30 November 2005


aínda que unha non duda para nada da súa sexualidade, apoio a causa. é mais nestes tempos de ataque por parte da secta encabezada por Nazinger Z

maria teresa

esta é a outra á que moitos imitan. que alguén me dea unha hostia na cabeza se remato facendo o mesmo tipo de "xornalismo" que maria teresa.

ana rosa

ídolo de tantos...

29 November 2005

astuasbalas


ai, ai! entrevista confirmada!
como dixo unha amiga: "iso é un sinal, non sei cal, pero é un sinal!"
por certo, hai quen quere abandonar estes lares cibernético-bitacóricos. mensaxe: non o fagas!

Xornalismo "en profundidade"

Isto de ver o “Aquí hay tomate” é toda unha experiencia. Por exemplo, sae a Blanca Romero (famosa por casar co fillo dunha famosa xa morta que non sei moi ben a que se adicaba; bueno, si, a vivir moito do conto). Bueno, pois vai a pobre da Blanca Romero e páraa unha parella da Garda Civil para facerlle un control de alcolemia. Na miña opinión iso é algo que lle pode acontecer a calquera. ( Un día pasoulle a miña nai. Dixéronlle que soprara máis forte e tralo 0.0 deixárona ir). Pois algo parecido debeulle pasar á Blanca Romero. Pero segundo os do “Tomate” seguro que a tipiña esta fixera algo moi malo, cometera unha infracción, ía borracha ou algo así (vamos que iría perdidiña, como din algúns...). Vamos que sacaron unha noticia que anunciaron previamente quince veces antes de emitir a “gran reportaxe de investigación” dunha chorrada que para nada é un feito noticioso. O mesmo pasou outro día, que saían unha parella de “Gran Hermano” tomándose algo nunha terraza e como unha levantaba un pouco os brazos xa dicían os do “Tomate” que discutían e que había unha forte crise na parella.
Vamos, que eu de maior quero traballar no “Aquí hay tomate”. Así non me mato a contrastar a información, nin gasto tempo a chamar aos protagonistas da “noticia”, nin nada diso. E, por riba, na miña parroquia pensarán “ai, mira a filla de Moncho e Rosa como triunfou, que sae na televisión!”.

"O Amor e a Fame son os donos do mundo"


“…e, porque o amor de algúns era buscado por moitos e o amor de outros non era buscado por ninguén. Era natural que, tendo conquistada a Fame (ou dito alxebraicamente, tendo alcanzado o total de satisfaccións externas), o Estado Único dirixira o seu ataque contra o outro dono do mundo, contra o Amor”.

Nós, Yevgeni Zamyatin

28 November 2005

AO 100%

Si, meus queridos blogeiros, este decatroacatro volve render ao cen por cen. E é que dúas bitácoras era moito para min. Nese outro lar explico o porqué. A verdade é que estaba un pouco agoniada con este tema...

27 November 2005

"El-que-no-debe-ser-nombrado"

levo dias sen escribir por aqui e por outros lares. a verdade é que houbo tales acontecementos que me deixaron un pouco para o arrastre, tanto física como mentalmente. pero houbo moitas cousas interesantes: conferencia na facultade, solicitación de entrevista a outro blogeiro, práctica de xornalismo bonzo cun interrogatorio moi productivo, manifa contra a violencia machista, cita co cine: o gran Harry Potter!(por certo, como se están a poñer algúns dos actores...) coa impresión de ver a Lord Voldemort no corpo de Ralph Finnes...

23 November 2005

O grito


chega un momento en que non tes palabras. duro, para unha persoa que non cala nin debaixo da auga. menos mal que hai quen só con verte xa o sabe todo. Utopía. Utopía, pero non a de Tomás Moro. Distopía, a de tódolos días. novas que queres que cheguen, pero que cando chegan doen. novas que non queres que chegen, pero que morres porque chegen. Distopía.

angustia. s.f. Sensación de intranquilidade e sufrimento acompañada de alteración física, producida pola incerteza, a inseguridade, a aprehensión, o medo, etc. Pasou uns momentos de angustia antes de saír a escena. Asistiron con angustia ós labores de rescate. SIN. ansiedade. CF. agonía, congoxa.

