Pinnochio
Despois de seis meses e vinteún días, volvino ver. Cando ía de camiño, o meu corazón latía a cen por hora. Botamos unha media hora de "bo rollo", cotilleando. Ti mesmo o dixeches: "por el interés, te quiero Andrés".Despois de marchar, decateime de que non me fixara en que roupa levabas, nin en se che crecera ou cortaras o pelo. Cinco horas despois nin sequera recordo se tiñas barba de catro ou de vinte días. Creo que levabas unhas gafas de sol novas, pero non estou segura.
Seis meses e vinteún días atrás teríame fixado ata no teu xeito tan perfecto de pronuncialo "erre". Pero hoxe dáme igual.






