Un mundo feliz (II)
-É que a min gústanme os inconvenientes.
-A nós non –dixo o interventor-. Preferimos facer as cousas con comodidade.
-Pois eu non quero comodidade. Eu quero a Deus, quero poesía, perigo real, liberdade, bondade, pecado.
-En suma –dixo Mustafá Mond-, vostede reclama o dereito a ser desgrazado.
-Moi ben, de acordo –dixo o salvaxe, en ton de reto-. Reclamo o dereito a ser desgrazado.
-Sen falar do dereito a envellecer, a volverse feo e impotente, a ter sífilis e cancro, a pasar fame, a ser piolloso, a vivir no temor constante do que poida acontecer mañá; o dereito, en fin, a ser un home atormentado.
Seguiu un longo silenzo.
-Reclamo todos estes dereitos –concluíu o salvaxe.
Mustafá Mond encolleuse de ombros.
-Están á súa disposición –dixo.

0 Comentarios:
Post a Comment
<< Home