22 November 2005

Cando descubres que o heroe é un fiasco...

xa cansa. despois de tantos días, non avanzar. cansa moito, que todo siga igual, subir e subir escaleiras para nunca dar chegado. ás veces, paras e sentas. pero decides volver tentalo. seguir subindo porque, nalgún momento terá que rematar a escaleira e aparecerá algo. pero ese momento non dá chegado.
O heroe. O amigo. O confidente. O mestre. O amante. O compañeiro. O heroe

21 November 2005

O heroe

Manolo Rivas estréase nesto de escribir teatro, quizais o xénero máis difícil. Acabo de mercar o libro. A ver que tal... Debezo por chegar a casa e comenzar a lelo! A verdade é que a literatura de Manolo é como un refuxio, e máis nestes tempos nos que pensaba que xa non quedaban bágoas.

19 November 2005

Me liais!

E é que é certo. sempre digo que non vou saír e ao final... mércores: festa surrealista no dúplex duns descoñecidos en riba de Capitol con glass como dj e bebendo Larios con Kas laranxa. xoves: magosto tamén surrealista no burgo con zapatos voadores, caras lascivas, espías de tres al cuarto, castañas neghras...
Por certo, hoxe descubrín que onte metín a pata...

18 November 2005

novo proxecto

hoxe naceu un novo proxecto que levaba varios semanas rondando a miña cabeza. espero poder combinalo con esta miña querida bitácora decatroacatro e co o outro proxecto común. a verdade é que me ilusiona o meu proxecto pseudo-xornalístico, aínda que sexa un pouco cutre... pero, vamos, o que conta é a intención!

16 November 2005

susto!

hai chamadas que poden alterar moito a unha persoa. MOITO, MOITO, MOITO!!!!

sempre quixen...

sempre quixen ser correspondente de guerra cunha camiseta de Bob Dylan. sempre quixen mollar os pes. sempre quixen viaxar tres horas en coche para chegar e que non me funcionase a gravadora. sempre quixen que me vacilase un xogador de balonmán por teléfono. sempre quixen que me fallase o prónter no medio da noticia. sempre quixen cubrir a feira dos queixos de Friol. sempre quixen entrevistar a Aznar tras perder as eleccións. sempre quixen saber que se sente cando ves que o ordenador perdeu a metade da reportaxe que escribiras. sempre quixen entrevistar a Atún-tún-tún tras gañar dúas medallas olímpicas. sempre quixen que Pinochet me explicase porque o fixo. sempre quixen facer unha conexión en directo con Ángels. sempre quixen ir a Bagdad con Jon. sempre quixen ir con Manolo a Cuba para cubrir a viaxe de Don Manuel. sempre quixen estar en Fisterra o 13 de novembro de 2002. sempre quixen ir con Gabo a Macondo. sempre quixen ter un/ha fill@ para poñer na ficha da escola: “PROFESIÓN DA NAI: XORNALISTA”.

Un mundo feliz (II)

-É que a min gústanme os inconvenientes.
-A nós non –dixo o interventor-. Preferimos facer as cousas con comodidade.
-Pois eu non quero comodidade. Eu quero a Deus, quero poesía, perigo real, liberdade, bondade, pecado.
-En suma –dixo Mustafá Mond-, vostede reclama o dereito a ser desgrazado.
-Moi ben, de acordo –dixo o salvaxe, en ton de reto-. Reclamo o dereito a ser desgrazado.
-Sen falar do dereito a envellecer, a volverse feo e impotente, a ter sífilis e cancro, a pasar fame, a ser piolloso, a vivir no temor constante do que poida acontecer mañá; o dereito, en fin, a ser un home atormentado.
Seguiu un longo silenzo.
-Reclamo todos estes dereitos –concluíu o salvaxe.
Mustafá Mond encolleuse de ombros.
-Están á súa disposición –dixo.

Un mundo feliz

Unha hora despois, no vestiario, Fanny protestaba enerxicamente:
-É absurdo que te empeñes en seguir así. Sinxelamente absurdo –repetiu-. E todo, ¿Por qué? ¡Por un home, por un só home!
-Pero é o único que quero.
-Como se non houbese millóns de homes no mundo.
-Pero eu non os quero.
-¿Como o sabes se non o intentaches?
-Intenteino.
-Pero, ¿con cantos? –preguntou Fanny, encolléndose despectivamente de ombros-. ¿Con un? ¿Con dous?
-Con ducias deles. E foi inútil –dixo Lenina.
-Pois debes seguir tentándoo –aconsellouna Fanny sentenciosamente. Pero era evidente que a confianza que lle inspiraran os seus consellos fora un tanto socavada-. Sen perseveranza non se consegue nada.
-Pero entretanto...
-Non penses nel.
-Non podo evitalo.
-Pois toma un pouco de soma.
-Xa a tomo.
-Pois segue a facelo.
-Pero nos intervalos sego a querelo, sempre o amarei.

