son tempos de urxencia que nos arrastran a todos
xa sei que podo resultar un pouco apocalíptica por tomar esta frase que o xenial suso utilizou cando o pais de nunca máis sufriu a penúltima desgraza. pero é que me sinto así. é o que me ven nestes intres á cabeza, aínda que máis ben serían "tempos de urxencia que me arrastran". a min e só a min.
cando vin que o meu soño se cumpría, dubidei (só por unha milésima de segundo) se ese era o soño que quería, se me ía gustar. logo de comprobar que me apaixoaba( moitísimo), agora dúbido de se ese soño está feito para min. sei que é algo que me encanta, que sempre quixen facer, que morrería se non o puidese facer, que é o que quixen toda a miña vida. ao igual que o fantastico Gabo creo que esta é a mellor profesión do mundo. pero tamén penso que igual estou equivocada,que o tiña idealizado, que nisto hai "manolos rivas, pero tamén "celeiros", que hai "hilarios pinos", pero tamén "urdacis", que hai "jon sistiagas" pero tamén "letizias". sei que hai "rois" pero tamén "guarros" como o da Ser.
sei que me queixo por vicio, que só levo 10 días, pero son así e non o podo evitar. sei que me vou arrepentir de escribir isto. sei que afogo nun vaso de auga, sei que my friend Jose Mari ten razón cando di que son moi perfeccionista. e tamén ten razón cando di que son así e non se me pode cambiar. dios, a miña empanada mental alcanzou o grado máximo. teño que espabilar.

0 Comentarios:
Post a Comment
<< Home