05 December 2005

farta

estou farta de xente como "aparato loxístico", farta de que a fila de atrás xa non sexa a que era (e que creo que nunca máis será igual...), farta de que "mentor" volva aínda de vez en cando á miña mente é que me desbarate os esquemas, farta de que o "rimador contracultural" siga a porme a xogo, farta de que boringtown aínda me ronde pola cabeza e me torture, farta de que smellingtown me agobie deste maneira, farta de ter que anestesiarme con este decatroacatro e coa caixa tonta (algo que só consigo por breves instantes, coma se fose soma), farta de toda esa panda de imbéciles que temos por "mentores" (como se bota de menos ao auténtico "mentor", que me desbaratou, aínda me desbarata e me desbatará a miña existencia), farta de que, por moi breves momentos, humidtown me agobie como smellingtown e xa non sepa en que buraco meterme, farta de ver como todo xira arredor do mesmo, por moito que digan que non, farta de que todos sexan iguais, por moito que digan que non, farta de ver que tódolos muros caeron. farta de todo. farta.

como se pode explicar que haxa cousas que queres que non sucedan pero que ao mesmo tempo morres porque acontezan?

0 Comentarios:

Post a Comment

<< Home