15 November 2005

esa marabillosa infancia...


que felices eramos entón! cos nosos bocatas de nocilla diante da tele, sen ningunha clase de preocupación. vendo doraemon, o gato cósmico; hatori, o ninja; arale, os cabaleiros do zodiaco, capitán planeta, sailor moon, chicho terremoto, oliver e benji e, sobre todo, Songoku, "as bolas do dragón" (confesade rapazas, vós non estabades namoradas de Songoku, Songoanda e o fillo de Bulma, que non recordo como se chamaba?)
non vos gustaría volver a eses tempos, e non ter que levartarse ás oito da mañá para aturar a Galocha?

13 November 2005

como se bota de menos a certas persoas...



hai promesas difíciles de cumprir...

...é e que se a miña amiga Oko, me di que non o faga... Ademáis, eu tampouco estaba moi pola labor de cumprir a promesa... É unha desas cosas que prometes sabendo que non as vas cumprir, porque, que ía facer eu sen o meu decatroacatro?

12 November 2005

11 November 2005

snow storm

quizais me colla uns días libres nesta terapia de escribir tódolos días nesta bitácora. aínda fai pouco dixen eiquí que isto era como unha terapia co psicoanalista, pero gratis. e a verdade é que ultimamente non é moito iso. máis ben é un vomitar continuo das miñas idas de olla.
sei que o máis seguro é que mañá (como máximo aturarei dous días) volverei por estes lares. pero creo que non é bo, que o único que fai é o efecto contrario da miña terapia psicoanalítica. a ver que pasa... nunca pensei que este anaquiño sen importancia na rede ía ser tan importante para min.

creo que estou nuns días que me recordan a unha etapa negra, que non quero que volva, que non lle desexo a ningúen. por iso igual collo uns días libres nesto de escribir o meu decatroacatro

sempre son os mesmos

adormilada por culpa dun horario de prácticas feito para foder, pero contenta co resultado dun exercicio do que espera maiores críticas (aínda non vou ser nefasta para isto da radio; simplemente penosa), cabreada con esta facultade por ter esta merda de ordenadores e esa marabillosa arquitectura que será todo o fashion que ti queiras, pero nada funcional.
E tamén cabreada por descubrir que a xente non é como pensas, totalmente decepcionada cunha persoa da que tiña outra consideración.
pero, sobre todo, emocionada cunha nova iniciativa.

10 November 2005

nota da compra atopada na aula de informática

-bote
-preservativos XL (control)
-orquillas (houbo quen suspendeu ortografía na escola...)

e ti, es católica prácticante?

culturetas, sexy, cobas, feaaaaaaaaaaa!!!!!!!!!

09 November 2005

Aiaiaiai!


despois dunha comida na que se debateron as mesmas idas de olla, dispóñome a seguir con ese marabilloso libro. pero estoume a decatar de que estou feita unha adicta a Internet!!!! É normal conectarse dúas ou tres veces o días? É normal escribir dúas entradas cada día nesta bitácora? Consultar milleiros de páxinas? Revisar tódolos correos? Aaaah! Vou tolear! Isto é igual que o caso do móbil: cando non o tiñamos viviamos perfectamente, pero agora que o temos non podemos vivir sen el. Ai, vou ter que ir a terapia de grupo....
por certo, onte fun ver a exposición de Frida. Non teño palabras para describir a sensación que tiña cando saín dalí. Que pasada!

dor de cabeza, estómago e corazón

hoxe é un día raro (cantas veces empecei xa dicindo isto?). non o digo só porque esté a piques de potear pola merda de batido que tomei onte. son outras moitas cousas. estou cabreada cunha persoa. e non sei que dicir. quizais que non me esperaba algo así del. ou si. que me decepcionou. pero por outro lado, non sei, creo que ao non falar cara a cara non se poden solucionar as cousas.
pero non todo é malo. onte retomei a comunicación coa única persoa que non sabia do meu regreso. a verdade é que xa era hora, máis de un mes despois... hai cada jillado polo mundo adiante...
ás veces preguntome se toda a xente terá estas mesmas comeduras de tarro. podo comprobar que os meus amigos si! pero é que non é normal... porque ás persoas nos pasan estas cousas? non podería ser todo máis doado? porque os humanos nos complicamos tanto? ás veces gustaríame ser unha ra, unha formiga ou unha sardiña. a miña vida non sería tan interesante, pero viviría máis tranquila!

