30 December 2007

Sogros e mozos invisibles con pan de manteca

Eu pensaba que a día de hoxe, no 2007 (a poucas horas do 2008) non podía existir xente dese tipo. Pero si, aínda quedan pais que tratan de “amañar un matrimonio”. Resulta que un señor que vén moito pola miña casa, polo bar, viu á miña irmá traballando alí e debeu pensar “que rapaza máis xeitosa, como axuda aos pais na taberna, como traballa!” e pensou que podería ser a moza ideal para o seu fillo, que se puxo a estudar intensivamente para as oposicións a Policía Local e a moza colleu e liouse con outro (esa e a conclusión que saco eu da historia que lle contou o señor este á miña nai) e deixáronse.

Dende aquela, o señor, que traballa nunha panadería, trata de “conquistar” á miña irmá para o seu fillo e tráelle de vez en cando algún boliño ou algún pan especial. O mellor de todo foi o día de Noiteboa, que trouxo un mundial de pan de manteca e estaba boísimo!

25 December 2007

Papa Noel trouxome isto...

...e a ver se me dou amañado, porque creo que eu non estou preparada para tanta tecnoloxía... Ademais, vaime dar palo sacar o mini-boli cando teña que escribir un sms en público, porque a xente vai pensar que vou en plan empresaria "proféxional"! E a outra miña gran preocupación é darlle a calquera botón e que se me contecte el só a internet e que estean a cobrar sen decatarme! Bueno, vou ver se aprendo a poñelo en modo silencio...

21 December 2007

Pasteliños!


Dende que estou aquí, sempre me toca apandar cando veñen os mensaxeiros, os repartidores, o técnico da alarma, o do interné... Pero hoxe tiven a miña recompensa! En menos dunha hora marcho cunha bandexiña de pasteis para a cea de Nadal!

16 December 2007

Ultimamente penso en que lle vou cambiar o deseño a isto, e que teño que actualizar porque non queda bonito levar case un mes coa foto de Berto no último post do blog, pero logo ao final nunca fago nada... (Será porque xa paso todo o día diante do ordenador?) Pero este blog tamén pode ter utilidades como pedir consello para un agasallo de amigo "invisíbel" (teño que practicar que logo no choio non me sae...). Como non podo dar datos da persoa, porque todos os que participan, máis ou menos, len este blog, pido ideas, así en xeral... E se a alguén se lle ocurre tamén que deseño lle podo poñer a esto, acepto ideas!