26 November 2007

Xornalistinha cambia de choio

Venres, 2 de novembro 2007 - Xorna apúntase no paro, dous días despois de rematar as últimas prácticas da facultade na RG. Xorna comeza a enviar currículos a todo dios.
Martes, 13 de novembro 2007 - Xorna fala por teléfono co director de AGN e queda para unha entrevista para unha Feuga o xoves.
Mércores, 14 de novembro 2007 - Xorna acude ó I Foro de Emprego da USC e reparte curriculos a esgalla. No medio, chama o director de AGN e adianta a entrevista para esa tarde. Ás catro da tarde chaman a Xorna para unha entrevista co director do Seminario Galego de Educación para a Paz. Ás seis da tarde, na entrevista co director de AGN, collen a Xorna cunha Feuga.
Xoves, 15 de novembro 2007 - Xorna amaña todos os papeis e comeza cunha Feuga en AGN. Fala co director do Seminario Galego de Educación para a Paz por teléfono e deciden suspender a entrevista (a oferta non era mellor).
Venres, 16 de novembro 2007 - Xorna recibe unha chamada. Ten unha entrevista para o vindeiro luns para traballar en GZNación.
Luns, 19 de novembro 2007 - Xorna recibe outra chamada. A entrevista aplazase un día porque o entrevistador está moi ocupado. Xorna recibe unha chamada da sempre elegante Domenech, quen lle ofrece unha Feuga na RG. Dille que non.
Martes, 20 de novembro 2007 - Xorna vai á entrevista para GZNación. O entrevistador dalle a entender que a van contratar pero non o din claramente. Dille que espere a chamada do xerente (ou algo así).
Xoves, 22 de novembro 2007 -Xorna recibe a chamada do xerente. Quedan para o día seguinte.
Venres, 23 de novembro 2007 - Xorna fala co xerente. Xa é definitivo. Contratada para GZNación. Ó saír da entrevista, Xorna ten outra chamada. É dunha empresa de software ou algo así que estaba no Foro de Emprego da USC, Coritel. Din que se quere ir a uns procesos de selección de persoal en Madrid. Dilles que non.

Comprenderedes que con tanto axetreo leve sen escribir aquí tantos días... Nunca na vida pensei que ía vivir un proceso semellante e ter a oportunidade de ir por aí rexeitando choios. A verdade é que estiven uns días co ego subido. Non esta mal, por unha vez na vida....

6 Comentarios:

Blogger oko said...

eres unha crac!!!!!!!!!!!!!!!!
(el que vale, vale, y el que no...)

10:11 pm  
Blogger Cleoninha said...

Parabéns! Xa sei que non nos coñecemos de nada, pero gústame moito comentar as boas novas pra Galiza. :)

11:02 pm  
Anonymous Anonymous said...

Aaah, miratuquecousa! Assim que és a blogueira de GZnación, aaaah! Pois parabéns :)!

1:46 pm  
Anonymous Anonymous said...

Impresionante relato cronolóxico!

9:57 pm  
Blogger Gaceta said...

En hora boa!

1:47 am  
Anonymous Anonymous said...

(?)
Boeno, esta claro que o "staff" do xornalismo e outro mundo. En calquera sitio e sector se sabes te fichan fijo. Outra cousa e o soldo... isa mel non e pra paladar de burros
(nemigo, anonimous text)

1:52 pm  

Post a Comment

<< Home