que teño un soldo decente e diñeiro aforrado decidínme a facer esta gran inversión (só con dicir que o outro día cando entrei a informarme nunha tenda saín co estómago revolto ao ver os prezos...).

Xa puxen os meus ollos no modelo da foto, pero aínda teño que agardar a consultalo cos meus asesores e a que o meu irmán me presente os presupostos das ofertas qu está mirando en Rebelio e Pixmanía (por certo, alguén pode asegurarme que non vou ter ningún problema se a merco por Internet?). Bueno, agora so pido que se pasa por aquí algún experto no tema que me asesore, aínda que non creo que me sirva de moito que uns me digan que Olympus moi ben e outros que moi mal, ou que Nikon é unha caca ou que está moi ben...

3 Comentarios:

Anonymous Anonymous said...

Eu sonche de Canon (se queres ver algunha das miñas fotos, aquí tes a URl: http://www.flickr.com/photos/manolinho_captura/), así que non te recomendarei Nikon nin Olympus, pero por descoñecemento, non porque sexan malos, que non o son.

A 400D e unha moi boa cámara. Toda a xente que coñezo que a ten non ten queixa. Eu probeina pouco, pero con vos resultados (a foto da muralla de Ávila e unha das probas que fixen).

Ademáis, os complementos de Canon xeralmente son máis baratos que os de Nikon, algo que tamén deberías ter en conta para cando amplíes o equipo.

Por último, antes había unha oferta en Pixmanía que era a cámara, o 18-55, o 55-200 e a empuñadura. Non me lembro do prezo, pero sei que era moi bo para todo o equipo que levarías.

E eu non tiven nunca ningún problema pra mercar por internet. Pensa que hay tendas como Pixmanía que permite o pago contrarreembolso, así que é unha posibilidade que deberías ter en conta.

Espero ter sido de axuda e non atronarte a cabeza aínda máis.

6:52 pm  
Blogger Ghanito said...

Eu non podo opinar das reflex, porque a miña é unha compacta. (Ainda así direiche que estou contento ca miña Canon G7)
Merquei a cámara en pixmanía e paguei cunha tarxeta (empreguei unha tarxeta de crédito prepago).
Tamén merquei noutra tenda unha memoria de 8Gb (paseime, e ainda así pareceme que acertei porque podo ir unha semana de viaxe só con esa tarxeta).
O único no que non acertei foi a batería de reposto, que non era da marca e xa non dura un carallo.

8:29 pm  
Blogger oko said...

o meu comprador de tecnoloxía habitual merca sempre por internés e nunca tivo problema...

12:52 am  

Post a Comment

<< Home