Pasteliños!
Dende que estou aquí, sempre me toca apandar cando veñen os mensaxeiros, os repartidores, o técnico da alarma, o do interné... Pero hoxe tiven a miña recompensa! En menos dunha hora marcho cunha bandexiña de pasteis para a cea de Nadal!
Vaia tempo,eh. Empeza ben o día. Non para, á que se pon a chover non ten parada. Antes todos chamabamos pola chuvia, que se había seca, que se secaba a verdura, que se no inverno había arder o monte, qué sei eu. E agora aí tedes chuvia. Toma chuvia. E a min gústame a chuvia, eh, coidadiño, que se me falta moito tempo aínda parece que me falta algo
2 Comentarios:
Lambona!
Boas festas e a desfrutar das lambonadas.
Post a Comment
<< Home