01 January 2006

2005-2006

Comeza un novo ano. A verdade, é que é a primeira vez que penso de verdade iso de replantexar a vida co inicio dun novo ano. Pero é que o 2005 foi moi importante para min. E o 2006 comeza completamente diferente de como o fixo o 2005. Xornalistiña é completamente diferente. É máis, dubido de que sexan a mesma persoa…
¿Os meus desexos para este novo ano? Que continúen aí os de sempre: oko, caufield, liariña, pau, M&M e demais familia e, sobre todo, o ateniense. Ogallá tamén que o meu paso pola factoría se faga máis agradable, que o xefe de RENFE teña a inspiración divina de pór máis trens entre a cidade de pedra e Atenas, que os meus pais se fagan menos pesados (poderá ser iso posible?), que se me pasen as miñas dúbidas existenciais e que o meu soño se faga regular para poder ir a clase a primeira hora!
seguro que se me quedan moitas cousas atrás, pero é que a miña cabeciña non da para máis tras acostarme case ás 9 da mañá e levantarme fai pouco.

P.D.: sinto que non haxa post da gran experiencia do pasado xoves en Sán Lázaro, pero entre o cansanzo e a falta de tempo foi imposible! Espero poder colgala crónica dese gran día no proxecto en breve.

2 Comentarios:

Blogger eue said...

A regularización horaria hanche roubar eses impagables momentos de desacougo vital insomne nouturno, Xornalistiña. Hai que ter coidado co que desexamos... ;-)

Eu a ti o mellor.

5:28 pm  
Blogger xorna said...

esos momentos están ben de vez en cando, pero non tódalas noites, créeme.
eu tamén che desexo o mellor! ;-)
p.d.: tes razón con iso de ter coidado co que desexamos... ai, que disgustos!

6:59 pm  

Post a Comment

<< Home