Xornalistinha está no paro
Pero bueno, xa imprimín decenas de copias do meu curriculum, encargei unhas 40 fotos carné e comprei outros tantos sobres. De tódolos xeitos, se algúen precisa dun xornalista, escríbede a este mail: xornalistinha@gmail.com. Como podedes ver mais abaixo, fixen unha morea de prácticas e ademais manéxome decentemente cos ordenadores, falo castelán e galego, estudio 4º de Inglés na EOI e aínda me lembro do francés do instituto. E, por suposto, entendo o portugués perfectamente. Ademais, teño permiso de conducir B-1, vehículo propio e disponibilidade para viaxar. E estou a "completar a miña formación", xa que me matriculei en Ciencias Políticas. Ale, a contratarme!
Xullo-Setembro 2005 – Prácticas na delegación de Pontevedra do Faro de Vigo, sección Deportes
Xullo-Setembro 2006 - Prácticas na delegación de Pontevedra do Faro de Vigo (información municipal, cultural, social…)
Novembro 2006 – Abril 2007 - Prácticas na Axencia Galega de Noticias en Santiago (información cultural, medioambiental, política, sindical…)
Maio 2007- Colaboración con Radio Arzúa na cobertura da xornada electoral do 27-M. Retransmisións en directo dende unha mesa electoral
Maio - Outubro 2007- Prácticas na Radio Galega, sección Informativos
2 Comentarios:
Síntoo de veras. Eu tamén son xornalista e sei o difícil que é atopar algo fixo neste mundiño. Non sei se a disponibilidade para viaxar inclúe Madrid, pero, se é así, proba en ADN (versión web): pagan bastante ben, hai moitos galegos, está na Gran Vía e a xente é moi simpática (alomenos os que coñezo eu, que son uns cuantos).
Se estiveses interesada, faimo saber e xa te digo a quen tes que mandalo e esas cousas.
Bicos e sorte.
Filla, que maneira de venderse. Pola experiencia dos meus colegas, non vai habendo moito problema para colocarse (hehe) nos primeiros anos: mentres esteas disposta a aceptar un ano de feuga e dous de redactora en prácticas todo irá ben.
Tranquila, terás máis problemas a partir de tres anos. É que a raza dos empresarios teñen un medo terrible á contratación, a que a xente cotice e cobre un salario digno. Ben, os empresarios de medios de comunicación.
Se estás disposta a pasarte ao lado escuro dos gabinetes de comunicación, podes chegar a mileurista e deitarte cada noite coa conciencia ben máis tranquila. Bicos dende o lado escuro, e non te preocupes, que unha vez que empeces a buscar saen a patadas!
Post a Comment
<< Home