16 November 2005

Un mundo feliz

Unha hora despois, no vestiario, Fanny protestaba enerxicamente:
-É absurdo que te empeñes en seguir así. Sinxelamente absurdo –repetiu-. E todo, ¿Por qué? ¡Por un home, por un só home!
-Pero é o único que quero.
-Como se non houbese millóns de homes no mundo.
-Pero eu non os quero.
-¿Como o sabes se non o intentaches?
-Intenteino.
-Pero, ¿con cantos? –preguntou Fanny, encolléndose despectivamente de ombros-. ¿Con un? ¿Con dous?
-Con ducias deles. E foi inútil –dixo Lenina.
-Pois debes seguir tentándoo –aconsellouna Fanny sentenciosamente. Pero era evidente que a confianza que lle inspiraran os seus consellos fora un tanto socavada-. Sen perseveranza non se consegue nada.
-Pero entretanto...
-Non penses nel.
-Non podo evitalo.
-Pois toma un pouco de soma.
-Xa a tomo.
-Pois segue a facelo.
-Pero nos intervalos sego a querelo, sempre o amarei.

0 Comentarios:

Post a Comment

<< Home