Sogros e mozos invisibles con pan de manteca
Eu pensaba que a día de hoxe, no 2007 (a poucas horas do 2008) non podía existir xente dese tipo. Pero si, aínda quedan pais que tratan de “amañar un matrimonio”. Resulta que un señor que vén moito pola miña casa, polo bar, viu á miña irmá traballando alí e debeu pensar “que rapaza máis xeitosa, como axuda aos pais na taberna, como traballa!” e pensou que podería ser a moza ideal para o seu fillo, que se puxo a estudar intensivamente para as oposicións a Policía Local e a moza colleu e liouse con outro (esa e a conclusión que saco eu da historia que lle contou o señor este á miña nai) e deixáronse.
Dende aquela, o señor, que traballa nunha panadería, trata de “conquistar” á miña irmá para o seu fillo e tráelle de vez en cando algún boliño ou algún pan especial. O mellor de todo foi o día de Noiteboa, que trouxo un mundial de pan de manteca e estaba boísimo!
5 Comentarios:
A tua irmá vale mais que dez biscoitos! Aliás cem!
oe, dille a ese señor que eu estou libre e que me encanta o pan!!!
podo ser a súa ciber-nora!!!
Nada, nada, di-lhe à tua irmá que lhe dea coba, que havedes ter pam de graça durante um par de anos.
ainda é sorte que sexa panadeiro... xD
Non é tan estrano... aínda hai moitos "compoñedores" que intentan enlear ós seus fill@s ou os seus amig@s para atoperlle moz@
Post a Comment
<< Home