08 November 2005

"Si había esperanza, estaba en los proles"

Eu de maior quero ser técnico de informática. Adicarme a rascar os huevos toda a mañá. E ás doce facer un descasiño para ir tomar o café. E á unha e cuarto marcho para casa. E se a impresora se escaralla, alá se maten todos. Iso é vida é non dun xornalista! Quen me mandaría a min adicarme a isto. Pero eche o que hai. Como xa dixen en millóns de ocasión, esta é a mellor profesión do mundo.
Hoxe recrimináronme algo que dixen onte. Ai, ai! Que eu non desprezo os vosos consellos, muller, pero a cousa non é doada, xa volo dixen. (Que hostia estudias?)
Ai, non recordo como era a vida sen os móbiles. Agora que os temos non podemos vivir sen eles, pero, joder, antes a xente quedaba igual! E creo que se evitaban moitas comeduras de coco...
Por certo, non me acordobada do guapo que é Manu Carreño... Definitivamente, o meu é o xornalismo deportivo!!

07 November 2005

un filme de hayao miyazaki

"el viaje de chihiro". así se chama un filme que inspirou unha cancion do idolatrado Ivanciño. resulta que diante do ordenador, no ciber, hai un póster deste filme. que casualidade.
levo uns días raras. nestes momentos teño unha angustia por todo o corpo. unha chamada que aínda non fixen e terei que facer fai que me trema todo o corpo. (si dices mi nombre es espectáculo...eres espectáculo, y tú ni siquiera lo llegas a notar) pero supoño que despois inda será peor. porque vai ser o de sempre. ilusión e desilusión.
onte tiven unha longa charla nocturna. foi unha confesión a tres bandas das nosas penurias. máis ben só de dúas. a outra só aturaba os nosos pesares. dicíanos que estabamos equivocadas. que non estabamos actuando do xeito adecuado. pero as cousas non son tan doadas. é moi doado dar consellos dende fora. tamén houbo quen me dixo que non debería ter feito certa cousa. reitero: é moi doado opinar dende fóra, sen coñecer a situación.

05 November 2005

Merecen outra entrada....


Ai! Este mércores o Ivanciño estivo moi faladoiro. Xa o dixeron moitos repelentes... Non sei, non sei... Para min que lle tivo que afectar o consumo de certas sustancias... Igual e que aquel o consumo habitual pre-concerto foi maior do que acostuma...
Pode que ao inicio se lle fose un pouco a pinza, que tocase cancións que non sei de onde saíron, pero logo foi a hostia: Espectáculo, M, Ciudadano A, S.P.N.B., El viaje de Chihiro, Jugar con los coches...
Ai, e Amariño que, na miña opinión, lle rouba o protagonismo cada vez máis ao seu irmán maior. Terá moza? Supoño que si... Unha xoia así non se pode deixar escapar!

daba gloria de verlos, con sus barquiñas blancas

hoxe é un día raro. como diría o pirata Ivanciño, fixen unha confesión "brutal". A verdade é que quedei moito máis relaxada... Como libera contar as cousas....

"el tambre caudaloso
formó bancos de arena
en la ría de Noia,
que ha sido el puerto de Compostela"

04 November 2005

As Ferreiro son Dios!!!!!!!!!

A noite deste mércores foi a hostia! Unha vez máis puidemos disfrutar dese Dios de Nigrán chamado Iván Ferreiro!!!!!!!! Iván es Dios!!!!!!!! E Amaro tamén e Karlos tamén!!!!!!!!!! Que noite!!!!!!! Eres espectáculo, espectáculo!!!!! Me lo dicen en los bares, es algo que llevas dentro!!!!

For Andrew!!!!

The problem of the "Tower of Babel" is that people like Andrew can't read this blog! But, don´t worry, Andrew! I will try to write sometimes some things in English for you! And don't forget to leave a message! Do you remember?: "Tengo la camisa negra, porque negra tengo el alma"

días raros

isto de Internet é unha marabilla! Xa me enterei de tódalas últimas novidades acontecidas en Gales... Uns que rematan, outros que empezan... Ai, estos intercambios "culturais"!!! Acabo de recordarque tiña que facer unha entrada especial para un tema... Aí vai...

01 November 2005

mensaxes

a ver, rapaces, a partires de agora, se esta puta tecnoloxía non volve fallar, todos poderedes deixar mensaxes nesta bitácora. o que si teredes que facer é a verificación de palabras, porque estou ata os mesmísimos de ler mensaxes dicindo "hey, your blog is fantastic!!" seguido dun enlace a una páxina de roupa de cans e cousas así. veña, xa sabedes, a deixar mensaxes...