18 July 2005

manuel antonio

hoxe é un día negro para este blog. hoxe alguén ousou lixar o nome do icono, do símbolo, de todo o que representa este blog. hoxe alguén tivo o valor de dicir diante da miña cara que manuel antonio lle daba asco.
pero a palabras necias, oídos xordos.
vamos con algo máis alegre. xa teño o novo libro de harry potter!!! ai que maravilla!!!! j.k.rowling estarase forrando a nosa conta pero dame igual.
parece que neste morre outro personaxe máis. dios, non gano para disgustos. se no anterior morría un dos meus personaxes favoritos, non sei que pasará neste.
outra boa nova: o doce de agosto estrease "charlie y la fábrica de chocolate". non podo esperar a vela. tim burton é un xenio. quero vela xaaaaaa!!!!
por certo, cada vez fago menos links. rapazas, xa sei que vos gustan moito os meus links pero é que estou cansadiña e leva o seu tempo. e teño que leer harry potter e non podo perder máis tempo, así que, ala, a movelo pandeiro!!

0 Comentarios:

Post a Comment

<< Home