que peniña!
sigo no xornal (polo menos saín de aquí para ir comer. hoxe imos facer cea de despedida. mola pero é triste. significa que marcho. quédanme menos de tres días en terras galegas. neste momento estou positiva. penso na ilusión que me fai ir todos xuntos no avión, chegar a Londres, ir a Cardiff... Ademáis, teño unha webcam! E ten micro e vou poder falar gratis!! Mola!
1 Comentarios:
perdoa por non poder ir hoxe a despedirme. quizais así sexa máis fácil, xa sabes, facendo como se nos fosemos ver a primeiros de outubro, na fila de atrás.
a culpa tena esta maldita bacteria que me ten hinchada a gorxa toda, e non me deixa falar nin comer nin nada.
contáronme que estás moi guapa, que cortaches o pelo. contáronme tamén que vas ter instalada cámara no ordenador, e que te poderemos ver polo messenger.
contáronme que andas algo tristeira, porque as despedidas sempre son tristes, aínda que a marcha traia moitísimas cousas boas.
miña nena, vas ver que, ademais de pasar rapidísimo, estes nove meses van merecer a pena. caufield e mais eu agardaremos moreas de novas túas.
mil bicos pra ti, pra que os leves na maleta, entre o cepillo de dentes e a caixa das lentillas. agardo que che collan todos!
Post a Comment
<< Home