Tes un blog?
"Non o teño porque non me da a gana. Cando é un espello narcisista non me interesa. A xente fai blogs pola necesidade de comunicarse, e hai tamén un efecto en cadea. É paradoxal, substitúese o contacto real por outro tipo de relación. Non sei se é mellor ou peor".
Entrevista con Daniel Salgado na contra de Galicia Hoxe, por Lupe Gómez
14 Comentarios:
gha, gha, gha
¿E logo non din que a arte é un xeito de comunicar? ¿unha linguaxe?
¿Para que escribe este rapaz?
¿Polos cartos?
E con tantos millóns de blogues que hai no mundo, ¿serán todos exercicios de narcisismo?
Pois non sabemos os da Pirámide si pechar o blog. Iso de non telo porque "non me da a gana" é un razoamento de peso. E como o noso é un colectiblog non sabemos moi ben onde poñer o do narcisismo. Non nos cadra o do narcisismo colectivo. Case que imos escribir en soporte papel. Seica é menos narcisista escribir un libro onde o teu nome aparece ben grandiño na portada.
O meu é por narcisismo puro e duro
A verdade é que non pensaba que vos íades mosquear todos polo do narcisismo... Simplemente pareceume interesante que dixera que se "sustitúe o contacto real por outro tipo de relación".
Nada, nada. Na Pirámide estamos moi doídos. E o de substituír o contacto real por outro tipo de relación fáisenos algo obvio, non si?
Nós no sitio del, abriamos un blog. Non che hai coma o empirismo.
referíame a que as veces a xente que se coñece na realidade, sustitúe esa relación real, por unha a través do blog, o que non me parece moi bo, non cre?
eu fixarame onte tambén, é uma frase própia de quen ten canales abertos de comunicaçom....ten umha editorial que lhe publica o que queira, pero que é umha forma de comunicar-se é innegabel, éche um rapass recolhido de máis creio....
a min paréceme ben o que di. quero dicir, é certo que a meirande parte dos blogs que coñezo se miran o embigo, o meu o primeiro de todos.
que el publique libros é por outro motivo distinto. non creo que sexa por narcisismo nin por cartos , senón pola necesidade imperiosa de comunicar que temos todos, cada un ao seu modo.
e iso de que substitúe a relación... bueno, iso só cando as persoas o queren así...
Un blog é unha forma de comunicarse. E comunicarse en principio está ben (o ser humán está feito para eso).
os libros de poesía na maioría dos casos tamen miram o embigo do escritor: "non escribo libros por que non me peta, cando é un espelho narcisista (de poesía falamos) non me interesa. a xente escribe libros por necesidade de comunicar(se) e deixa do mesmo xeito de comunicarse na rúa na taberna....non sei se é millor escribir libros ou non..."
Pois nós queriamos dicir que cada quen se exprese polo medio que queira con todo o seu narcisismo ao lombo, pero a pose de menosprezar que lle atopamos ao nacho (eu escribo libros de verdade por que son mellor ca vós que téndesvos que conformar con abrir blogs e eu paso diso)disgustounos e agora imos chorar.
non quere ter un blog. punto. non lle interesa cando "é" un espello narcisista (fala por el). a xente necesita comunicarse.
non di nada contra os blogs nin contra quen os ten (e non di se ten ou non un blog que non sexa del). eu non vexo por que se amolar...
e o do troco do contacto real por outro tipo de relación a min tamén me pon vertixe...
Pois eu penso que é unha boa resposta, de feito eu teñoo porque me da a gana e non lle encontro outro motivo, a todos se nos pasan cousas pola cabeza e non sempre tes alguén ó lado con quen compartilas, ahi o tes: un blog. Este home debe ter moitos que o escoiten.
Máis:
Eu prefiro curiosear nas cousas dos demáis, é máis aventureiro que buscar no google os mesmos contos de sempre ou ler os titulares dalgún periódico -por exemplo- que vai sempre na mesma liña. Nos blogs nunca sabes o que vas atopar.
Vou seguir curioseando.
Post a Comment
<< Home