16 November 2005

sempre quixen...

sempre quixen ser correspondente de guerra cunha camiseta de Bob Dylan. sempre quixen mollar os pes. sempre quixen viaxar tres horas en coche para chegar e que non me funcionase a gravadora. sempre quixen que me vacilase un xogador de balonmán por teléfono. sempre quixen que me fallase o prónter no medio da noticia. sempre quixen cubrir a feira dos queixos de Friol. sempre quixen entrevistar a Aznar tras perder as eleccións. sempre quixen saber que se sente cando ves que o ordenador perdeu a metade da reportaxe que escribiras. sempre quixen entrevistar a Atún-tún-tún tras gañar dúas medallas olímpicas. sempre quixen que Pinochet me explicase porque o fixo. sempre quixen facer unha conexión en directo con Ángels. sempre quixen ir a Bagdad con Jon. sempre quixen ir con Manolo a Cuba para cubrir a viaxe de Don Manuel. sempre quixen estar en Fisterra o 13 de novembro de 2002. sempre quixen ir con Gabo a Macondo. sempre quixen ter un/ha fill@ para poñer na ficha da escola: “PROFESIÓN DA NAI: XORNALISTA”.

0 Comentarios:

Post a Comment

<< Home