MMM
E hoxe volvín comer con M., M. e M., un reencontro esperado tras a última cea do verán, aquela vez tamén en "Il Piccolo". E con dous deles, Mario e Marta, decidín concretar esa idea de reunir a eses trinta tolos cos que fixemos dende 1º de E.X.G. ata 2º da E.S.O. Como non, á hora de facer a lista, os primeiros en vir á mente de Marta foron Zalo e Toño, os guapos da clase. E Guille, Andrea, Adriana, Marcos, Roberto, Lorena e Miriam (eran irmáns), Carlos, os tres Iváns... (Que hostias será de Iván González???). Ah! E entereime de que o fillo de Iván García xa naceu. Uff, que alguén da miña clase do cole teña descendencia impresiona, aínda que agora que o lembro, unha do instituto xa ten unha nena duns tres ou catro anos...
Pero bueno, menos mal que que Mario conserva esa axenda de Bart Simpson do ano da pera cos teléfonos (de casa) de todos eles. Dios, non me imaxino que pensará toda esta xentiña cando empezemos a chamalos! E a gran pregunta que nos fixemos Marta, Mario e máis eu: que será de José Manuel, o rapaz que dicía que a súa nai era virxe?
Pero bueno, menos mal que que Mario conserva esa axenda de Bart Simpson do ano da pera cos teléfonos (de casa) de todos eles. Dios, non me imaxino que pensará toda esta xentiña cando empezemos a chamalos! E a gran pregunta que nos fixemos Marta, Mario e máis eu: que será de José Manuel, o rapaz que dicía que a súa nai era virxe?
5 Comentarios:
Os primeiros que venhem à cabeça som os "guapos" da clase? :_ :_ :_
Non era José Manuel, chamábase Xesús.
si, bueno, eu creo que virxes xa non quedan, das que agora teñen a túa -nosa- edá...
que boa idea reunir a todos... (e si, pensando no cole ou no instituto a min tamén se me veñen os guapos á cabeza :P)
a historia é que non sabía que significaba a expresión "ser virxe", por iso cando os rapaces lle preguntaban se a súa nai era virxe, el dicía que si.
A verdade é que José Manuel era todo un personaxe. Un neno que come os mocos e lambe a barra de pegamento creo eu que non é moi normal...
(O peor de todo é que cando estaba no instituto Marta contoume que el lle confesara cando estabamos en 2º da ESO que eu lle molaba, pero que non me dicía nada porque vía que era algo non correspondido...)
onte tiven reencontro coas amigas do cole e puxémonos a ter unha charla semellante!
Ti asustaste de que os da túa clase teñan fillos?´No meu curso nin che conto...debemos andar polo 4º ou 5º e unhas 6 vodas/arrexuntamentos aprox...
É iso que fun desas rapazas educadas en colexio católico /apostólico!
Dato anecdótico: A primeira galega do 2007 é filla dunha rapaza que ía na miña clase dende pequenas!
Ante todo isto a min só me sae dicir....
MI MADRIÑA!!!
Post a Comment
<< Home